Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home

OBRADOIRO DE EMPREGO “CONCELLO DE BLANCOS”

OBRADOIRO DE EMPREGO XUVENIL (YEI)


“OS REMEDIOS”



Definición e finalidade.


O Obradoiro de Emprego Xuvenil (YEI) “Os Remedios” é un programa mixto de emprego e formación, dirixido as persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.


A súa finalidade é mellorar a ocupabilidade das persoas participantes mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación profesional para o emprego recibida, relacionada directamente con dito traballo, procure a súa posterior inserción laboral no mercado de traballo.


Financiación


Este proxecto estase a levar a cabo gracias a:

    • Subvención concedida pola Consellería de Traballo e Benestar, enmarcada dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo para o periodo 2014-2020.

    • Aportación municipal: neste caso o Concello de Verín (entidade promotora) e o de Vilardevós.

Duración


O Obradoiro de Emprego Xuvenil (YEI) “Os Remedios” ten unha duración de seis meses. Comenzou o 26 de agosto de 2015 e conta con data de finalización 25 de febreiro de 2016.


Contidos formativos


1. Especialidades


Durante o desenvolvemento do proxecto, o alumnado traballador recibirá formación profesional para o emprego, segundo o plan formativo aprobado na concesión da subvención anteriormente mencionada alternándoa coa práctica profesional.


A formación adecuarase, na medida do posible e en función do oficio ou posto de traballo que se vai desempeñar, aos contidos mínimos establecidos nos reais decretos que regulen os certificados de profesionalidade das correspondentes ocupacións, de acordo co establecido no numero 1 do artigo 11 do Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, polo que se regualan os certificados de profesionalidade, modificado polo Real decreto 189/2013, do 15 de marzo.


No Obradoiro de Emprego Xuvenil (YEI) “Os Remedios” a correspondencia entre a formación e os certificados de profesionalidade ós que se pode optar é a seguinte:


Especialidade

Certificado de profesionalidade

Albanelería

EOCB0209: operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización

Xardinería

AGAO0108: actividades auxiliares en viveiros, xardins e centros de xardinería


2. Educación básica


Todo alumno-traballador que non posúa o graduado en educación secundaria obrigatoria ou graduado escolar, recibirá formación para poder optar ó exáme correspondente e obter así o título de graduado en E.S.O.


3. Formación Complementaria


Durante o obradoiro tamén se impartirán as seguintes materias:

    • Sensibilización ambiental.

    • Iniciación informática.

    • Sensibilización en igualdade de xénero.

    • Prevención de riscos laborais.

    • Orientación laboral.


O remate da formación complementaria, o alumnado traballador recibirá un diploma que acredite a asistencia a cada unha das materias.


Certificación e diplomas


Unha vez finalizada a súa participación no proxecto, os/as alumnos/as traballadores/as, recibirán:

    • Certificado expedido pola entidade promotora: nel constará a duración en horas da súa participación no programa, o nivel de formación teórico-práctica adquirido e os módulos formativos cursados. Este certificado, poderá servir, total ou parcialmente, se é o caso, e logo dos requisitos que se determinen, para ser validado no seu momento polo certificado de profesionalidade previsto no Real decreto 34/2008, do 18 de xanierom modificado polo Real decreto 189/2013, do 15 de marzo.

    • Diploma otorgado pola Consellería de Traballo e Benestar: en dito diploma recolleráse a duración da participación do alumnado traballador no proxecto.


Participantes


Os participantes deste obradoiro son: dezaseis alumnos/as-traballadores/as, un docente por cada módulo formativo, unha docente de educación básica, unha directora e unha administrativa.


Obras a realizar


As obras a realizar durante o Obradoiro de Emprego Xuvenil (YEI) “Os Remedios” son:

  • No concello de Verín:

    • Restauración do Campo dos Remedios.

    • Solicitude para a restauración do enotrno do Balneario de Caldeliñas

  • No concello de Vilardevós:

    • Rehabilitación de antiga escola para Centro Social en Lamasdeite.