Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas Anuncio de adxudicación provisional
Anuncio de adxudicación provisional PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 07 Agosto 2008 11:43
En cumprimento do disposto no artigo 135.3 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, faise pública a resolución de adxudicación provisional do procedemento negociado sen publicidade para a contratación da execución da obra "Construción dunha praza pública en Ábedes-Verín" aprobado por Decreto desta Alcaldía de 07 de agosto de 2008, co seguinte contido:
" Logo de ter lugar a contratación para adxudicar as obras que despois se referenciarán, mediante procedemento negociado sen publicidade e, consonte coa acta que contén as actuacións que realizou a Mesa de contratación, así como a súa proposta:

PRIMEIRO.- Declarar válida a licitación que se realizou e en consecuencia adxudicar provisionalmente a seguinte:

OBRA: construción dunha praza pública en Ábedes-Verín.

ADXUDICATARIO: Excavaciones Vipeca, SL

DOMICILIO: Avda. de Laza, 22, Verín-Ourense

PREZO SEN IVE: 62.068,97 euros.

IVE: 9.931,03 euros

TOTAL: 72.000,00 euros

GARANTÍA DEFINITIVA: 3.103,45 euros

DIRECTOR TÉCNICO: Rafael C. García Losada, enxeñeiro técnico agrícola.

SEGUNDO.- Notificar a adxudicación provisional a todos os candidatos que non resultaron adxudicatarios.

TERCEIRO.- Notificar e requirir ao adxudicatario para que no improrrogable prazo de15 DÍAS HÁBILES seguintes ao da notificación deste acordo aporte o documento constitutivo da garantía definitiva polo importe que se sinalou, como requisito previo á sinatura do contrato, así como os seguintes documentos:

- Documentación xustificativa de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias.

- Resgardo de constitución da garantía definitiva.

CUARTO.- Publicar a adxudicación provisional do contrato mediante anuncio no perfil do contratista situado na páxina web www.verin.net."

A alcaldesa en funcións



Mª Carmen Pardo López

 

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac