Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Cidade Novas A Biblioteca de Verín, galardoada como Mellor iniciativa ao fomento da Lectura para Bibliotecas Públicas 2011 pola Federación de Gremios de Editores de España
A Biblioteca de Verín, galardoada como Mellor iniciativa ao fomento da Lectura para Bibliotecas Públicas 2011 pola Federación de Gremios de Editores de España PDF Imprimir Correo-e
Venres, 07 Outubro 2011 11:48

O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López Rodríguez, o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, e os responsables da Biblioteca Pública Municipal de Verín, Vicente Rodríguez Justo e Aurora Prieto Tarrío recolleron, na xornada de onte, o premio  á Mellor Iniciativa ao Fomento da Lectura para Bibliotecas Públicas 2011, concedido pola Federación de Gremios de Editores de España.


A Federación de Gremios de Editores de España, promotor e participante activo no Plan de Fomento da Lectura, convocou o VIII Premio á Mellor Iniciativa ao Fomento da Lectura para Bibliotecas Públicas 2011, no que por unanimidade o xurado concedeu este galardón á Biblioteca Pública Municipal de Verín, argumentando as seguintes razóns: adecuada plasmación da vocación da biblioteca como ferramenta de fomento do lector en pequenos municipios, demostra o valor da lectura como canal privilexiado para o acceso á cultura e o coñecemento, e encarna un modelo de servizo bibliotecario que amplía e enriquece a visión clásica do servizo público de lectura o medio rural; é dicir, polo seu traballo no ámbito do fomento á lectura e o conxunto de actividades realizadas pola mesma, entre as que se inclúen voluntariado cultural, aprendizaxe en idades temperás ou alfabetización dixital.

O premio, entregado no marco da Feira Internacional del Libro de Madrid. consistiu nunha escultura orixinal expresamente deseñada para este acto, valorada en 6.000 euros e que foi entregada por Antonio María Ávilas, presidente da Federación de Gremios de Editores de España, unha visita á Biblioteca Nacional e un lote de libros.

“A Biblioteca Pública Municipal de Verín converteuse nun dos centros lúdico-culturais máis significativos da comarca de Verín-Monterrei, grazas ao traballo realizado tanto polo persoal da instalación como polos voluntarios e voluntarias que forman parte do Programa de Voluntariado Cultural e Fomento Lectura, realizado nos últimos anos”, subliñou o rexedor verinense.

Unha iniciativa na que na que nenos voluntarios, con idades comprendidas entre os 11 e 15 anos, participaron en numerosas actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación, e dirixidas a nenos do municipio con idades entre os 3 e 8 anos. Actividades tan diversas como contacontos, Bibliopiscina, exposicións, presentacións de libros, BiblioRúa, concursos de narrativa, cursos de informática, encontros con escritores, videoconferencias, visitas guiadas para centros educativos, club de lectura ou as de Fomento de Lectura ou Voluntariado Cultural lograron que a Biblioteca de Verín recibise recoñecementos de distintas organizacións, como a Embaixada de Chile en España, Federación de Fútbol, Fundación Antena 3 e resultou, nos últimos tres anos, galardoada nos premios da Campaña de Animación á Lectura María Moliner. Ademais, recentemente foi nomeada como como Biblioteca Asociada pola UNESCO, asentándose no cumprimento de todos os principios de fomento da lectura, desenvolvemento da cultura, solidariedade-voluntariado e cooperación con distintas entidades.

 

Centro de Dia




Guía da Comarca de Verín


Solicitude de Participación









Buzón do Cidadán

IOP

PEID 2019

Plan Xeral de Ordenación Urbana

Sede electrónica


A un click


Biblioteca Municipal








Visor Sixpac