Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size


Realización de obradoiros e seminarios PDF Imprimir Correo-e
Venres, 28 Novembro 2008 14:04

Durante o mes de decembro, a localidade de Verín acollerá a realización dos obradoiros 'Atrévete a innovar' e 'Seminarios de Mellora Empresarial para o comercio en activo e as Micropemes'.

Ler máis...
 
2ª Edición do Programa de Termalismo Social da Eurocidade Chaves-Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 26 Novembro 2008 13:36

Co fin de cubrir todas as peticións realizadas polas persoas maiores da localidade, que amosaron a súa satisfacción ante os tratamentos, prezos e o trato persoal recibido nas Termas de Chaves, indicando a maioría dos termalistas que xa realizaron estas terapias o seu interese por repetilas, a Eurocidade Chaves-Verín decidiu realizar unha segunda edición do Programa de Termalismo Social, que comezará o vindeiro martes 2 de decembro.

Ler máis...
 
O proxecto URBACT “EGTC” foi oficialmente lanzado en Estrasburgo PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 26 Novembro 2008 13:34

Con el, 6 proxectos de conurbacións fronteirizas de Europa, entre elas a Eurocidade Chaves-Verín, comezan a traballar en rede para o intercambio de experiencias e a procura de instrumentos de gobernanza. O lanzamento oficial produciuse en Estrasburgo o día 19 de novembro cunha conferencia no Parlamento Europeo, presidida por Michel Delebarre, presidente da Misión Operacional Transfronteiriza (MOT), Roland Ries, senador-alcalde de Strasbourg e vicepresidente da Comunidade Urbana e Alain Lamassoure, eurodiputado e vicepresidente da MOT.

Ler máis...
 
Exposición fotográfica 'PODEMOS.QUEREMOS' PDF Imprimir Correo-e
Luns, 24 Novembro 2008 12:14
O Centro de Interpretación do Concello de Verín acolle,  ata o próximo martes 2 de decembro, a seguinte exposición fotográfica PODEMOS.QUEREMOS. Corresponsabilidade: responsabilidades compartidas, organizada pola Secretaría Xeral da Igualdade da Vicepresidencia da Iguadade e do Benestar, coa finalidade de mostrar que a responsabilidade compartida entre homes e mulleres significa asumir e compartir as responsabilidades na toma das decisións e na planificación de todas as tarefas precisas para o ben común; así como no fogar, espazo doméstico, para a consecución dunha sociedade máis igualitaria e xusta. A exposición pódese visitar das 10 ás 14 horas, de luns a venres.
 
O primeiro grupo de Verín iniciou os tratamentos do Programa de Termalismo Social PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 19 Novembro 2008 18:38

O Programa Termalismo Social xa arrancou. O primeiro grupo oriundo de Verín chegou onte, 18 de novembro, ás Termas de Chaves - SPA do Emperador, onde realizarán tratamentos durante 9 días consecutivos.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 761 762 763 764 765 766 767 768 769 770 Seguinte > Final >>

Páxina 769 de 785

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac