Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Secretaría Ord. Fiscais: Taxas ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO PÚBLICO DE UTILIZACIÓN, USO E GOZO DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS, PISCINAS E CASAS DE BAÑOS DE TITULARIDADE MUNICIPAL
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO PÚBLICO DE UTILIZACIÓN, USO E GOZO DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS, PISCINAS E CASAS DE BAÑOS DE TITULARIDADE MUNICIPAL PDF Imprimir Correo-e

ordenanza.htm


TÍTULO PRIMEIRO: DISPOSICIÓNS XERAIS

ARTIGO 1: FUNDAMENTO E NATUREZA XURÍDICA

En uso das facultades concedidas polos artigos 4 e 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este concello establece a taxa pola prestación do servizo público de utilización, uso e gozo das instalacións deportivas, piscinas e casas de baños, de titularidade municipal, que se rexerán pola presente ordenanza fiscal, cuxas normas atenden ao previsto nos artigos 20 e seguintes do citado Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.

TÍTULO SEGUNDO: FEITO IMPOÑIBLE

ARTIGO 2: FEITO IMPOÑIBLE

O feito impoñible do tributo está constituído pola prestación dos diferentes servizos das instalacións deportivas, piscinas e casas de baños, de titularidade municipal, que non se prestan ou realizan polos particulares ou empresas privadas, así como os diferentes servizos que prestan as escolas deportivas municipais.

ARTIGO 3: SUPOSTOS DE NON SUXEICIÓN

1. Queda fóra do feito impoñible, gravado pola taxa reguladora nesta ordenanza fiscal, o uso, utilización e desfrute das instalacións deportivas municipais para finalidades relativas a competicións deportivas oficiais, coas condicións e límites que se establezan no correspondente convenio de colaboración, que se formalizará para o efecto.

2. Igualmente, quedan fóra do feito impoñible, gravado pola taxa regulada nesta ordenanza fiscal, o uso, utilización e gozo das instalacións deportivas municipais para actividades propias de adestramento e preparación física dos membros de clubs deportivos ou asociacións deportivas locais, inscritas en competicións deportivas oficiais, que poderán utilizar as instalacións segundo as necesidades do servizo e coas condicións e límites que se establezan no correspondente expediente de concesión privativa ou aproveitamento especial do dominio público local, tras o pagamento do canon correspondente.

TÍTULO TERCEIRO: SUXEITO PASIVO

ARTIGO 4: SUXEITO PASIVO

Son suxeitos pasivos das taxas, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades sen personalidade xurídica propia, que soliciten ou resulten beneficiadas ou afectadas pola prestación dos diferentes servizos ou actividades das instalacións deportivas, piscinas e casas de baños de titularidade municipal, así como polas actividades das escolas deportivas municipais, se desenvolvan ou non en instalacións de titularidade municipal.

TÍTULO CUARTO: DEVINDICACIÓN

ARTIGO 5: OBRIGA DE CONTRIBUÍR

1. A taxa devindícase cando se solicite ou se inicie a prestación do servizo ou a realización da actividade.

2. Enténdese iniciada a prestación do servizo, en todo caso, unha vez solicitada ou efectuada a entrada no recinto das instalacións deportivas municipais.

3. Será obrigatorio o depósito previo do importe total da taxa no momento de solicitar a prestación do servizo.

TÍTULO QUINTO: BASES, TARIFAS E XESTIÓNS

CAPÍTULO PRIMEIRO: BASE IMPOÑIBLE

ARTIGO 6: BASE IMPOÑIBLE

1.- A base impoñible da taxa que regula esta ordenanza fiscal, defínese da seguinte forma, segundo o caso:

1º) Mediante cantidade fixa, pola entrada á instalación deportiva municipal de que se trate.

2º) Mediante cantidade fixa, determinada en función do tempo de utilización, por hora ou outro período ou as súas fraccións, ou de estancia na instalación deportiva de titularidade municipal de que se trate.

2.- A condición de eurocidadán acreditarase mediante a exhibición da tarxeta de eurocidadán, expedida ao seu nome.

Durante o curso, o concello poderá requirir, en calquera momento, aos usuarios a presentación da tarxeta de eurocidadán, para comprobar que se manteñen as condicións que se tiveron en conta, no seu día, á hora de liquidar a cota tributaria correspondente.

3. A condición de empadroado acreditarase mediante a exhibición de certificación de empadroamento, debidamente expedida polos servizos municipais correspondentes, ao seu nome.

Durante o curso, o concello poderá requirir, en calquera momento, aos usuarios a exhibición novamente do certificado de empadroamento, para comprobar que se manteñen as condicións que se tiveron en conta, no seu día, á hora de liquidar a cota tributaria correspondente.

4. No suposto de que un usuario deixase de reunir a condición de eurocidadán ou de empadroado, aplicaranse as tarifas que resulten aplicables, na súa cota mensual, a partir do mes seguinte a aquel no que se perdera dita condición.

