Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Servizos Sociais Novas de Educación Familiar Retorno do programa 'Preescolar na Casa' en Verín
Retorno do programa 'Preescolar na Casa' en Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 01 Febreiro 2012 14:13

A partir da vindeira semana, regresa a Verín o programa ‘Preescolar na Casa’, destinado a nenos/as con idades comprendidas entre 0 e 3 anos, co obxecto de capacitar a pais e nais para que acaden un mellor desenvolvemento dos/as fillos/as para adquirir habilidades que lles permita vivir consigo mesmo e cos demais.

Devandita iniciativa, impulsada dende o departamento de Servizos Sociais do Concello de Verín (Casa da Xuventude -Avda. de Portugal, 11 bis- ou no teléfono 988-414776), constitúe un referente na creación dunha cultura da infancia e do papel educativo da familia, asentada nos valores de compromiso coa educación, defensa e reivindicación da importancia educativa dos primeiros anos, respecto polo propio, solidariedade cos sectores de poboación máis desfavorecidos, cooperación con outros profesionais e organizacións relacionadas coa infancia e a familia; así como compromiso coa mellora continua e a competencia profesional.

A Fundación Preescolar na Casa é unha entidade sen ánimo de lucro, que opera en toda Galicia  dende o ano 1977 con profesionais do ámbito educativo, ofrecendo espazos para que as familias compartan un tempo de calidade cos fillos e con outras familias, espazos nos que están acompañados dun profesional da Fundación que orienta e facilita información e formación sobre os diferentes aspectos relacionados coa educación dos/as fillos/as.

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59


Programa de Educación Familiar


Novas >>>

Teléfonos de Interese

Teléfono da Infancia

900.333.666

Servizo do Menor

988.38.66.21

Gabinete de Orientación Familiar

988.38.61.28