Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Servizos Sociais Novas de Educación Familiar O primeiro Defensor do Menor de Madrid participa no curso 'Mediación e resolución de conflitos interxerneracionais' de Verín
O primeiro Defensor do Menor de Madrid participa no curso 'Mediación e resolución de conflitos interxerneracionais' de Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 10 Novembro 2011 12:45

Mañá, o salón de actos da Casa da Cultura de Verín acollerá o relatorio 'Pais e fillos en conflito', a cargo de Javier Urra Portillo, primeiro Defensor do Menor da Comunidade de Madrid e presidente da Rede Europea de Defensores do Menor; enmarcado dentro do curso 'Mediación e resolución de conflitos interxeneracionais', organizado polo Centro Asociado da UNED en Ourense e o departamento de Educación Familiar do Concello de Verín.

Nesta conferencia, que terá lugar ás 18.30 horas, abordaranse os conflitos que xurden entre pais, nais e fillos dentro da propia convivencia cotiá, onde se suceden discrepancias de opinións e expectativas non cumpridas, así como as habilidades necesarias para favorecer a resolución de devanditos conflitos.

Javier Urra Portillo é doutor en Psicoloxía, pedagogo terapeuta, especialista en psicoterapia, presidente da Asociación Iberoamericana de Psicoloxía Xurídica e psicólogo forense da Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e Xulgados de Menores de Madrid, entre outros cargos. Representou a España en distintos foros internacionais como Nacións Unidas ou o Parlamento Europeo, e entre os libros escritos por Urra Portillo atópanse O pequeno dictador. Cando os pais son as vítimas, Educar con sentido común, Fortalece ao teu fillo, Qué ocultan os nosos fillos? ou Escola práctica para pais, entre outros.

Ademais ao día seguinte, sábado 12 de novembro, Javier Urra Portillo moderará a mesa redonda 'Os límites na educación dos/as menores: situación actual e perspectiva de futuro', na que participan Susana López Abella, secretaria xeral de Familia e Benestar, Fernando Alañón Olmedo, presidente da Audiencia de Ourense, José Manuel Ucha López, fiscal de menores, Fernando Serrulla Rech, médico forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia.

En devandita iniciativa, que terá lugar ás 12 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Verín, analizaranse os límites do poder educativo dos pais e autoridade dos mestres, á hora de realizar labor educativa cos menores, tendo en conta as últimas reformas lexislativas e, especialmente, os recentes casos de pais/titores que denuncian ante a imposibilidade de educar a nenos que se negan obedecer ou que se resisten a asistir á escola.

O curso  'Mediación e resolución de conflitos interxeneracionais', que está dirixido por Tiberio Feliz Murias da Facultade de Educación UNED e coordinado en Ourense por Miguel Guerra Rodríguez, conta con máis de 160 alumnos/as procedentes de toda a xeografía galega e norte de Portugal. Os obxectivo do mesmo, con prazas limitadas por orde de inscrición, son identificar e valorar os factores que inflúen na orixe, desenvolvemento e resolución do conflito; coñecer e valorar estratexias, técnicas e programas para a solución do conflito. Así como, desenvolver as destrezas básicas necesarias para a aplicación de estratexias que faciliten o aprendizaxe de condutas positivas no entorno familiar, escolar e social.

As restantes xornadas previstas no curso “Mediación e resolución de conflitos interxeneracionais” son as seguintes:

Venres, 18 de novembro de 2011(Salón de Actos da Casa da Cultura)
- De 18.30 a 21 horas: conferencias  'Educación intercultural e negociación de conflitos', a cargo de Américo Nunes Peres, Ciencias da Educación e delegado reitor UTAD-Chaves (Portugal), e 'A música como mellora das relacións interxeracionais', a cargo de Agostinho Diniz Gomes, Ciencias Didácticas Especiais/Expresión Musical e vicedirector Educación Básica UTAD.

Sábado, 19 de novembro de 2011
(Salón de Actos da Casa da Cultura)
- De 9 a 11.30 horas: obradoiro  'Marco lexislativo en materia de menores, modelos de familia e acollemento residencial como recurso especializado de protección', a cargo de Sara Salgado Pérez, psicóloga do Centro de Menores de Montealegre.
- De 11.30 a 14 horas: obradoiro  'Comunicación asertiva entre xeracións', a cargo do profesor Tiberio Feliz, Facultade de Educación Social UNED.

Venres, 2 de decembro de 2011(Salón de Actos da Casa da Cultura)
- De 16 a 21 horas: obradoiro  'Traballar coas familias desde a escola', a cargo do profesor Tiberio Feliz, Facultade de Educación Social UNED.

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59


Programa de Educación Familiar


Novas >>>

Teléfonos de Interese

Teléfono da Infancia

900.333.666

Servizo do Menor

988.38.66.21

Gabinete de Orientación Familiar

988.38.61.28