Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size



+ PROGRAMA +


Unha conferencia sobre a vida e a obra de Valentín Paz Andrade, escritor homenaxeado na efeméride, unha gala músico-literaria e unha exposición serán os actos que se celebren en Verín con motivo do Día das Letras Galegas fóra do ámbito estritamente educativo.

O mércores día 16, Xan Carballa, xornalista e ensaísta, autor, entre outras, das obras Valentín Paz-Andrade. Antoloxía e Biografía de Valentín Paz-Andrade, será o protagonista dunha charla-conferencia que acollerá a Casa da Cultura ás 19 horas, organizada polo Concello de Verín coa colaboración da Editorial Galaxia.

O xoves 17 de maio, Día das Letras Galegas, ás 18 horas, celebrarase na Casa da Cultura de Verín a Gala Músico-Literaria das Letras Galegas, con recitado dos poemas gañadores do Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez, lectura dos traballos gañadores do Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez e actuacións de música galega do Coro e do Conxunto Instrumental do Conservatorio Elemental de Música de Verín. No acto, que organiza o Concello de Verín, colabora Supermercados Gadis. No Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez e no Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez participan alumnos dos centros de ensino da comarca de Verín dos niveis de Primaria (5º ou 6ª), 1º ciclo de ESO e 2º ciclo de ESO. Os centros participantes seleccionan, en cada un dos tres niveis nos que se pode competir en cada premio, tres traballos para a fase final. Todos os autores dos traballos seleccionados como finalistas reciben un lote de libros e os clasificados en primeiro, segundo e terceiro lugar premios en metálico por importe de 90, 60 e 30 euros, respectivamente. Os traballos, orixinais, inéditos, con temática e estilo libre e escritos en galego, non superarán unha extensión de 24 versos para competir no Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez; nin de 2 DIN A4 escritos por unha cara, con tipo Times New Roman de corpo 12, e marxes estándar e a un espazo e medio de interliñado, se concorren ao Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez

As actividades que se organizan en Verín fóra do ámbito estritamente educativo con motivo do Día das Letras Galegas rematarán o día 8 de xuño. Desde o venres día 18 até ese día permanecerá aberta na Casa do Escudo a exposición MMQmmr, con obras realizadas por alumnado do departamento de Debuxo do IES Xesús Taboada Chivite. A exposición poderase visitar de luns a sábado das 17 ás 20.30 horas, e ofrece horarios alternativos para grupos e visitas con cita previa.o (subvencionados polo Concello de Verín).


Gala Músico-Literaria das Letras Galegas na Casa da Cultura PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 16 Maio 2012 12:53

Mañá xoves, ás 18 horas, a Casa da Cultura de Verín acollerá a Gala Músico-Literaria das Letras Galegas. No acto, organizado polo Concello de Verín coa colaboración de Gadis, actuará o Grupo Instrumental do Conservatorio Elemental de Música de Verín e leranse os traballos gañadores das diferentes modalidades nas que se organizan o Certame de Relato Curto Antonio Fernández Pérez e o Certame de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez.

Ler máis...
 
Oitavos de final do 4º Torneo de Fútbol Sala Inter-Freguesias/Pobos Eurocidade Chaves-Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 16 Maio 2012 12:51

O pasado fin de semana, 12 e 13 de maio, tiveron lugar os primeiros partidos de oitavos de final do 4º Torneo de Fútbol Sala  Inter-Freguesias/Pobos Eurocidade Chaves-Verín, cos seguintes resultados:

Ler máis...
 
Apertura da Oficina de Información Xuvenil Transfronteiriza e Local de Ensaio da Eurocidade Chaves-Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 16 Maio 2012 12:40

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e o director regional do Norte do Instituto Português da Juventude, Vitor Baltazar Dias, inauguraron esta mañá a Oficina conxunta de Información Xuvenil Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal e o Local de Ensaio Musical, situado na sede da Eurocidade Chaves-Verín (na antiga aduana de Feces de Abaixo -Verín-).

Ler máis...
 
Charla sobre Valentín Paz-Andrade na Casa da Cultura PDF Imprimir Correo-e
Martes, 15 Maio 2012 10:18

A Casa da Cultura de Verín mañá mércores, ás 19 horas, o acto Valentín Paz-Andrade: Investigación aberta, charla e coloquio con Xan Carballa sobre o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. O acto está organizado polo Concello de Verín coa colaboración da Editorial Galaxia.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 314





Guía da Comarca de Verín