Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size


A IV Feira de Outono de Verín suma as degustacións gastronómicas ao seu programa de actividades PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 10 Novembro 2018 11:57

A IV edición da Feira de  Outono de Verín, que se celebrará os días 17 e 18 de  novembro  na  vila  do Támega, desenvolverá unha intensa  actividade  na  Praza  Maior de Verín, centrada  na alimentación e na gastronomía  baseada nos produtos típicos de  outono. Como novidade, nesta edición organizaranse  varias  sesións de showcooking impartidas por cociñeiros de catro restaurantes locais pertencentes a Asociación de Hosteleros de la Comarca de Monterrei (AHECOM) e por reputados bogueiros gastronómicos.

Ler máis...
 
O Concello de Verín abre o proceso de adxudicación do primeiro centro de día da vila, que contará con 36 prazas PDF Imprimir Correo-e
Venres, 09 Novembro 2018 14:36

O Concello abre o prazo de licitación para que as empresas interesadas presenten as súas ofertas e participar no concurso  para a contratación da xestión indirecta, mediante concesión, do servizo de atención á terceira idade “Centro de día municipal de Verín”. A data límite para a presentación das propostas será o 4 de decembro. Esta nova xestión concrétase en prestacións de asistencia sanitaria, atención xeriátrica- rehabilitadora e social, atención á saúde  psicofísica así como socialización e participación.

Ler máis...
 
O Concello de Verín súmase á iniciativa sindical a prol do emprego en Verín e denuncia a “constante desatención” da Xunta PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 08 Novembro 2018 18:04


O Goberno municipal de Verín denuncia que a  coincidencia temporal do proceso de liquidación de dúas das empresas máis representativas da comarca de Monterrei non é máis “que a gota que borda o vaso do proceso de desinversión e desatención que ven sufrindo o noso territorio nos últimos anos, e que se materializa tanto na ausencia de inversións en chan industrial -pese á reiterada demanda de varios concellos da área neste sentido- como na total discriminación da nosa zona na distribución das axudas en materia de políticas activas de
Ler máis...
 
O alcalde de Verín expuxo no Ministerio de Fomento os proxectos de aforro enerxético e mobilidade da vila PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 07 Novembro 2018 14:21

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, reuniuse hoxe en Madrid co subdirector xeral de Xestión e Transporte Terrestre do Ministerio de Fomento, Benito Bermejo, para presentarlle os  proxectos de mellora da mobilidade e aforro enerxético e transporte de Verín. O representante de Fomento comprometeuse a realizar un seguimento dos mesmos, corroborando a oportunidade que supoñen para o futuro dun Verín máis sostible.

Ler máis...
 
Bohemian Rhapsody e “Christopher Robin” no cinema municipal de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 05 Novembro 2018 12:07

Durante os días 9, 10 e 11 de novembro , o cinema municipal de Verín acolle a proxección das películas Bohemian Rhapsody, e Christopher Robin no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases:

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 6 de 735




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac