Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
O Entroido de Verín arrinca mañá co tradicional Xoves de Compadres PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 20 Febreiro 2019 12:36

Mañá, a partir das 23:30 horas, os "compadres" dan o pistoletazo de saída ao tradicional Entroido de Verín.

Tras as típicas ceas nos restaurantes da localidade, Os "compadres" percorrerán, ataviados cos seus característicos chapeus, bigotes e gabardinas, a rúas Montemaior (saída), Praza Maior  Cruz, Praza da Mercé, Laureano Peláez, Irmáns Moreno, Deputación, Luís Espada, Lisa e Praza Maior onde, entre o estrondo dos petardos, celebrarán o xuízo e a queima do Maragato.

A charanga Támega e a Banda de Gaitas do Concello de Verín serán os responsables de acompañar ao carro do Maragato que conducirá aos compadres polas céntricas rúas de Verín. Tras a queima, a festa rematará na Praza Maior coa Discomóbil ENJOY.