CAPÍTULO SEGUNDO: PISCINA CLIMATIZADA MUNICIPAL

ARTIGO 7: COTAS E TARIFAS

A contía da taxa que regula esta ordenanza fiscal pola utilización dos servizos da piscina climatizada municipal establécese con arranxo ás tarifas mensuais seguintes:

TARIFAS DA PISCINA CLIMATIZADA MUNICIPAL
Concepto
Eurocidadán ou empadroado
Non eurocidadán ou non empadroado
ABONADOS
Abonado individual / matrimonio xubilado
21,00 €
27,00 €
Abonado familiar
28,00 €
36,00 €
Abonado especial (xubilado / desempregado / estudantes)
11,00 €
15,00 €
MATRÍCULA
Abonado familiar / individual / non aboado
28,00 €
36,00 €
Abonado especial (xubilado / desempregado/ estudantes)
14,00 €
18,00 €
CURSOS ABONADOS
Dun día á semana
5,00 €
8,00 €
De dous días á semana
8,00 €
11,00 €
De tres días á semana
11,00 €
15,00 €
De catro días á semana
14,00 €
18,00 €
CURSOS NON ABONADOS
Dun día á semana
14,00 €
19,00 €
De dous días á semana
20,00 €
26,00 €
De tres días á semana
24,00 €
31,00 €
De catro días á semana
29,00 €
37,00 €
BAÑO LIBRE
Entrada libre adulto
3,50 €
5,00 €
Entrada libre infantil
2,90 €
4,00 €
Bono cinco sesións adulto
14,00 €
18,00 €
Bono cinco sesións infantil
11,00 €
15,00 €
LUDOTECA
Sesión
1,40 €
1,75 €

ARTIGO 8: TIPOS DE ABONOS

1. Enténdese incluído, para os efectos deste artigo, na categoría infantil ou de nenos, tanto para as tarifas vixentes para cursos como para entrada libre, a toda persoa ou menor de 15 anos de idade.

2. Enténdese por unidade familiar, para a determinación do ámbito de aplicación do abono familiar, a todos os membros dunha familia que constitúan unha unidade de convivencia, incluíndo a todas as persoas que convivan na mesma residencia, e que reúnan as siguientes condicións:

a) Pais, tanto se están casados coma se son parella de feito.

b) Fillos que sexan estudantes de idade inferior a 21 anos, que se achen en situación de desemprego, recoñecida oficialmente, mediante a súa inscrición nos servizos públicos de emprego.

c) Persoas discapacitadas, de idade superior a 18 anos, que se atopen en situación de dependencia tal que requiran, para o uso dos servizos das instalacións, da axuda doutras persoas.

Entenderase comprendido no abono familiar ás persoas encargadas da súa asistencia e acompañamento, se non formasen parte da unidade familiar de convivencia.

Para a acreditación da existencia dunha unidade familiar de convivencia exixirase:

1º) Acreditación de lazos familiares, mediante certificación de inscrición no Rexistro Municipal de Parellas de Feito e/ou copia do libro de familia, ou documento equivalente, no caso de usuarios estranxeiros.

2º) Acreditación da convivencia familiar, mediante aportación de certificacións de empadroamento e convivencia dos membros da unidade familiar que se vaian beneficiar do abono familiar.

3º) Acreditación, no caso de estudantes, de xustificante de escolarización ou de matriculación en estudos oficiais de ensino regrado e cartilla de desemprego selada, no seu caso.

4º) Acreditación, no caso de persoas con discapacidade, de informe favorable dos servizos sociais municipais, nos que quede acreditado o grao de dependencia que esixe a asistencia doutras persoas.

A aportación da documentación realizarase no momento da alta e, a partir dese momento, durante o mes de xaneiro de cada ano, agás no caso da cartilla de desemprego, que haberá de ser presentada cada tres meses, e no caso do xustificante de escolarización ou matrícula de inscrición en estudos oficiais de ensino regrado, que haberá de ser presentada cada tempada escolar ou de estudos.

Se durante o tempo de vixencia do abono se producise algún cambio ou variación substancial nalgún dos integrantes da unidade familiar de convivencia, poderase dar de baixa de dito abono ao usuario que corresponda.

3. Enténdese por abonado especial, aquelas persoas que sexan estudantes, sempre que sexan de idade inferior a 21 anos, as persoas que se achen en situación de desemprego e as persoas xubiladas ou pensionistas.

O abonado especial desempregado haberá de presentar a cartilla do desemprego selada cada tres meses, para acreditar que continúa en situación de desemprego, procedendo a instalación, en caso contrario, ao cobramento, de oficio, da cota individual.

O abonado especial estudante haberá de presentar o xustificante de escolarización, certificación oficial ou matrícula de inscrición de estudos oificiais de ensino regrado, en cada tempada escolar, procedendo a instalación, en caso contrario, ao cobramento, de oficio, da cota individual.

O abonado especial xubilado ou pensionista, unha vez acreditada dita condición ao inicio da alta, mediante a acreditación da situación de xubilación, non terá necesidade de volver a acreditar a súa condición de pensionista ou xubilado.

4. Todo abonado ten a obriga de comunicar os datos e a información necesaria correspondente, necesaria para o mantemento do tipo de abono que utilice.

En caso de non comunicar os datos e a información adecuada no prazo establecido, a instalación poderá, de oficio, transformar o abono bonificado gozando en abono individual ordinario, de oficio.

Aínda cando o usuario proceda a presentar a documentación posteriormente, non haberá lugar á devolución das cantidades correspondentes pola diferenza nas cotas xa aboadas.

