Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Servizos Sociais sas Servizos Sociais

OS SERVIZOS SOCIAIS, ¿ QUE SON ?

Os Servizos Sociais de Atención Primaria son aqueles que realizan unha acción social globalizadora e polivalente, dirixidos ó conxunto da poboación dun ámbito xeográfico determinado e que teñen por obxecto promover e posibilitar o desenvolvemento do benestar social de tódolos cidadáns.

Configuran o nivel básico de actuación, que actúa de maneira directa e integral sobre un espacio poboacional e territorial reducido, constituíndo a "porta de entrada" ó Sistema. Son prestados por equipos interdisciplinarios dependentes dos concellos ou agrupacións de concellos.

Deben enterderse como un conxunto de servizos necesarios para axudar ás persoas, grupos e colectividade a resolver os seus problemas, a superar as súas dificultades e a mellorar a súa calidade de vida,por eso deben estar o mais preto posible do cidadán, para poder utilizalos sen saír do medio social e ambiental que as persoas identifican como a sua comunidade.

O Concello é a Administración pública mais preta do cidadán, o marco onde é mais necesaria a presencia de profesionais, recursos e servizos sociais con miras para superar as condicións estruturais que favorecen a existencia de situacións de carencia, necesidades e marxinación.

O Concello de Verín ven prestando servizos sociais á súa poboación desde 1985, consolidándose e ampliándose paulatinamente desde a implantación do Plan Concertado en 1988, (acordo de financiamento entre as Corporacións locais, a Comunidade autónoma e o Ministerio de Asuntos sociales).

¿ QUE OBXECTIVOS TEMOS?

a) Xerais

  • Cobertura da problemática social de tódolos/as veciños/as.

  • Establecemento da rede de servizos, programas de intervención e actividades cubran as necesidades sociais detectadas.

  • Favorecer e impulsar a participación dos colectivos sociais nos procesos de planificación, realización e avaliación do traballo social, estimulando a solidariedade dos membros da comunidade frente a s necesidades sociais.

b) Específicos

  • Prestar unha correcta información a tódolos cidadáns sobre os dereitos e os recursos sociais existentes, así como o asesoramento especializado sobre os problemas sociais, e a súa canalización, cando sexa preciso, os demais servizos sociais existentes.
  • Prestar unha serie de atención ós individuos e familias no seu domicilio, cando estes se atopen en situacións nas que non sexa posible a realización das súas actividades cotiás, ou en situacións de conflito psicofamiliar para algún dos seus membros.

¿ PARA QÚEN VAI DIRIXIDA A NOSA ACCIÓN?

A toda a poboación do noso territorio que é o Término municipal de Verin, 14.219 habitantes (01-01-2008), distribuídos en 18 núcleos de poboación: Verin, Mandín, A Rasela, Queizás, Queirugás, Pazos, Abedes, Caldeliñas, Salgueiro, Feces de Cima, Feces de Abaixo, Tintores, Vilela, Cabreiroá, Tamagos, Tamaguelos, Mourazos e Vilamaior.

 

¿ CON QUE RECURSOS CONTAMOS?

a) humáns:

Traballadores/as sociais, Educadoras sociais e familiares, auxiliares de Axuda no fogar, etc...

b) materiais:

Vehículo, teléfono, material de oficina, equipamento informático e ofimático.

c) financieiros:

Plan Concertado de Prestacións básicas de Servicios sociais (Corporación local-Comunidade Autónoma-Ministerio de Asuntos sociais).

Outras subvencións de carácter público.

 

¿ QUE FUNCIÓNS REALIZAMOS?

  • Declarar a procedencia , no seu caso, das prestacións aplicables en materia de servizos sociais.
  • Facilitar unha correcta información ós cidadáns dos seus dereitos e dos recursos sociais existentes, así como a intervención e intermediación para que estes sexan efectivos.
  • Orientación inicial e básica das problemáticas sociais da poboación, detección, estudo e promoción de recursos para atallar as necesidades colectivas, especialmente daquelas con elevado risco social.

  • Promoción de programas dirixidos ó desenvolvemento de todas aquelas actividades que permitan os colectivos que se atopen en situación de marxinación, o desenvolvemento das suas capacidades e a súa identidade.
  • Colaboración con institucións que realizen procesos de desinstitucionalización para facilitar ós usuarios a mellor reincorporación a vida comunitaria.

 

PROGRAMAS BÁSICOS:

Os programas básicos de actuación que se desenvolven en atención primaria, e que veñen a recoller as prestacións básicas do Plan Concertado segundo o Decreto 240/1995 do 28 de xullo polo que se regulan os servicios Sociais de Atención Primaria, son:

Programa de orientación, asesoramento e información

Programa de axuda no fogar

Programa de inserción social

Programa de animación, prevención e cooperación social

Programa de convivencia alternativa

 

¿ EN QUE ÁREAS TRABALLAMOS?

 

FAMILIA INFANCIA E ADOLESCENCIA:

Programa de Educación familiar e Atención ás familias desfavorecidas e/ou en situación de risco.

Prestación por fillo a cargo menor de tres anos (Xunta)

Prestación por fillo a cargo do Inss (información)

Información integral de axudas á familia e da conciliación da vida familiar e laboral.

Carnet de Familia numerosa.

Axudas leite infantil.

Carnet familiar.

Apoio e seguemento á escolarización e o absentismo.

Axudas comedor escolar.

Programa de gratuidade de libros de texto (información).

Becas para libros do MEC.

Axudas excepcionais municipais para libros escolares.

Acollemento familiar.

Plans de Traballo con menores tutelados.

Casos de Xustiza xuvenil (SBC)

Axudas de Prevención e apoio ás familias para preservación dos menores no seu medio.

Emisión de informes sociais requeridos por Xunta e Xulgado.

Cheque infantil garderías.

Acollementos vacacionais de menores extranxeiros.

Programa de conciliación da vida labral e familiar (Convenio)

Actividades formativas con menores.

 

MULLER

Centro de Información Municipal á Muller ( CIMM):

 

Asistencia social, xurídica e psicolóxica.

Actividades formativas e de fomento do emprego.

 

 

 

PERSOAS CON DISCAPACIDADE:

Axuda no Fogar.

Transporte adaptado (ANTA)

Axudas para discapacitados e maiores en situación de necesidade.

Intermediación e Integración laboral (Convenio COGAMI).

Recoñecementos do grao de minusvalidez.

Tarxeta de estacionamento para persoas con minusvalidez.

Información dos beneficios derivados do recoñecemento de minusvalidez: exencións , axudas etc...)

Información e tramitación de ingresos en Centros de discapacitados..

Centro ocupacional de persoas con minusvalidez psíquica ( servizo mancomunado).

Servizo de Atención Temperá e Atención á nenos/as con discapacidade (servizo mancomunado)

Pensións non contributivas de invalidez.

Prestacións vixentes da LISMI.

Acollemento familiar de persoas con discapacidade.

Información sobre outras prestacións (INSS)

Fomento e asesoramento para ó asociacionismo.

Información , tramitación e seguemento de solicitudes de valoración de nivel e grao de dependencia,visitas domiciliarias, informes sociais e proposta de plan de coidados ( Ley de Dependencia.).

Axudas municipais de emerxencia social.

Información sobre accesibilidade.

 

PERSOAS MAIORES:

Programa municipal de Axuda no fogar.

Cheque asistencial (Axuda no Fogar, e residencias)

Trçamites de internamento en Residencias e centros públicos e concertados.

Teleasistencia domiciliaria.

Programa “Xantar sobre rodas”, (comida a domicilio para maiores)

Transporte Adaptado para persoas maiores e discapacitadas (Proxecto ANTA)

Pensións non contributivas de xubilación.(información, tramitación, revisión)

Información sobre outras pensións do réxime público.

Prestacións sanitarias e axudas técnicas.

Axudas municipais de emerxencia social.

Acollemento familiar de persoas maiores (válidas e asistidas).

Xestións de plazas residencias en residencias da Xunta de Galicia (Centros propios e concertados)

Programa Xuntos polo Nadal..

Programa de Respiro familiar e Estancias temporais.

Termalismo e Turismo social.

Actividades formativas, ocio e tempo libre (Centro social).

Orientación, información variada, apoio afectivo e defensa do maior.

Termalismo e Turismo social.

Actividades formativas, ocio e tempo libre e talleres nos centros sociais..

Ley de Dependencia: Información , tramitación e seguemento de solicitudes de valoración de nivel e grao de dependencia, visitas domiciliarias, informes sociais e proposta de plan de coidados.

DROGODEPENDENCIAS E ALCOHOLISMO:

Información sobre programas e centros terapéuticos.

Axudas económicas para o internamento en comunidades terapéuticas.

Seguemento e apoio ó emprego.

 

EX-RECLUSOS E PENITENCIARIAS:

Seguemento liberdade condicional, firma mensual.

Información ós reclusos e familias cara integración social

Cumprimento de penas de Servizos á comunidade.

 

MINORIAS ÉTNICAS:

Plano Xitano municipal de Integración

Asistencia integral ó colectivo xitano de Verin (Convenio Corporación local- Xunta de Galicia- Ministerio de Asuntos sociais)

 

INMIGRANTES E EMIGRANTES RETORNADOS:

INMIGRANTES.

Oficina de Atención ó Inmigrante.

 

Asesoramento social, laboral e xurídico.

Prestacións económicas de acollida e integración.


 

 

EMIGRANTES RETORNADOS:

Información básica para o retorno.

Axudas extarodinarias Xunta e MTAS.

Pensións asistenciais.

 

INCLUSION SOCIAL:

  • Renda de Integración social de Galicia (RISGA): prestación social de carácter periódico destinada a garantir recursos económicos de subsistencia a quen careza deles, mediante un proxecto personalizado de inserción constituído por un conxunto de accións tendentes á mellora da integración persoal, familiar, social e, se é o caso, laboral da persoa beneficiaria.

  • Axudas para situacións de emerxencia social: Axudas económicas de pagamento único, destinadas a paliar situacións de emerxencia que orixinen gastos extraordinarios para cubrir necesidades específicas de carácter básico e urxente. Considéranse situacións de emerxencia social aquelas que orixinen gastos extraordinarios para cubrir necesidades específicas de carácter básico e urxente non cubertas polos diferentes sistemas de protección.
  • Axudas municipais de emerxencia social.
  • Colaboración para a aplicación do Plan autonómico de Inclusión social.

 

OUTRAS:

  • Informes sociais para regularización de extranxeiros/as ( de reagrupamento e arraigo social)
  • Cumplimentación solicitudes Xustiza Gratuita.
  • Cumplimentación becas .
  • Cumplimentación de impresos ou axuda na xestión de asuntos de diversa índole, cando os/as vecinos/as reclaman a nosa axuda por non ter as habilidades ou nivel de instrucción académica necesaria.
  • Abono social Telefónica.
  • Comparencias xudiciais e peritaxes.
  • Atención a transeúntes e indixentes.
  • Banco de alimentos e roupeiro.
  • Programa de Bolseiro de Aluguer.
  • Programa: Renda xoven de emancipación.
  • Programa: Renda Activa de inserción (RAI).

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59