Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Concurso de Gateo no Pavillón Municipal de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 12 Abril 2017 00:00

O vindeiro 18 de abril -e conmemorando o día 22 de marzo (día da auga) e o 6 de abril (día do deporte) desde a  Escola de Familia do Concello de Verín organizan un concurso de gateo, en colaboración con Unicef e a campaña "gotas para Níxer", onde os máis pequenos de Verín gatearán para que en Níxer tódolos nenos e nenas poidan ter auga potable.

Ler máis...
 
“Os mellores monólogos” de Carlos Blanco no Auditorio de Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 12 Abril 2017 12:07

O Auditorio Municipal de Verín acolle o día 6 de maio, ás 21:00 horas,  a actuación "Os mellores monólogos", na que o cómico Carlos Branco decide revisar algúns dos seus máis coñecidos monólogos: As bravas dá Arousa (Queres Kiwis?), A dobraxe porno, Galizara, As grandes frases dás nosas avoas e avós, etc. 

Ler máis...
 
O Concello de Verín transmite á Xunta de Galicia a súa protesta pola a cancelación, por segundo ano consecutivo, do curso de galego CELGA 4 PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 12 Abril 2017 11:25

Coñecendo, a través do Portal da Lingua, que o curso preparatorio das probas para obter o certificado  Celga 4 que estaba previsto que se celebrase en Verín, comezando o vindeiro día 17, se cancela, o alcalde do Concello de Verín, Gerardo Seoane, enviou onte una carta de protesta dirixida ao secretario Xeral de Política lingüística na que manifesta:

Ler máis...
 
Presentación da obra "Mapa e accesos a acropole de Monterrei" na Biblioteca de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 11 Abril 2017 12:39

Mañá, 12 de Abril, ás 19:30 horas,  a Biblioteca Pública Municipal de Verín acolle a presentación, a cargo de  D. Fernando Serrulla Rech, da obra “Mapa e accesos á acropole de Monterrei”, e tamén do “Catálogo dos Canecillos da Igrexa de Sta. Mª de Gracia”, do que é coautor xunto a Jesús Herrero Marcos.


Ler máis...
 
Talleres de Dj Performance e Produción Musical en Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 10 Abril 2017 13:02

Entre o 17  de abril e o 15 de maio, A Casa da Música (antigo conservatorio) acollerá dous talleres de Dj Perfromance e Produción Musical, de nivel principiante, que serán impartidos  e organizados por José David Hernández (Aeris Decorations, Imox Maya David Hernandez), en colaboración co Concello de Verín.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 9 de 645




Guía da Comarca de Verín