5. A documentación presentada polo usuario para xustificar o cumprimento de todo tipo de requisitos esixidos nesta ordenanza, arquivarase no seu expediente e estará sometida ao cumprimento de todas as normas, en materia de protección de datos de carácter persoal, debéndose, en todo caso, adoptar as medidas oportunas para salvagardar este dereito.

ARTIGO 9: SERVIZOS PARA ABONADOS

1. Os abonados da instalación terán dereito ao uso da instalación en calquera horario e día, á súa elección, como regra xeral.

Emporiso, excepcionalmente, o Servizo Municipal de Deportes poderá establecer límites de horarios á utilización da instalación para os abonados especiais, en atención á carga de usuarios que posúa a instalación, en períodos concretos, de grande afluencia ou demanda de servizos do resto de usuarios.

No caso de que un abonado especial non se suxeite, de forma reiterada, tras requirimento por escrito, aos límites de horarios establecidos para o uso do seu abono, a instalación poderá proceder de oficio ao cambio do tipo de abono.

2. Os abonados terán, entre outros, os seguintes servizos adicionais; ademais do uso e utilización da piscina e os seus vestiarios:

a) Acceso gratuíto ao ximnasio.

b) Acceso gratuíto á zona relax.

c) Prezos reducidos en actividades deportivas de verán.

d) Prioridade e preferencia na asignación de praza para os cursos.

Emporiso, no caso de menores de 15 anos de idade, requirirase o acompañamento de adulto, que se responsabilice do menor, para o acceso á zona relax e á zona da piscina, no caso de que non soubese nadar.

Non se admitirá o acceso de menores de 15 anos de idade á zona de ximnasio, nin sequera baixo acompañamento de maiores de idade que se responsabilicen do menor.

3. Así mesmo, os abonados da instalación terán dereito a determinados servizos que non se acharán á disposición dos non abonados, dependendo das dispoñibilidades da instalación en cada momento, entre eles, os seguintes:

a) Ludoteca, tras a reserva, entendendo como tal o servizo consistente na gardaría de nenos, co fin de facilitar o uso da instalación ao adulto que o teña ao seu coidado.

b) Masaxes.

c) Reserva de determinados servizos ou instalacións (cunha antelación mínima dunha semana).

4. Os abonados da instalación, sen tarxeta de eurocidadán ou non empadroados, disporán dunha tarxeta identificativa da piscina gratuíta, que acreditará a súa condición de socio da instalación para todos os efectos.

Non obstante, no caso de perda, deterioro ou extravío de dita tarxeta identificativa, por causas imputables ao propio abonado, distintas do deterioro polo mero uso, a solicitude de duplicado conlevará o pagamento dunha cantidade única de 3,00 euros, que se aboará en efectivo na propia instalación.

ARTIGO 10: XESTIÓN DE COTAS DE ABONADOS

1. A cota de abonado terá carácter anual, contando a partir do primeiro mes de abono, aínda cando o pagamento se fraccionará por mensualidades, pero, sempre, por períodos adiantados.

A mensualidade abranguerá dende o día 25 dun mes natural até o día 24 do mes natural seguinte.

A cota é irreducible, de tal xeito que a posible redución dos horarios dispoñibles para o uso da instalación durante o mes e xullo de cada ano non dará lugar á redución das cotas que se deban satisfacer durante dita mensualidade.

2. O abonado haberá de satisfacer a cota periódica correspondente, agás cando a instalación permaneza pechada para a revisión xeral anual de toda a instalación e as tarefas de limpeza e mantemento que resultan obrigatorias, por disposición legal.

Calquera outro tipo de peche da instalación que determine a imposibilidade de usar ou utilizar o servizo, excepcionalmente, por causas non imputables ao usuario, poderá dar lugar á non cobranza das cotas periódicas correspondentes, para os abonados, ou á súa devolución, no seu caso, conforme ao sinalado no artigo 25 desta ordenanza.

3. O abono dos recibos efectuarase, exclusivamente, mediante domiciliación bancaria, agás a primeira mensualidade que haberá de satisfacerse na propia instalación, xuntamente co importe da matrícula correspondente ao tipo de abono escollido.

4. As cotas periódicas cobraranse, sempre, por adiantado e o prazo máximo de abono será até o día 25 do mes anterior ou seguinte día hábil.

5. Cando se devolva, pola entidade bancaria o recibo domiciliado, por causas non imputables a este concello, o abonado haberá de satisfacer, en efectivo, na entidade bancaria, o importe do recibo devolto e unha contía adicional de 3,00 euros, en concepto de gastos de xestión adicionais.

Mentres non se proceda ao abono do recibo devolto, o abonado non poderá acceder ao recinto da instalación, agás que aboee as tarifas propias da entrada libre, e, no prazo dun mes, dende a devolución do drecibo, sen ter sido aboado o seu importe, causará baixa definitiva na instalación.

6. Tendo en conta que o artigo 34 da Lei 16/2009, do 13 de novembro, de servizos de pagamento, establece a posibilidade de devolución de recibos domiciliados até nun prazo máximo de oito semanas, contadas a partir do momento do endebedamento dos fondos na conta bancaria do abonado, se dita devolución se producira e este concello non coñecera a devolución até pasado un tempo, constando, emporiso, o uso e utilización, por parte do usuario, dos servizos da instalación, durante dito período, procederase de forma inmediata a acordar a baixa definitiva do usuario, sen máis trámite, sen prexuízo de que se emitan os recibos correspondentes pendentes de pagamento, polos servizos xa utilizados.

7. Os recibos emitidos, que foran devoltos e permanezan pendentes de pagamento, haberán de ser datos de baixa, de oficio, na propia instalación, se consta que o usuario non utilizou e usou a instalación no período a que se refiren.

En caso contrario, remitiranse á Tesouraría municipal, que se encargará de notificalos ao suxeito pasivo e de tramitar o pagamento, en período voluntario, conforme ás disposicións da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, así como de, en caso de non pagamento en período voluntario, dar comezo ao período executivo, mediante o inicio da vía de constrinximento contra o debedor.

8. As baixas poderán ser libremente solicitadas polos abonados que non desexen renovar a cota ou actividade, presentándose na instalación e entregando o carné ou tarxeta identificativa, que acredita a súa condición de socio, para todos os efectos.

Para os non posuidores da tarxeta de eurocidadán ou non empadroados, en caso de non entregar a tarxeta identificativa da piscina, darase de baixa, igualmente, ao abonado, debendo facer efectiva a contía establecida no artigo 9.4 desta ordenanza excepto que non se lle entregase o carné de socio ao usuario con anterioridade.

O abonado que desexe solicitar a baixa deberá comunicalo, antes do día 25 de cada mes, de forma que, unha vez transcorrida esta data, a renovación mensual será automática.

9. Será posible ratear o pagamento do importe do abono mensual, por quincenas, nos casos de altas.

O rateo do primeiro recibo mensual, no caso de altas, producirase cando o usuario solicite a alta, a partir do día 15 dunha mensualidade, pagando só a contía correspondente á última quincena do mes.

ARTIGO 11: NORMAS DE XESTIÓN DE MATRÍCULAS

1. A matrícula só se aboará por unha vez, agás que o abonado causara baixa, en cuxo caso, se volvese a solicitar a alta, haberá de pagar, novamente, o custo da matrícula.

2. O importe da matrícula aboarase, xuntamente co importe do primeiro recibo, na propia instalación e só durante o primeiro mes, de forma que, mentres o abonado se encontre en situación de alta, non se volverá a satisfacer.

3. O custo da matrícula e do primeiro recibo será condición indispensable e previa para o inicio do uso e utilización do servizo e de todos os beneficios asociados á condición de abonado á instalación, de forma que, mentres non se fagan efectivos os correspondentes importes, non procederá o outorgamento da alta, como abonado.

4. Todo abonado que desexe cambiar un tipo de abono por outro poderá efectuar o cambio libremente e sen pagar ningunha contía adicional en concepto de matrícula, agás os cambios de abonado especial a abonado familiar, nos que se requirirá o pagamento da metade do importe da nova matrícula correspondente ao abono familiar.

ARTIGO 12: NORMAS DE XESTIÓN DE CURSOS

1. Para todo o referente á xestión das matrículas dos cursos, rexerán, supletoriamente, con carácter xeral, as normas establecidas para a xestión de cotas de abonados, sinaladas no artigo 10 desta ordenanza, coas especialidades que se sinalan nos apartados seguintes.

A baixa de usuarios de cursos non abonados á instalación, durante os meses de xullo e agosto de cada ano, non dará lugar á obriga de satisfacer novamente o importe do custo da matrícula na tempada de cursos que comece a partir de setembro.

2. Os usuarios poderán cambiar dun curso a outro libremente, se, no novo curso, cuxa utilización se solicita, existisen prazas dispoñibles.

Non obstante, calquera cambio de curso suporá a necesidade de pagar a diferenza de contía, no seu caso, entre a cota correspondente ao novo curso e a cota correspondente ao curso anterior. A mesma disposición será aplicable aos cambios de non abonado, por utilización de cursos, a abonado.

3. O pagamento será, sempre, por adiantado, e realizarase por mensualidades, a través de domiciliación bancaria, agás a primeira mensualidade que se pagará, en efectivo, na propia instalación.

4. A instalación reservarase o dereito de variar ou modificar as condicións dun curso determinado, así como de suspender ou cancelar o curso programado, no caso de que non exista suficiente demanda. En tales supostos, os usuarios xa inscritos poderán ter dereito á devolución dos importes que, no seu caso, satisfaceran.

5. Para o acceso a prazas, nos cursos organizados pola instalación, terán preferencia, sempre, sobre os demais usuarios, os abonados á instalación, e, dentro dos usuarios non abonados, obterán prioridade os usuarios empadroados neste concello.

Desta forma, en caso de existir cursos cunha forte demanda de prazas, sendo estas limitadas, formaranse listas de espera, para o caso de baixas sobrevidas, durante o período de duración do curso. Ditas listas de espera distinguirán as seguintes ordes de prioridade:

       a). Solicitantes abonados.
       b). Solicitantes non abonados que posúan a tarxeta de eurocidadán ou acrediten o seu empadroamento, mediante o correspondente certificado.
       c). Solicitantes non abonados que non posúan a tarxeta de eurocidadán ou que non se encontren empadroados.

