Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
O mítico entroideiro verinés Manolo “Cazoleiro”, pregoeiro do Entroido 2019 PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 23 Febreiro 2019 11:52

Mañá celebrase en Verín o tradicional Domingo de Corredoiro. A partir das 11:30 horas, o son de chocas alagará as rúas de Verín coa popular concentración de Cigarróns na Praza do Concello. Como é tradición, os fregueses serán recibidos á saída das igrexas RR.PP Mercedarios e Parroquial polos cigarróns.

Ás 13:30 horas, terá lugar na Praza Maior o Pregón do Entroido, que este ano correrá a cargo do mítico entroideiro verinés Manolo “Cazoleiro”.

As charangas Támega e Vakapinta, a Discomobil Gramola e a orquestra Trébol marcarán o ritmo durante toda a xornada.