Máis de 250 nenos de Verín e Chaves participan no programa ‘Convive coas Linguas 2010’
Xoves, 15 Xullo 2010 11:09
A Eurocidade Chaves Verín organiza, por terceiro ano consecutivo, o programa ‘Convive coas Linguas’. Unha iniciativa entre os dous municipios transfronteirizos que se asenta na realización de actividades lúdico-formativas que fomenten a aprendizaxe do castelán e o portugués e a convivencia entre 260 nenos/as de Verín e Chaves, con idades comprendidas entre os 4 e 14 anos.
Desde o día 17 de xullo ata 12 de agosto, a Casa do Escudo de Verín acolle a exposición de ‘Pinturas de Luz Nóvoa e Esculturas de Sindo’, na que colabora o Concello de Verín.
Adxudicación da obra de rehabilitación da aduana de Verín para a futura sede da Eurocidade
Luns, 12 Xullo 2010 15:26
A Deputación Provincial de Ourense adxudicou, con carácter provisional, a obra para a rehabilitación da antiga aduana de Verín, situada en Feces de Abaixo, co obxecto de convertela en futura sede da Eurocidade Chaves-Verín.
Os municipios de Chaves e Verín presentan catro candidaturas á nova convocatoria do POCTEP
Luns, 12 Xullo 2010 15:19
No ámbito da Eurocidade, os municipios de Chaves e Verín presentaron catro candidaturas conxuntas á nova convocatoria do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) para os anos 2011-2012, co obxectivo de consolidar esta área como un espazo común de servizos, oferta cultural, de lecer e negocio, reforzando a calidade de vida dos veciños e veciñas, a mentalidade do cidadán e fixando a poboación.