Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size


Colocación de colectores para a recollida selectiva de aceites domésticos PDF Imprimir Correo-e
Luns, 21 Setembro 2009 12:50

Durante esta semana instalaranse no municipio de Verín un total de catorce colectores fixos para a recollida selectiva de aceites domésticos utilizados. Unha actuación resultado do convenio asinado entre a Deputación Provincial de Ourense, a empresa Urbaser SA e o Concello de Verín, e que non ten custo algún para as arcas municipais.

Ler máis...
 
Pavimentación do patio do centro de Educación Infantil do Amaro Refojo de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 21 Setembro 2009 12:49

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria promoveu, nas últimas semanas, a obra de retirada de area e pavimentación do patio do centro de Educación Infantil do Amaro Refojo.

Ler máis...
 
Partido do COB en Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 18 Setembro 2009 10:50

O Pavillón de Deportes de Verín acollerá mañá, 19 de setembro, o partido entre o Clube Ourense Baloncesto (COB)-Aguas de Sousas e Beirasar Rosalía de Santiago. Neste enfrontamento, que será a partir das 20 horas, a entrada é gratuíta.

 
Almorzos e merendas saudables no programa ‘Concellos Saudables’ PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 17 Setembro 2009 10:57

O Concello de Verín, no marco do programa ‘Concellos Saudables’ financiado pola Consellería de Sanidade, continuará durante este curso escolar coas  seguintes actividades:

- Almorzos saudables, unha hora antes do comezo do horario escolar, no CEIP Princesa de España, Educación Infantil Amaro Refojo, CEIP Amaro Refojo e CPR María Inmaculada.

- Merendas saudables, unha hora despois do remate do horario escolar, nas escolas unitarias de Pazos e Feces de Abaixo (martes e xoves).

Ler máis...
 
InfantArt 2009 PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 17 Setembro 2009 10:57

Do 17 ao 23 de setembro a Casa do Escudo de Verín acollerá InfantArt 2009, unha mostra dos traballos realizados no curso 2008-2009 nas aulas de Iniciación ás Artes Plásticas da Escola de Artes e Oficios de Verín.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 681 682 683 684 685 686 687 688 689 690 Seguinte > Final >>

Páxina 686 de 737




Guía da Comarca de Verín













Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac