Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
As taxas de criminalidade seguen a descender en Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 14 Febreiro 2019 15:03

O Concello de Verín acolleu esta maña unha reunión da Xunta Local de Seguridade, co-presidida polo subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, e o alcalde do concello de Verín, Gerardo Seoane Fidalgo e na que participaron membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, da Policía Local e de Protección Civil.

Previa aprobación da acta da Xunta de Seguridade do 18 de xaneiro de 2018, os representantes das diferentes Forzas e Corpos de Seguridade e Policía Local foron dando conta dos informes en materia de seguridade cidadá.

Os datos que reflicten as estatísticas amosan unha tendencia á baixa na totalidade das infraccións penais en 2018 con respecto ao mesmo período do ano anterior. O descenso é moi significativo no apartado dos delitos pasando de 428 en 2017 a 366 infraccións en 2018, o que supón unha baixada de case un 15 por cento.

No referente ao informe anual sobre violencia de xénero tamén se pode observar un significativo descenso dos casos atendidos, pasando de 54 en 2017 a 38 no 2018.

Outro dos puntos destacados na orde do día foi o deseño do dispositivo de seguridade cidadá que se establecerá nas Festas do Entroido, priorizando o importante eido de colaboración entre Protección Civil e Policía Local do #ConcellodeVerín e as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.