Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
Inscrición nas Ligas de Fútbol-Sala PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 17 Decembro 2009 12:38

O 23 de decembro conclúe o prazo de inscrición nas ligas de fútbol-sala, organizadas pola Concellería de Deportes de Verín.

Esta actividade, de carácter gratuíto, ten como obxecto iniciar aos nenos na competición deportiva. As categorías están divididas nos seguintes grupos:

- Sub 09: Nados en 2001-2002-2003.
- Sub 12: Nados en 1998-1999-2000.
- Sub 15: Nados en 1995-1996-1997.
- Sub 18: Nados en 1991-1992-1993 e 1994.

As competicións comezarán tras as festas de Nadal e remataran no mes de maio, é dicir, nas mesmas datas que as Escolas Deportivas.

Os/as interesados/as en participar poden realizar a inscrición nas instalacións do Pavillón Municipal de Deportes, de luns a venres, de 10 a 13 e 17 a 20 horas.