Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Secretaría Ord. Fiscais: Taxas ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA DA REDE DE SUMIDOIROS.
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA DA REDE DE SUMIDOIROS. PDF Imprimir Correo-e

sumidoiros.html


ARTIGO 1.- FUNDAMENTO E NATUREZA


En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este concello establece a "taxa da rede de sumidoiros", que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, atendendo as dúas normas ao prevido no artigo 58 da referida Lei 39/1988


ARTIGO 2.- FEITO IMPOÑIBLE


1.- Constitúe o feito impoñible da taxa:


a) A actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar se se dan as condicións necesarias para autorizar a acometida á rede de sumidoiros municipal.


b) A prestación dos servizos de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais, a través da rede de sumidoiros municipal, e o seu tratamento para depuralas.


2.- Non estarán suxeitas á taxa os predios declarados ruinosos ou que teñan a condición de terreo edificable.


ARTIGO 3.- SUXEITO PASIVO


1.- Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria que sexan:


a) Cando se trate da concesión de licenza de acometida á rede, o propietario, usufruturario ou titular do dominio útil do terreo.


b) No caso de prestación de servizos do número 1.b) do artigo anterior, os ocupantes ou usuarios dos terreos do termo municipal beneficiarios de ditos servizos, calquera que sexa o seu título: propietarios, usufrutuarios, habitacionistas ou arrendatarios, incluso en precario.


2.- En todo caso, terá a consideración de suxeito pasivo substituto do ocupante ou usuario das vivendas ou locais, o propietario destes inmobles, que poderá repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servizo.


ARTIGO 4.- RESPONSABLES


1.- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.


2.- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.


ARTIGO 5.- COTA TRIBUTARIA


1.- A cota tributaria correspondente á concesión da licenza ou autorización de acometida á rede de sumidoiros esixirase por unha soa vez e consistirá na cantidade fixa de 14,70 euros.


2.- A cota tributaria esixirase pola prestación dos servizos da rede de sumidoiros, e a tal efecto, aplicaranse as seguintes tarifas:


VIVENDA / ESTABLECEMENTO

IMPORTE

Vivendas

3,667238 € / trimestre

Establecementos de primeira categoría: lavado e engraxe de vehículos, balnearios, discotecas, pubs, clubs nocturnos, fábricas gasosas, hoteis, hostais e similares, colexios, industrias e similares

8,503739 € / trimestre

Establecementos de segunda categoría: salóns de peiteado, bares, tabernas, bodegóns, tinturarías, clínicas sanitarias e similares

5,612468 € / trimestre

Restantes establecementos

3,667238 € / trimestre


ARTIGO 6.- EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS


Non se concederá ningunha exención nin bonificación na exacción da presente taxa.


ARTIGO 7.- PERCEPCIÓN DA TAXA


1.- Percibirase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito impoñible, entendéndose:


a) Na data de presentación da oportuna solicitude da licenza de acometida, se o suxeito pasivo a formulase expresamente.


b) Dende que teña lugar a efectiva acometida á rede de sumidoiros municipal. A percepción por esta modalidade da taxa producirase con independencia de que se obtivera ou non a licenza de acometida e sen prexuízo do inicio do expediente administrativo que se poida instruír para a súa autorización.


2.- Os servizos de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais, e da súa depuración, teñen carácter obrigatorio para todos os predios do concello que teñan fachada ás rúas, prazas ou vías públicas nas que exista rede de sumidoiros, sempre que a distancia entre a rede e o predio non exceda de 100 metros, téndose o dereito de cobrar a taxa aínda cando os interesados non procedan a efectuar a acometida á rede.


ARTIGO 8.- DECLARACIÓN, LIQUIDACIÓN E INGRESO


1.- Os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións de alta e baixa no censo de suxeitos pasivos da taxa no prazo que medie entre a data na que se produza a variación na titularidade do terreo e o último día do mes natural seguinte.


Estas últimas declaracións xurdirán efecto a partir da primeira liquidación que se practique unha vez finalizado o prazo de presentación de ditas declaracións de alta e baixa.


A inclusión inicial no censo farase de oficio unha vez concedida a licenza de acometida á rede.


2.- As cotas esixibles por esta taxa liquidaranse e recadaranse trimestralmente mediante recibo derivado da matrícula ou padrón.


3.- No suposto de licenza de acometida, o contribuínte formulará a oportuna solicitude, e os servizos tributarios deste concello, unha vez concedida aquela, practicarán a liquidación que proceda, que será notificada para ingreso directo na forma e prazos que sinala o Regulamento xeral de recadación.


DISPOSICIÓN DERRADEIRA


O texto da presente ordenanza fiscal substitúe e derroga o da anterior, e entrará en vigor e será de aplicación ao día seguinte da súa publicación íntegra no BOP, permanecendo en vigor até a súa modificación ou derrogación expresas.


A secretaria  en funcións: Mª del Carmen Fernández Fernández

O alcalde: Juan Manuel Jiménez Morán


DILIXENCIA: para facer constar que a precedente ordenanza publicouse integramente no BOP de Ourense número 295 de data 26.12.2014.


A secretaria en funcións: Mª del Carmen Fernández Fernández