Modificación de obradoiros no curso “Mediación e resolución de conflitos interxeracionais”

Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Servizos Sociais Novas de Educación Familiar Modificación de obradoiros no curso “Mediación e resolución de conflitos interxeracionais”
Modificación de obradoiros no curso “Mediación e resolución de conflitos interxeracionais” PDF Imprimir Correo-e
Luns, 03 Outubro 2011 13:06

O curso 'Mediación e resolución de conflitos interxeneracionais', organizado polo Centro Asociado da UNED en Ourense e o departamento de Educación Familiar do Concello de Verín, modificou as xornadas e horarios de catro dos obradoiros previstos no mesmo.

O obradoiro 'Interculturalidade nas aulas', a cargo de José Losada Enríquez, educador social do Concello de Xinzo da Limia, e Luis Fernández López, director do IES Carlos Casares de Viana do Bolo, que estaba previsto para o venres 2 de decembro será impartido o día 7 de octubre, ás 16.30 horas. Mentres que o de 'Os animais de compañía como elemento de integración, socialización e ensinanza de valores', a cargo de Roberto Estévez, psicólogo da Asociación Española de Antrozooloxía, terá lugar o 8 de outubro, ás 10 horas, en vez do 19 de novembro.

Tamén sufrirá cambios o obradoiro 'Comunicación asertiva entre xeracións', a cargo do profesor Tiberio Feliz, Facultade de Educación Social UNED, que se trasladará do 7 de outubro ao sábado 19 de novembro, ás 11.30 horas. Así como, 'Traballar coas familias desde a escola', a cargo do profesor Tiberio Feliz, Facultade de Educación Social UNED, que terá lugar o 2 de decembro, ás 16 horas, en vez do 8 de outubro.

O curso  'Mediación e resolución de conflitos interxeneracionais', que está dirixido por Tiberio Feliz Murias da Facultade de Educación UNED e coordinado en Ourense por Miguel Guerra Rodríguez, conta con máis de 130 alumnos/as procedentes de toda a xeografía galega e norte de Portugal. Os obxectivo do mesmo, con prazas limitadas por orde de inscrición, son identificar e valorar os factores que inflúen na orixe, desenvolvemento e resolución do conflito; coñecer e valorar estratexias, técnicas e programas para a solución do conflito. Así como, desenvolver as destrezas básicas necesarias para a aplicación de estratexias que faciliten o aprendizaxe de condutas positivas no entorno familiar, escolar e social.

As restantes xornadas previstas no curso “Mediación e resolución de conflitos interxeneracionais” son as seguintes:

Venres, 07 de outubro de 2011(Centro Desenvolvemento Cooperativo de Verín)
- Ás 16.30 horas: obradoiro  'Interculturalidade nas aulas', a cargo de José Losada Enríquez, educador social do Concello de Xinzo da Limia, e Luis Fernández López, director do IES Carlos Casares de Viana do Bolo.

Sábado, 08 de outubro de 2011(Centro Desenvolvemento Cooperativo de Verín)
- Ás 10 horas: obradoiro  'Os animais de compañía como elemento de integración, socialización e ensinanza de valores', a cargo de Roberto Estévez, psicólogo da Asociación Española de Antrozooloxía.

Venres, 04 de novembro de 2011(Salón de Actos da Casa da Cultura)
- De 18.30 a 21 horas: conferencia  'Pais con fillos adolescentes: contigo aprendín', a cargo de Isabel Saz Martín, psicóloga do programa SOS Adolescentes de Cuatro.

Venres, 11 de novembro de 2011(Salón de Actos da Casa da Cultura)
- De 18.30 a 21 horas: conferencia  'Pais e fillos en conflito', a cargo de Javier Urra Portillo, psicólogo, pedagogo, terapeuta e Primeiro Defensor do Menor.

Sábado, 12 de novembro de 2011(Salón de Actos da Casa da Cultura)
- De 12 a 14.30 horas: mesa redonda 'Os límites na educación dos/as menores: situación actual e perspectiva de futuro'. Modera: Javier Urra Portillo. Participan: Susana López Abella, secretaria xeral de Familia e Benestar, Fernando Alañón Olmedo, presidente da Audiencia de Ourense, José Manuel Ucha López, fiscal de menores, Fernando Serrulla Rech, médico forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia.

Venres, 18 de novembro de 2011
(Salón de Actos da Casa da Cultura)
- De 18.30 a 21 horas: conferencias  'Educación intercultural e negociación de conflitos', a cargo de Américo Nunes Peres, Ciencias da Educación e delegado reitor UTAD-Chaves (Portugal), e 'A música como mellora das relacións interxeracionais', a cargo de Agostinho Diniz Gomes, Ciencias Didácticas Especiais/Expresión Musical e vicedirector Educación Básica UTAD.

Sábado, 19 de novembro de 2011
(Salón de Actos da Casa da Cultura)
- De 9 a 11.30 horas: obradoiro  'Marco lexislativo en materia de menores, modelos de familia e acollemento residencial como recurso especializado de protección', a cargo de Sara Salgado Pérez, psicóloga do Centro de Menores de Montealegre.
- De 11.30 a 14 horas: obradoiro  'Comunicación asertiva entre xeracións', a cargo do profesor Tiberio Feliz, Facultade de Educación Social UNED.

Venres, 2 de decembro de 2011(Salón de Actos da Casa da Cultura)
- De 16 a 21 horas: obradoiro  'Traballar coas familias desde a escola', a cargo do profesor Tiberio Feliz, Facultade de Educación Social UNED.

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59


Programa de Educación Familiar


Novas >>>

Teléfonos de Interese

Teléfono da Infancia

900.333.666

Servizo do Menor

988.38.66.21

Gabinete de Orientación Familiar

988.38.61.28