Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Servizos Sociais Novas de Educación Familiar Educación intercultural e marco lexislativo en materia de menores no curso 'Mediación e resolución de conflitos interxerneracionais' de Verín
Educación intercultural e marco lexislativo en materia de menores no curso 'Mediación e resolución de conflitos interxerneracionais' de Verín PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 17 Novembro 2011 13:22

Mañá, o salón de actos da Casa da Cultura de Verín acollerá, a partir das 18.30 horas, os relatorios ‘Educación intercultural e negociación de conflitos’ e ‘A música como mellora das relacións interxeneracionais’, enmarcados no curso 'Mediación e resolución de conflitos interxeneracionais', organizado polo Centro Asociado da UNED en Ourense e o departamento de Educación Familiar do Concello de Verín.

O primeiro deles, ‘Educación intercultural e negociación de conflitos’, está impartido por Américo Nuno Peres, delegado reitor da UTAD-Chaves e experto en Ciencias da Educación, que falará da riqueza da interculturalidade na educación, e como debe ser a súa utilización na negociación dos conflitos. Mentres que o segundo, ‘A música como mellora das relacións interxeneracionais’ será realizado por Agostinho Diniz Gomes, experto en Ciencias Didáctica Especiais/Expresión Musical, e no mesmo analizarase como a música marca identidades xeracionais (por exemplo a Movida da década dos oitenta ou Maio do 68), e como alenta indirectamente á participación dos/as mozos/as no entramado cultural e cidadán.

Ao día seguinte, sábado 19 de novembro, terá lugar a penúltima sesión deste curso tamén no salón de actos da Casa da Cultura verinense, pero ás 9 horas. O primeiro obradoiro que se realizará será ‘Marco lexislativo en materia de menores, modelos de familia e acollemento residencial como recurso especializado de protección’, de Sara Salgado Pérez, psicóloga do Centro de Protección de Menores. Neste obradoiro amosará que a través dos lazos afectivos e consanguíneos fórzase a identidade persoal, coa influencia do ambiente e desenvolvemento intelectual, psicolóxico, físico e moral. Ademais, ensinará que a familia non é un modelo estático senón que foi cambiando a súa estrutura, funcións e grao de parentesco nos últimos anos, e  aínda así segue sendo a célula do corpo social e a unidade básica na organización da sociedade. O segundo obradoiro, ‘Comunicación asertiva entre xeracións’, de Tiberio Feliz, profesor da facultade de Educación Social UNED, versará sobre aportacións da psicoloxía evolutiva á praxe educativa, e como a comunicación asertiva favorece a relación entre xeracións.

O curso  'Mediación e resolución de conflitos interxeneracionais', que está dirixido por Tiberio Feliz Murias da Facultade de Educación UNED e coordinado en Ourense por Miguel Guerra Rodríguez, conta con máis de 160 alumnos/as procedentes de toda a xeografía galega e norte de Portugal. Os obxectivo do mesmo, con prazas limitadas por orde de inscrición, son identificar e valorar os factores que inflúen na orixe, desenvolvemento e resolución do conflito; coñecer e valorar estratexias, técnicas e programas para a solución do conflito. Así como, desenvolver as destrezas básicas necesarias para a aplicación de estratexias que faciliten o aprendizaxe de condutas positivas no entorno familiar, escolar e social.

A última xornada do curso “Mediación e resolución de conflitos interxeneracionais” terá lugar o vindeiro 2 de decembro, de 16 a 21 de horas, co obradoiro  'Traballar coas familias desde a escola', a cargo do profesor Tiberio Feliz, Facultade de Educación Social UNED.

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59


Programa de Educación Familiar


Novas >>>

Teléfonos de Interese

Teléfono da Infancia

900.333.666

Servizo do Menor

988.38.66.21

Gabinete de Orientación Familiar

988.38.61.28