       Estas normas de prioridade rexen para establecer ordes de preferencia no acceso aos cusos organizados pola instalación. Unha vez obtida a praza, no curso de que se trate, non se poderá revogar o disfrute do curso, en atención á existencia doutros demandantes de praza, en lista de espera, con maior prioridade.

6. Así mesmo, terán dereito de reserva de praza nos cursos organizados pola instalación, os abonados inscritos no curso anterior, que manteñan a súa participación no curso até a súa finalización e que manteñan o seu abono en vigor dende a finalización do curso anterior até o inicio do curso seguinte.

O exercicio deste dereito poderá estar limitado nas mesmas datas e horarios que o ano anterior, sen prexuízo do decaemento da reserva en caso de desaparición do curso para a nova tempada.

7. O usuario do curso poderá tramitar a baixa en dito curso cando o desexe, conforme ás normas establecidas no artigo 10.8, na medida en que resulten aplicables.

Non obstante, a instalación tramitará a baixa, de oficio, nos cursos realizados na sala aeróbica e na piscina, cando o usuario falte á asistencia da metade das clases mensuais comprometidas, agás que existan causas de enfermidade ou de forza maior, debidamente acreditadas.

ARTIGO 13: NORMAS DE XESTIÓN DE BAÑO LIBRE

1. O pagamento das tarifas por baño libre terá lugar no momento de recoller a entrada na instalación, para os usuarios non abonados, nin inscritos en ningún curso.

2. As entradas de baño libre, tanto as simples como os bonos de varias sesións, dan dereito ao uso e utilización da piscina e os seus vestiarios, ademais de acceso gratuíto á área de ximnasio e á zona relax.

3. Os bonos de varias sesións caducarán aos dous meses da súa adquisición, sen que sexa opoñible ningunha causa á súa falta de utilización nun momento anterior.

CAPÍTULO TERCEIRO: PISCINAS DESCUBERTAS MUNICIPAIS DE VERÁN

ARTIGO 14: COTAS E TARIFAS

1. A contía das taxas pola utilización, uso e gozo dos servizos das piscinas descubertas municipais de verán establecerase en función das tarifas seguintes:

TARIFAS DAS PISCINAS DESCUBERTAS MUNICIPAIS DE VERÁN
Concepto
Eurocidadán ou empadroado
Non eurocidadán ou non empadroado
ENTRADA LIBRE
Adulto
1,40 €
1,75 €
Infantil
0,75 €
0,90 €
BONO MENSUAL
Adulto
25,00 €
32,00 €
Infantil
12,00 €
16,00 €
BONO TEMPADA
Adulto
59,00 €
75,00 €
Infantil
29,00 €
38,00 €

2. Enténdese incluído, para os efectos deste artigo, na categoría infantil, a toda persoa con idade comprendida entre os 2 anos e os 14 anos cumpridos.

Poderán acceder ao recinto da instalación de forma gratuíta os nenos de idade inferior a 2 anos e as persoas discapacitadas ou minusválidas que se atopen en situación de dependencia tal que requiran, para o uso dos servizos das instalacións, da asistencia e acompañamento doutras persoas.

3. Conforme ao establecido no artigo 10.2 desta ordenanza, os abonados á instalación da piscina climatizada municipal obterán acceso gratuíto, polo período que dura o peche ordinario da instalación, para a realización de tarefas periódicas obrigatorias de revisión xeral e de mantemento, e durante todo o tempo en que a piscina climatizada municipal puidese estar pechada, por circunstancias extraordinarias, para a entrada ás instalacións das piscinas descubertas municipais de verán, sempre que estas instalacións estivesen abertas.

Para iso, será suficiente coa presentación física da tarxeta de eurociudadán, do certificado de empadroamento ou da tarxeta identificativa da piscina, que acredita a condición de abonado da piscina climatizada municipal, no momento do acceso á instalación, debendo coidar os servizos municipais de que dito carné ou tarxeta identificativa continúe en vigor á data do seu uso.

En caso de non poder exhibir, materialmente, o documento acreditativo da condición de abonado da piscina climatizada municipal, o usuario haberá de satisfacer o importe da tarifa correspondente á entrada libre, como requisito previo para o acceso ao recinto da instalación.

4. Os abonos mensuais darán dereito á utilización das instalacións desde a data en que se efectúe o abono até a mesma data do mes seguinte.

5. Os abonos de tempada darán dereito á utilización das instalacións durante toda a tempada de verán, dende a data de apertura até a data de peche da instalación.

ARTIGO 15: NORMAS DE XESTIÓN

1. O pagamento dos abonos mensuais e de tempada realizaranse na instalación da piscina climatizada municipal, antes de comezar a tempada de apertura, ou das piscinas descubertas municipais de verán, unha vez comezada dita tempada, antes do primeiro día do período no que deban xurdir efectos.

2. O pagamento da entrada libre terá lugar no mesmo momento de recoller a entrada na instalación.
       
3. Calquera saída do recinto das piscinas descubertas municipais de verán suporá a necesidade de volver a pagar as tarifas propias da entrada libre, para poder volver a acceder ao interior da instalación, nun momento posterior, aínda que a saída e posterior entrada se realizasen no mesmo día.

CAPÍTULO CUARTO: PAVILLÓN MUNICIPAL DE DEPORTES

ARTIGO 16: COTAS E TARIFAS

1. A contía das taxas pola utilización, uso e gozo dos servizos do pavillón municipal de deportes establecerase en función das tarifas seguintes:

TARIFAS DO PAVILLÓN MUNICIPAL DE DEPORTES
UTILIZACIÓN PARA FINS DEPORTIVOS
Concepto
Importe por hora ou fracción
Reserva
Iluminación
Eurocidadán ou empadroado
Non eurocidadán ou non empadroado
Pista pavillón
Sen iluminación
10,00 €
12,50 €
Con iluminación
15,00 €
18,80 €
Frontón
Sen iluminación
3,00 €
3,80 €
Con iluminación
5,00 €
6,30 €
UTILIZACIÓN PARA FINS EXTRADEPORTIVOS
Concepto
Importe por día
Reserva da instalación
750,00 €

Enténdese por utilización de instalacións para fins extradeportivos, calquera uso ou utilización da totalidade ou unha parte importante da instalación, para calquera evento ou reunión de masas, promovida por persoa ou entidade distinta do concello, con destino a grandes concentracións de persoas.

ARTIGO 17: NORMAS DE XESTIÓN

1. O pagamento das entradas terá lugar no mesmo momento de recoller a entrada na instalación.

2. As entradas serán entregadas pola Tesouraría municipal, debidamente seladas, tras a formalización do correspondente prego de cargo, cuxa liquidación servirá de base para o control e fiscalización, por parte do Servizo Municipal de Intervención.

3. A cantidade establecida pola utilización, o uso e o gozo da instalación para fins extradeportivos, enténdese por cada uso ou utilización que se realice e satisfarase por adiantado.

Para iso, será necesaria, en todo caso, a formalización previa da garantía, en calquera das formas admitidas en dereito, na contía fixada polos Servizos Técnicos Municipais, segundo o tipo de evento e a afluencia esperada á instalación para responder polos posibles danos ocasionados ás instalacións municipais, así como a autorización de uso, por Decreto da Alcaldía, unha vez realizados os anteriores trámites.

CAPÍTULO QUINTO: PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DE A GRANXA

ARTIGO 18: COTAS E TARIFAS

1. A contía das taxas pola utilización, uso e gozo dos servizos do pavillón polideportivo municipal de A Granxa establecerase en función das tarifas seguintes:

TARIFAS DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DE A GRANXA
UTILIZACIÓN PARA FINS DEPORTIVOS
Concepto
Iluminación
Tarifas por hora ou fracción
Eurocidadán ou empadroado
Non eurocidadán ou non empadroado
Campo de fútbol 11
(Herba artificial)
Sen iluminación
40,00 €
50,00 €
Con iluminación
50,00 €
62,50 €
Campo de fútbol 7
(Herba artificial)
Sen iluminación
30,00 €
37,50 €
Con iluminación
39,00 €
48,80 €
Pista de pádel /
Pista de tenis
Sen iluminación
3,00 €
3,80 €
Con iluminación
5,00 €
6,30 €
Pista de pavillón
Sen iluminación
10,00 €
12,50 €
Con iluminación
15,00 €
18,80 €
Concepto
Iluminación
Tarifa por dúas horas
Eurocidadán ou empadroado
Non eurocidadán ou non empadroado
Partido de fútbol
Sen iluminación
50,00 €
62,50 €
Con iluminación
65,00 €
81,30 €
UTILIZACIÓN PARA FINS DE COMPETICIÓN OFICIAL
Concepto
Iluminación
Tarifas por hora ou fracción
Eurocidadán ou empadroado
Non eurocidadán ou non empadroado
Campo de fútbol 7
(Herba artificial)
Sen iluminación
50,00 €
62,50 €
Con iluminación
60,00 €
75,00 €
Pista de pádel /
Pista de tenis
Sen iluminación
3,00 €
3,80 €
Con iluminación
5,00 €
6,30 €
Pista de pavillón
Sen iluminación
10,00 €
12,50 €
Con iluminación
15,00 €
18,80 €
Concepto
Iluminación
Tarifa por dúas horas
Eurocidadán ou empadroado
Non eurocidadán ou non empadroado
Partido de fútbol
Sen iluminación
80,00 €
100,00 €
Con iluminación
95,00 €
118,80 €
UTILIZACIÓN PARA FINS EXTRADEPORTIVOS
Concepto
Importe por día
Reserva da instalación
750,00 €

2. Enténdese por utilización de instalacións para fins deportivos de competición oficial calquera uso ou utilización da totalidade ou unha parte importante da instalación, por persoa ou entidade distinta do concello, para a realización de encontros, partidos ou outras actividades deportivas, enmarcadas no seo dunha competición oficial, para cuxa asistencia se cobre entrada.

3. Enténdese por utilización de instalacións para fins extradeportivos calquera uso ou utilización da totalidade ou unha parte importante da instalación, para calquera evento ou reunión de masas, promovida por persoa ou entidade distinta do concello, con destino a grandes concentracións de persoas, se cobre ou non entrada.

ARTIGO 19: NORMAS DE XESTIÓN

Serán aplicables, con carácter xeral, as mesmas normas que as sinaladas no artigo 17 desta ordenanza.

