Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Presentación da nova tarxeta de La Caixa coa imaxe do Cigarrón PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 22 Xaneiro 2009 12:17
O alcalde e a tenente de alcalde do Concello de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán e María del Carmen Pardo, respectivamente, e o  director da sucursal La Caixa na localidade, José Luis Francisco, presentaron esta mañá unha nova tarxeta bancaria coa imaxe do cigarrón, figura emblemática do Entroido de Verín e o simbólico Castelo de Monterrei. Esta iniciativa, proposta dende a entidade municipal, ten como obxectivo promocionar a imaxe do noso personaxe máis representativo do Entroido de Verín, así como, tamén a oferta complementaria da zona, representada a través do Castelo de Monterrei e outros actractivos turísticos da localidade. Non nos cabe dúbida de que, ademais, esta actuación favorecerá a actividade comercial da entidade, e así o esperamos, xa que a maioría dos verinenses, tanto os residentes aquí como no exterior, estarán encantados de  levar na súa carteira a imaxe do cigarrón.
 
Ampliación do número de prazas no curso de portugués da Eurocidade Chaves-Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 22 Xaneiro 2009 12:16
Debido ao elevado número de inscritos nos cursos de portugués ofertados no marco da Eurocidade Chaves-Verín, ábrese a posibilidade de aumentar os grupos para ampliar o número de prazas, dado que xa se atopan inscritas máis de 50 persoas.
Ler máis...
 
Programa turístico de benestar Eurocidade Chaves-Verín: A Eurocidade da Auga. Un destino, dous países PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 22 Xaneiro 2009 12:14
A Eurocidade Chaves-Verín, co fin de promocionarse como un destino termal, puxo en marcha un programa turístico de benestar con varias opcións de aloxamento e restauración e con modalidades de 1, 2 e 3 días de duración.
Ler máis...
 
6º Torneo Eurocidade de Fútbol-Sala Interparroquial PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 22 Xaneiro 2009 12:14
Desde marzo a xuño, a Eurocidade Chaves-Verín acollerá o 6º Torneo de Fútbol-Sala Interparroquial, unha actividade con tradición na cidade lusa de Chaves e que o concello flaviense propuxo estender, no ámbito do proxecto que compartimos, ao noso municipio.
Ler máis...
 
Exposición ‘Óleos e debuxos’ de Manuela Sánchez PDF Imprimir Correo-e
Martes, 20 Xaneiro 2009 11:06
Dende hoxe, 20 de xaneiro, ata o 7 de febreiro a Casa do Escudo de Verín acollerá a mostra ‘Óleos e debuxos’ da artista verinense Manuela Sánchez.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 651 652 653 654 655 656 657 658 659 660 Seguinte > Final >>

Páxina 651 de 674




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac