Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Concello de Verín
O Froiz gaña a crono de Verín e lidera a Volta a Galicia PDF Imprimir Correo-e
Venres, 21 Setembro 2018 09:25

O Grupo Deportivo  Super  Froiz impúxose na contrareloj inicial en Verín da Volta Ciclista a Galicia. Óscar González Brea é o primeiro en vestir a camisola amarela “Xunta de Galicia” de líder. O exprofesional da Estrada encabezou a formación pontevedresa no momento de cruzar a meta onde sentenciaron a etapa cun rexistro de 11 minutos e 33 segundos, o mellor tempo da xornada. Os homes de Evaristo Portela realizaron unha media superior ao 51 km/ h que mellorou en 12 segundos ao  Lizarte navarro, segundo clasificado co galego Martín Bouzas á fronte.

Ler máis...
 
O pleno do Concello de Verín adxudica a xestión do novo Centro de Día PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 14 Marzo 2019 14:18

Centro de Dia -Aprobouse tamén a modificación da Ordenanza de Circulación que contempla a prohibición do estacionamento do tráfico pesado na vila.

O pleno ordinario do Concello de Verín adxudicou hoxe a xestión do novo Centro de Día de Verín, que cunha superficie total de 380 metros, estará ubicado na parte inferior do edificio da Praza de Abastos, situada na praza Maior, e conta cos espazos esixidos legalmente para albergar a 36 usuarios. Asimesmo, o pleno aprobou a reforma da Ordenanza de Circulación que prohibe o estacionamento dos camións no casco urbán, toda vez que o Aparcadoiro de Camións na entrada da vila está a pleno rendemento.

Ler máis...
 
'Semana de Portas Abertas' na Piscina Climatizada de Verín PDF Imprimir Correo-e
Luns, 09 Setembro 2013 11:41

Do 16 ao 20 de setembro as instalacións da Piscina Climatizada de Verín ofertarán unha 'Semana de Portas Abertas' na sala aeróbica, programada pola área de Xuventude, Deporte e Festexos do Concello de Verín.

Ler máis...
 
O Club BTT Verín organiza as primeiras xornadas sobre Educación Vial da vila PDF Imprimir Correo-e
Martes, 21 Maio 2019 13:38

Esta mañá tivo lugar na casa consistorial a presentación oficial das que serán as primeiras xornadas sobre Educación Vial da vila, organizadas polo Club BTT Verín en  colaboración do Concello de Verín, Dirección  Xeral de Tráfico ( DXT), Garda Civil, Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín, Cruz Vermella, Bombeiros e Bicicletas Matías e Bicicletas Chinquena. A iniciativa, na que participarán os centros educativos CPR María Inmaculada, CEIP Princesa de España e CEIP Amaro Refojo  terá lugar os días 6, 7, 10 e 11 de  xuño.

Ler máis...
 
Axuda económica para as familias que no ano 2016 teñan un fillo/a ou adopten un neno ou nena menor dun ano PDF Imprimir Correo-e
Luns, 15 Febreiro 2016 13:13

Desde a área de Servizos Sociais do Concello de Verín infórmase da seguinte axuda destinada a persoas residentes en Galicia que teñan fillas ou fillos, tanto por natureza como por adopción, nados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2016.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 5 de 761