Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size

Ábrese o prazo de inscrición para o Taller intensivo de escritura creativa “Técnicas narrativas” PDF Imprimir Correo-e
Venres, 15 Marzo 2019 14:33

Taller O presente obradoiro estará impartido polo escritor Alejandro Corral Orea e moderado por Noa González Sousa.

O vindeiro luns 18 a Biblioteca do Concello de Verín abrirá o prazo de inscrición para o obradoiro de “Técnicas narrativas” impartido polo escritor Alejandro Corral e moderado por Noa González Sousa, que está enmarcado dentro das II Xornadas de Novela Histórica que organiza a Biblioteca do Concello de Verín conxuntamente coa Sociedade Antropolóxica Galega e a Asociación de escritores pola historia.

Ler máis...
 
O pleno do Concello de Verín adxudica a xestión do novo Centro de Día PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 14 Marzo 2019 14:18

Centro de Dia -Aprobouse tamén a modificación da Ordenanza de Circulación que contempla a prohibición do estacionamento do tráfico pesado na vila.

O pleno ordinario do Concello de Verín adxudicou hoxe a xestión do novo Centro de Día de Verín, que cunha superficie total de 380 metros, estará ubicado na parte inferior do edificio da Praza de Abastos, situada na praza Maior, e conta cos espazos esixidos legalmente para albergar a 36 usuarios. Asimesmo, o pleno aprobou a reforma da Ordenanza de Circulación que prohibe o estacionamento dos camións no casco urbán, toda vez que o Aparcadoiro de Camións na entrada da vila está a pleno rendemento.

Ler máis...
 
Volta a maxia a Verín da man da cuarta edición do Festival “Terra Máxica” PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 13 Marzo 2019 17:25

Collage Durante os días 17, 23 e 24 de marzo, Verín vivirá tres xornadas de asombrosos espectáculos da man do Festival de Maxia de Ourense, “Terra Máxica”. As actuacións programadas na vila, que terán lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura e no Auditorio Municipal, son as seguintes:

Ler máis...
 
“Cómo entrenar a tu Dragón 3” e “El Blues de Beale Street” no cinema municipal de Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 12 Marzo 2019 17:48

Como entrenar a tu fragon 3 Durante os días 15, 16 e 17 de marzo, o cinema municipal de Verín acolle a proxección das películas “Como entrenar a tu dragón 3” e “El Blues de Beale Street” no Salón de Actos da Casa da Cultura nos seguintes pases:

Ler máis...
 
A vila de Verín xa é propietaria dos tramos urbanos da N-525 e da N-532 PDF Imprimir Correo-e
Martes, 12 Marzo 2019 17:12

Gerardo Seoane -O alcalde asinou hoxe os documentos oficiais de transferencia das antigas estradas nacionais

-"Iniciamos o cambio histórico de converter estradas en rúas para as veciñas e veciños de Verín"

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, ven de asinar o documento oficial de traspaso dos tramos urbanos da N-525 e da N-532 ó seu paso pola vila do Támega. "Con este paso", afirmou, "complétase o proceso histórico de mutación das estradas que atravesaban a vila por rúas para as veciñas e veciños". O rexedor anunciou que o Concello xa prepara un proceso de humanización destes viais, con ampliación de aceiras e novas distribucións viarias, toda vez que xa son propiedade municipal.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 2 de 751




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación










Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica
Buzón do Cidadán


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac