Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
70 docentes participaron no XVI Congreso de Fabricación Mecánica “ENFAMEC” celebrado en Verín PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 11 Xuño 2016 12:10

Durante os días 10 e 11 de xuño, 70 profesores de fabricación mecánica de toda Galicia participaron  no XVI Congreso de ENFAMEC que se celebrou, por primeira vez, no IES García Barbón de Verín coa finalidade de crear un lugar de encontro entre docentes do sector e as institucións no que intercambiar experiencias, e ampliar coñecementos desta especialidade formativa.

A inauguración, que se celebrou onte  no salón de actos do centro educativo, acudiu Gerardo Seoane, alcalde de Verín; José Domínguez Alonso, director do Cetro de Formación e Recursos de Ourense (CFR); Mª Mercedes Gallego Esperanza, Xefa Territorial de Educación en Ourense; Fco. Javier Novelle Secades, presidente de ENFAMEC; Daniel Veiga Martínez, director do I.E.S García Barbón e Benito Ferández Jardón, xefe do departamento Instalación e Mantemento do I.E.S García Barbón. Os asistentes o acto inaugural foron recibidos baixo o son das chocas de catro Cigarróns.

Na súa intervención, Gerardo Seoane quixo facer especial fincapé na “necesidade de fomentar en Verín un modelo propio, compartido de formación e emprego, onde vaiamos da man, o tecido educativo e os axentes sociais e as empresas”.

Devandito congreso estivo organizado pola Asociación de Ensinantes de Fabricación Mecánica (ENFAMEC) coa colaboración do Concello de Verín, entre outros.


PROGRAMA

VENRES 10 DE XUÑO DE 2016

- 16.30 h Entrega de documentación

- 17.00 h Inauguración oficial - Salón de actos

- 17.30 h Café con: Carlos Iglesias Ramos (Profesor do IES de Arzúa )

“Tutoría en la FP Básica 1+1”

Participan:

Xosé Manuel Mahía Nogueira (Profesor IES Universidade Laboral)

Xosé Lois Gutiérrez Faílde (Profesor del IES Gregorio Fernández de Sarria)

Modera: Francisco Javier Novelle Secades

- 19.00 h Descanso

- 19.30 h Primeiro relatorio: “Gestión del mantenimiento en centros hospitalarios”

por Luis Sobrino Blanco.

Ferrovial Servicios,S.A.

- 20.30 h Asamblea Xeral da Asociación. Primeira convocatoria

- 21.00 h Asamblea Xeral da Asociación. Segunda Convocatoria

- 21:30 h Asamblea Extraordinaria da Asociación

- 22.00 h Cea: Restaurante O´Candil. Crta. Nacional 525 (km 169). Pazos – Verín (Ourense)


SÁBADO 11 DE XUÑO DE 2016

- 08.30 h Entrega de documentación

- 09.00 h Segundo relatorio: “Los retos de la industria. Automatización 4.0”.

por Iker Saenz.

SMC España, S.A.

10.30 h Descanso. Café

11.00 h Terceiro relatorio: “Sistemas de fabricación avanzada para la Industria: Técnicas de desbaste de Ultra alto rendimiento

por Marcelino Castro.

Análisis y Simulación, S.L.

12.30 h Cuarto relatorio: “Cold Metal Transfer. La soldadura al arco más fría del mundo

por José Antonio Domínguez.

Fronius España, S.L.U.

14.30 h Fin dos relatorios

15.00 h Comida: Restaurante O´Candil.

Crta. Nacional 525 (km 169) Pazos – Verín (Ourense)


-Entrega do detalle aos xubilados

-Clausura do XVI Congreso de Enfamec