Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home
Curso de Portugués Técnico PDF Imprimir Correo-e
Venres, 18 Decembro 2009 12:24

O Concello de Verín promove a realización dun curso de portugués técnico, dirixido a 20 mozos/as con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos, e enmarcado dentro do proxecto Espazo Xuvenil, dirixido pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o Instituto Português de Juventude, e aprobado no marco do Programa de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007-2013 (POCTEP).

Este curso, gratuíto e de 100 horas de duración, terá lugar entre o 18 de xaneiro e o 5 de maio de 2010, os luns e mércores de 18 a 21 horas.

O principal obxectivo deste proxecto é promover a cooperación institucional en materia de políticas de xuventude, para que os/as mozos/as se queden a vivir e a traballar na zona transfonteiriza Galego-Portuguesa. Por este motivo, conta coa colaboración de entidades que apoian unha nova liña de actuación de promoción do espírito emprendedor da xuventude galega-portuguesa, e que programan actividades dirixidas a todos/as mozos/as que precisan dunha formación adicional ou dunha serie de ferramentas de cara á participación en Programas Europeos ou dar os primeiros pasos para a creación dunha empresa.

Para máis información e inscricións deben dirixirse á Oficina Transfronteiriza de Información Xuvenil (situada no primeiro piso do Concello de Verín) ou no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo