Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Servizos Sociais Ofic. Inmigrante
PDF Imprimir Correo-e

Voltar

Solicitude de Informe de Vivenda para Regularización de Menores

Informe emitido pola Administración Local do lugar de residencia do reagrupante no que se deberá facer referencia aos seguintes extremos: Título que habilite para a ocupación da vivenda, número de habitacións, uso ao que se destina cada unha das dependencias da vivenda, número de persoas que a habitan e condicións de habitabilidade e equipamento.

Este informe é un dos documentos que se deben de achegar á solicitude de autorización de residencia por reagrupación familiar.

A quen está dirixido

As persoas estranxeiras menores de idade ou incapacitadas non nacidas en España que ben sexan fillos/as de españois ou de estranxeiros/as residentes legais en España, ben estean suxeitas legalmente a tutela dun/ha cidadán/a ou institución españois ou dunha persoa estranxeira residente legal en España:

- Poden obter autorización de residencia cando se acredite a súa *permanencia continuada en España durante un mínimo de 2 anos.

- Os seus pais ou titores deben cumprir os requisitos de medios de vida e aloxamento esixidos para exercer o dereito á Reagruapción Familiar.

- Cando os menores se atopen en idade de escolarización obrigatoria, deberase acreditar adicionalmente que estiveron matriculados nun centro de ensino e asistido regularmente a clase.

Como facelo

Por Internet

Pode solicitar a cita previa a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo da Oficina Municipal de Atención e Información ao Inmigrante para manter unha entrevista co/a técnico/a correspondente.

Presencialmente

Mediante solicitude de cita na Oficina Municipal de Atención e Información ao Inmigrante para manter unha entrevista coa técnico/a correspondente.

Por teléfono

Mediante solicitude de cita nos teléfonos: 988.41.47.76

Documentación requirida

  • Documento que acredite a ocupación da vivenda
    Título que habilite para a ocupación da vivenda (contrato de aluguer, escritura de compravenda, declaración xurada de cesión, etc)
  • Autorización de Residencia e Traballo
    Do proxenitor do menor, cunha vixencia mínima dun ano.
  • Xustificante de Residencia en España
    Continuada de ao menos 2 anos.
  • Xustificante de Escolarización do Menor
    No caso de atoparse en idade de escolarización obrigatoria.

Observacións

No prazo máximo de 15 días dende a solicitude, a Administración Local deberá emitir o informe e notificalo ao interesado e, simultáneamente e por medios telemáticos cando fose posible, á autoridade competente para resolver a autorización de reagrupación familiar.

Subsidiariamente, a persoa solicitante poderá xustificar o requisito de disponibilidade de vivenda suficiente, presentando acta notarial mixta de presenza e manifestacións no caso de que a Corporación Local non proceda a emitir o informe de vivenda no prazo indicado, o que será acreditado coa copia da solicitude realizada.

Preguntas Frecuentes:

Requisitos xerais para a regularización de menores.

Requisitos da vivenda.

Como legalizar os documentos do país de orixe.

Oficinas

  • Oficina Municipal de Atención e Información a Inmigrantes e Emigrantes Retornados
  • Avda. de Portugal (Casa da Xuventude)
    Teléfono: 988 41 14 76
    Fax: 988.41.22.59
    Email: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

    Horario:

    De 9:30 a 14 horas de luns a xoves.

    De 16:00 a 18:00 Martes e Xoves.

Lexislación relacionada

  • Lei de Estranxería Lei Orgánica 4/2000 do 11 de xaneiro, sobre dereitos e libertades dos estranxeiros en España e súa integración social.
  • Regulamento de Estranxería Real Decreto 2393/2004 do 30 de decembro, polo que se aproba o Reglamento de execución da LO 4/2000..


 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59


Oficina de Atención ó Inmigrante

Asociaicións

Asociacion Ourensá Venezolana "Alma Llanera"

Rúa do ensino, bajo Nº 5
A Valenzá - Barbadás
32002 - OURENSE
Teléfono: 687.575.532
Páxina Web
E-mail: asoven@telefonica.net

Asociación Cultural de Emigrantes e Inmigrantes de Iberoamérica

Río Arnoia Multicentro Local 16
32630 - Xinzo de Limia
Teléfono: 665.085.975

Asociación Magrebí El Wafa

Avda. Madrid Nº10-Baixo
32630 - Xinzo de Limia
Teléfono: 666.884.561
Páxina Web

Centro Argentino do Carballiño

Evaristo Vaamonde 26 Baixo
32500 - O Carballiño
Teléfono: 988.270.112
Páxina Web

Asociación para la promoción social e intercultural de latinoamericanos Valdeorras

A Balorca Nº2
32300 - O Barco de Valdeorras
Teléfono: 988.320.933

Asociación Galicia Terra de Acollida

Alfonso R. Castelao Nª13-4ºD
32004 - Ourense
Teléfono: 988.252.252
E-mail: marcoscid@hotmail.com