CAPÍTULO SEXTO: ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS E ESCOLAS DE VERÁN

ARTIGO 20: COTAS E TARIFAS

1. A contía das taxas pola utilización, uso e gozo dos servizos das escolas deportivas municipais e das escolas municipaisde verán establecerase en función das seguintes tarifas por tempada:

TARIFAS DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS E ESCOLAS MUNICIPAIS DE VERÁN
CONCEPTO
EUROCIDADÁN OU EMPADROADO
NON EUROCIDADÁN OU NON EMPADROADO
ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
Reserva de praza xeral
70,60 €
100,00 €
ESCOLAS DEPORTIVAS DE FÚTBOL
Reserva de praza escolas de fútbol
120,00 €
150,00 €
ESCOLAS DEPORTIVAS DE VERÁN
CINCO DÍAS Á SEMANA
Reserva de praza para tempada completa
100,00 €
125,00 €
Reserva de praza para mensualidade
56,50 €
70,60 €
Reserva de praza para quincena
30,00 €
40,00 €
TRES DÍAS Á SEMANA
Reserva de praza para tempada completa
56,50 €
70,60 €
Reserva de praza para mensualidade
30,00 €
40,00 €
Reserva de praza para quincena
30,00 €
40,00 €

O pagamento da taxa pola utilización, uso e gozo dos servizos das escolas deportivas municipais dará dereito ao uso e utilización do servizo, dende a data de inicio das actividades até a súa finalización.

3. O pagamento da ta xa pola utilización dos servizos das escolas municipais de verán dará dereito ao uso e utilización do servizo, de conformidade co calendario establecido polo Servizo Municipal de Deportes, segundo a programación de actividades e cursos que se efectúen, en cada exercicio e tempada.

ARTIGO 21: NORMAS DE XESTIÓN

1. O pagamento das taxas por matrícula ou inscrición nas escolas deportivas municipais e escolas municipais de verán efectuarase na entidade bancaria correspondente, mediante ingreso da contía da tarifa na conta bancaria de titularidade municipal.

2. O recibo de ingreso da contía da tarifa na conta bancaria de titularidade municipal, emitido pola entidade bancaria, haberá de facer constar, necesariamente, a identidade do beneficiario do curso, no caso de que o pagador sexa persoa distinta.

3. O suxeito beneficiario ou pagador, segundo o caso, xustificará, perante o encargado responsable do servizo, o pagamento da taxa, co fin de que se proceda a dar de alta ao alumno ou alumnos, no curso ou cursos en que desexe matricularse.

4. Para a asignación de prazas nos cursos organizados nas escolas deportivas municipais ou nas escolas municipais de verán, terán preferencia, sempre sobre os demais usuarios, os posuidores da tarxeta de eurocidadán e empadroados.

Estas normas de prioridade rexen para establecer ordes de preferencia no acceso aos cursos organizados polas escolas deportivas municipais e escolas municipais de verán. Unha vez asignada a praza, no curso de que se trate, non poderá revogarse o gozo do curso, en atención á existencia doutros demandantes de praza sobrevidos posteriormente, en lista de espera, con maior orde de preferencia, en atención ao seu empadroamento.

CAPÍTULO SÉTIMO: REXIMES ESPECIAIS BONIFICADOS DE TARIFAS

ARTIGO 22: COLECTIVOS ESCOLARES E INSTITUCIÓNS SEN FINS DE LUCRO

1. En caso de actividades organizadas por institucións escolares e asociacións sen ánimo de lucro, poderase acordar un réxime especial de tarifas bonificadas, caracterizado polas seguintes particularidades:

A) Redución de taxas por matriculación de até un 100%

B) Redución de taxas por cursos de até un 50%, en caso de adultos, e de até un 60% en caso de tarifas infantís e especiais para xubilados.

2. Será requisito indispensable, para iso, a formalización previa de convenio de colaboración, que será aprobado polo Pleno desta corporación, uníndose, como a nexo, ao texto da presente ordenanza fiscal.

ARTIGO 23: PROMOCIÓN DE ACTIVIDADES

1. Co fin de promocionar as actividades propias das piscinas de titularidade municipal, poderase acordar un réxime especial de tarifas bonificadas, que se caracterizará polas seguintes particularidades:

A) Redución de taxas por matriculación de até un 100%

B) Redución de taxas por cursos de até un 25%, no caso de adultos, e de até un 30% no caso de tarifas infantís e especiais para xubilados.

2. Os fins promocionais só poderán acordarse por un período de tempo determinado, que, en ningún caso, poderá sobrepasar, como máximo, a duración de dous meses.

3. En todo caso, este réxime especial haberá de ser sometido a decisión do Pleno da corporación, concretando, especificamente, as tarifas propias do período promocional, dentro dos límites, máximos e mínimos, fixados nesta ordenanza.

TÍTULO SEXTO: BENEFICIOS FISCAIS

ARTIGO 24: EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS

Non se recoñecen máis exencións e bonificacións na presente ordenanza fiscal, que aquelas que se establecen nas leis e nos tratados internacionais.

TÍTULO SÉTIMO: NORMAS DE XESTIÓN

ARTIGO 25: DEVOLUCIÓNS

1. Cando, por causas non imputables ao suxeito pasivo, o servizo non se preste ou realice, procederá a devolución do importe correspondente.

Esta devolución non procederá naqueles supostos no que o peche da instalación sexa considerado como peche ordinario, de carácter periódico, e obrigatorio, por aplicación de disposición legal, como requisito indispensable para poder seguir prestando o servizo, en condicións adecuadas, durante o resto do ano.

2. Non haberá lugar á devolución de ningún importe cando o servizo non se use ou utilice, por causa imputable ao propio usuario, chegando, para iso, coa obriga municipal de poñer á disposición do usuario a instalación e os medios necesarios para utilizar a actividade de que se trate.

ARTIGO 26: NORMAS ESPECIAIS DE XESTIÓN

1. As normas de xestión a que se refire esta ordenanza fiscal, poderán ter carácter supletorio cando existan convenios de colaboración con entidades ou institucións, co fin de simplificar o cumprimento das obrigas formais e materiais, derivadas da taxa ou dos seus procedementos de liquidación ou recadación.

2. Haberá de darse coñecemento de ditos convenios ou normas especiais ao Servizo Municipal de Intervención, engadindo ditos convenios, como anexo, á presente ordenanza.

ARTIGO 27: CONVENIOS

Todo convenio previsto nesta ordenanza fiscal haberá de contar coa fe pública da Secretaría municipal.

TÍTULO OITAVO: INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

ARTIGO 28: INFRACCIÓNS E SANCIÓNS

En todo o relativo a infraccións e sancións tributarias, estarase ao disposto na Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria e nas disposicións complementarias e demais normativa concordante, que, ditada na súa aplicación e desenvolvemento, poida resultar de aplicación.

TÍTULO NOVENO: RESPONSABILIDADES

ARTIGO 29: RESPONSABILIDADES E DANOS

1. En caso de producirse danos á instalación, non debidos ao seu mero uso e utilización, senón á falta de dilixencia dos usuarios da instalación, ditos usuarios estarán obrigados a reembolsar, en todo caso, a contía dos danos ou estragos que ocasionasen.

2. Ningunha instalación deportiva municipal se fará responsable das pertenzas que non se garden no armario correspondente.

3. Os usuarios que pidan a chave do armario faranse responsables tanto da chave como da moeda, de forma que, en caso de perda, extravío ou deterioración que impida a súa posterior utilización, os usuarios terán que repoñer a moeda ou pagar a contía da chave.

4. Os usuarios das instalacións deportivas municipais poderán utilizar as máquinas e elementos que posúa a instalación para a realización das súas actividades deportivas libremente, mentres non estean sendo utilizados por outros usuarios.

Presumirase o coñecemento, por parte do usuario, do funcionamento das máquinas e elementos existentes para a práctica deportiva, e, en caso contrario, o usuario haberá de informarse, perante o persoal da instalación, sobre o seu manexo e correcta utilización, non sendo responsable este concello dos danos que se ocasionen pola incorrecta utilización das máquinas e elementos, se se incumpriran estas normas.

DISPOSICIÓN TRANSITORIA:

1. Os usuarios actuais da piscina climatizada municipal ou das escolas deportivas municipais que estean gozando de cursos ou beneficios, que, con arranxo ás novas condicións establecidas non puidesen utilizar, seguirán realizando o curso no que se matricularon ou o beneficio outorgado, nas condicións establecidas no seu día, sendo as variacións aplicables a partir do inicio da próxima tempada.

2. Non obstante, as novas tarifas serán de aplicación dende o día seguinte á publicación íntegra do texto da presente ordenanza fiscal no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

DISPOSICIÓN DERROGATORIA ÚNICA:

1. Quedan derrogadas, expresamente, as seguintes ordenanzas fiscais:

- Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación de servizos nas piscinas, publicada no Boletín Oficial da Provincia de Ourense número 7, de data 10 de xaneiro de 2004.

- Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación de servizos nas instalacións deportivas municipais e outros servizos análogos, publicada no Boletín Oficial da Provincia de Ourense número 55, de data 8 de marzo de 2000.

- Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación de servizos nas escolas deportivas municipais, publicada no Boletín Oficial da Provincia de Ourense número 55, de data 8 de marzo de 2000.

- Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo público da utilización, uso e gozo das instalacións deportivas, piscinas e casas de baño de titularidade municipal, publicada no Boletín Oficial da Provincia de Ourense número 163 de data 19.07.2010.

-  Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo público da utilización, uso e gozo das instalacións deportivas, piscinas e casas de baño de titularidade municipal, publicada no Boletín Oficial da Provincia de Ourense número 126 de data 4 de xuño de 2012.

2. Así mesmo, quedan derrogadas cantas outras normas ou disposicións aprobadas anteriormente por este concello que se opoñan ou que, de calquera modo, contradigan o disposto na presente ordenanza fiscal.

DISPOSICIÓN FINAL:

A presente ordenanza fiscal entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, permanecendo en vigor até a súa modificación ou derrogación expresas.

O alcalde: Juan Manuel Jiménez Morán
A secretaria: Pilar del Carmen Saborido Díaz


DILIXENCIA: Para facer constar que a precedente ordenanza publicouse integramente no Boletín Oficial da Provincia de Ourense número 109 de data 15.5.2015.

A secretaria: Pilar del Carmen Saborido Díaz