Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Humor gráfico e palabra
Humor gráfico e palabra PDF Imprimir Correo-e
Luns, 04 Agosto 2008 11:35
Até o día 21 de agosto, a Casa do Escudo de Verín presenta a exposición Humor Gráfico e Palabra na que participan artistas dunha ducia de estados. As corenta obras orixinais que se exhiben están asinadas por humoristas gráficos europeos, latinoamericanos, de Asia e Oceanía. Trátase de fondos cedidos temporalmente polo Museo do Humor de Fene-A Coruña con motivo do 3º Festival Internacional da Palabra. Das dúas salas da Casa do Escudo que acollen as obras, unha está dedicada aos humoristas gráficos galegos. Xosé Lois, Forxán, Gogué, Pinto&Chinto ou Xaquín Marín son algunhas das sinaturas habituais na prensa galega representadas nesta selección do Museo do Humor. Entre os humoristas gráficos estranxeiros, Humor Gráfico e Palabra, presenta  obras das sinaturas máis valoradas de Portugal, Italia, Gran Bretaña, Holanda, Serbia, Ucrania, Bulgaria; Brasil, Israel, Cuba, China e Indonesia.

O Museo do Humor (Fene-A Coruña) é o único no seu xénero na Península Ibérica. Os fondos que se presentan en Verín foron seleccionados  por Xaquín Marín, director do Museo, entre a colección de máis de 2000 obras orixinais que posúen.

A Casa do Escudo abre  das 10 ás 22 horas, de martes a sábados; e das 13 ás 22 horas, domingos e luns.

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac