Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas O Concello de Verín e o Centro de Transfusión de Galicia impulsan a participación dos veciños e veciñas na doazón de sangue
O Concello de Verín e o Centro de Transfusión de Galicia impulsan a participación dos veciños e veciñas na doazón de sangue PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 07 Agosto 2008 10:12
O  Concello  de  Verín e  o  Centro  de  Transfusión  de  Galicia  ( CTG ), impulsan  unha  iniciativa  que  ten  como  obxectivo  promover a  participación  dos  veciños  e  veciñas  nas  campañas  de  doazón  de sangue,  e  deste  xeito  garantir o  correcto  desenvolvemento  do  labor  asistencial  nos  centros  sanitarios  galegos,  que  van  a  precisar  ó  redor  de  44.000  doazóns  de  sangue  nos  meses  de  verán  para  cubrir  todas as  necesidades.
As  persoas  que  desexen  participar  poden  acudir  á  unidade  móbil  do  CTG  a :

Parque da Alameda, enfrente ao Centro da Terceira Idade

VENRES, 8 de AGOSTO
De 10.30 ás 14.00 e de 16.30 ás 21.00 horas

SÁBADO, 9 de AGOSTO
De 10.30 ás 15.00  horas

Mediante  esta  iniciativa,  que  se  está  a  desenvolver  este  verán  en  máis  de  200  Concellos,  preténdese  mellorar a  información  sobre  este  acto altruísta.  O  Concello  de  Verín e o CTG  amosan o seu  agradecemento a  tódolos  veciños que  participan  cada  ano  nas  campañas  de  doazón  de  sangue  e  permiten  deste  xeito  que  moitos  enfermos  recuperen  a  súa  saúde. O  pasado  ano  2007  houbo  977 doazóns  no  noso  Concello, o que nos  permitiu  superar o índice  de  doazón  de  sangue  recomendado  pola  Organización  Mundial  da  Saúde. O noso obxectivo é  manter  este  nivel  de  participación  para  que  o  noso   Concello    sexa   un   dos   máis   solidarios   de   Galicia.
 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac