Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Subvención do Programa Emega PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 10 Xullo 2008 10:31

Desde Desenvolvemento Local do Concello de Verín infórmase da publicación da seguinte axuda:

- Subvención para o apoio ao emprendemento feminino como fórmula de loita contra a discriminación no mercado de traballo (Programa Emega).

Ler máis...
 
Maratón de Fútbol-Sala Vila de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 09 Xullo 2008 10:56
Os días 19 e 20 de xullo, a localidade de Verín acollerá unha nova edición do Maratón Fútbol-Sala Vila de Verín, organizado pola Liga Local de Fútbol-Sala en colaboración coa área de Deportes, Xuventude e Festas do Concello de Verín.
Ler máis...
 
Presentación da Axenda Cultural Común Chaves-Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 08 Xullo 2008 13:29

A Biblioteca Municipal de Chaves, acolleu a presentación da Axenda Cultural Común da Eurocidade Chaves-Verín. No acto ao que asistiron os alcaldes de Verín e Chaves, Juan Manuel Jiménez Morán e João Batista, respectivamente, deuse a coñecer esta publicación, de tirada mensual, que difundirá conxuntamente as actividades culturais dos Concellos de Chaves e Verín.

Ler máis...
 
Verín-Chaves, a primeira Eurocidade Termal de Europa PDF Imprimir Correo-e
Martes, 01 Xullo 2008 11:32
A guía Rutas da auga editada polo Eixo Atlántico recolle, por primeira vez, a divulgación conxunta do patrimonio termal dos municipios de Chaves e Verín.
Ambas localidades, que suman 690 quilómetros cadrados, contan con seis balnearios -Cabreiroá, Sousas, Fontenova, Caldeliñas, Vidago e Termas de Chaves- entre eles o que posúe as augas máis quentes de toda a Península Ibérica, e catro plantas de embotellado de auga mineral de gran calidade, tres en Verín -Sousas, Fontenova e Cabreiróa- e unha en Chaves -Vidago-.
 
ADXUDICACIÓN DEFINITIVA EXPLOTACIÓN BAR PISCINAS VERÁN (TEMPADA 2008) PDF Imprimir Correo-e
Luns, 30 Xuño 2008 12:37
Logo de ter lugar a contratación para adxudicar o servizo que despois se referenciará, mediante procedemento negociado sen publicidade o alcalde, por Decreto de data 25.6.2008, acordou:
Visto que con data 27.05.2008 dictouse Providencia desta Alcaldía expondo a necesidade de realizar unha serie de actuacións nas piscinas municipais, como son a explotación do bar, o mantemento e limpeza da zona exterior e a colaboración dun socorrista.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 651 652 653 654 655 656 657 658 659 660 Seguinte > Final >>

Páxina 658 de 660




Guía da Comarca de Verín