Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Secretaría Ord. Fiscais: Taxas ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA RECOLLIDA E RETIRADA DE VEHICULOS NA VÍA PÚBLICA.
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA RECOLLIDA E RETIRADA DE VEHICULOS NA VÍA PÚBLICA. PDF Imprimir Correo-e


RETIRADA DE VEHÍCULOS DA VÍA PÚBLICA.htm

CAPÍTULO I.


CONCEPTOS XERAIS:


ART. 1º.- NATUREZA E FUNDAMENTO.


En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo da Lei 7/1985 do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 e 26 da Lei 39/1988 ,do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, e do disposto nos artigos 38,70 e 71 do Texto articulado da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial, aprobado por Real decreto lexislativo 339/1990, do 2 de marzo, coas modificacións introducidas nel mediante a Lei 5/1997, do 24 de marzo, establécese a taxa pola retirada de vehículos das vías públicas que se regulará por medio da presente ordenanza.


ART. 2º.- FEITO IMPOÑIBLE


1.- Constitúe o feito impoñible desta taxa a prestación dos servizos municipais con independencia da súa forma  de xestión, que o concello estea obrigado a desenvolver con motivo da  retirada de vehículos das vías públicas ordenada pola autoridade competente ou decidida polos axentes da Policía Local no exercicio das súas funcións de control do tráfico e seguridade vial, a través do servizo do guindastre municipal e o seu posterior traslado ao  depósito municipal de vehículos, como consecuencia de que se estea producindo o estacionamento nas vías públicas de xeito antirregulamentario dalgún vehículo que impida ou dificulte gravemente a circulación doutros ou dos peóns infrinxindo as normas establecidas no artigo 292, parágrafos 2 e 3 do Código da  circulación, na Lei de tráfico e seguridade vial e o seu regulamento e na ordenanza municipal de circulación, nas seguintes circunstancias:


a) Por requirimento das autoridades xudiciais ou administrativas.


b) Cando inmobilizado un vehículo por axentes de tráfico e polos motivos sinalados no parágrafo 1 do artigo 292 do Código da circulación ou normas que o substitúan, transcorran máis de  48  horas  sen  que  o  condutor  ou propietario  corrixan as deficiencias ou retiren o vehículo.


c)  Vehículos abandonados na vía pública ou terreos adxacentes.


d) Vehículos que obstaculicen ou entorpezan a circulación.


2.- O feito impoñible tamén está constituído pola inmobilización por medio dun procedemento mecánico que impida a circulación dos vehículos estacionados de forma irregular sen perturbar gravemente a circulación.


ART. 3º.- SUXEITOS PASIVOS E RESPONSABLES


1.-  Son suxeitos pasivos desta taxa as persoas físicas e xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria que sexan obxecto da retirada ou depósito do vehículo do que se trate, agás no caso da súa utilización ilexítima acreditada, suposto no cal o suxeito pasivo, será o seu usuario.


2.- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas sinaladas nos artigos 38.1 e  39 da Lei xeral tributaria.


3.- Responderán subsidiariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou  liquidadores  de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.


ART.  4º.-  PERCEPCIÓN DA TAXA E OBRIGA DE CONTRIBUÍR


1.-  O dereito de percibir esta taxa e, polo tanto, o nacemento da  obriga de contribuír prodúcense co comezo da prestación do  servizo.


2.-  Para que o concello teña o dereito de percibir esta taxa, chega simplemente con que se inicien materialmente as operacións  de retirada do vehículo que estea obstaculizando a vía pública e a circulación, con independencia de que o interesado compareza logo e adopte as medidas correspondentes que impidan a retirada e traslado do vehículo ao depósito municipal, sen prexuízo, neste último suposto de que poidan aplicarse cotas reducidas.


ART. 5º.- BASE IMPOÑIBLE


A base impoñible das taxas reguladas na presente ordenanza está constituída polo resultado de aplicar os tipos de gravame establecidos na tarifa á clase de servizo prestado, tendo en conta a súa duración.


A base liquidable coincidirá coa impoñible, agás os supostos en que sexa de aplicación a redución que prevé o artigo 7º.

     

ART. 6º.- EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS


Estarán exentos do pagamento das taxas polos servizos regulados na presente ordenanza os traslados de vehículos que sexa preciso retirar das vías públicas no caso de substraccións ou outras formas de utilización do vehículo en contra da vontade do seu titular, debidamente xustificadas e nos supostos establecidos na normativa circulatoria aplicable.


ART. 7º.- TARIFAS


1. As tarifas que satisfarán os usuarios do servizo serán as seguintes:


1º). Retirada e traslado ao depósito municipal, por cada vehículo:


CONCEPTO

IMPORTE

A). Intervención do servizo de guindastre sen retirada ou traslado do vehículo, agás vehículos xa calzados para o seu remolque.

a). Motocicletas, bicicletas, motocarros e vehículos análogos.

11,00 €

b). Automóbiles, furgonetas e vehículos análogos de peso igual ou inferior a 1.100 quilos.

26,00 €

c). Automóbiles, camións, tractores, remolques, furgonetas e vehículos análogos de peso superior a 1.100 quilos e inferior a 2.500 quilos.

38,00 €

d). Camións e vehículos de peso igual ou superior a 2.500 quilos.

150,00 €

B). Intervención do servizo de guindastre con retirada ou traslado do vehículo ao depósito municipal de vehículos.

a). Motocicletas, bicicletas, motocarros e vehículos análogos.

22,00 €

b). Automóbiles, furgonetas e vehículos análogos de peso igual ou inferior a 1.100 quilos.

53,00 €

c). Automóbiles, camións, tractores, remolques, furgonetas e vehículos análogos de peso superior a 1.100 quilos e inferior a 2.500 quilos.

76,00 €

d). Camións e vehículos de peso igual ou superior a 2.500 quilos.

150,00 €


2º). Depósito municipal de vehículos, por día ou fracción:


CONCEPTO

IMPORTE

a). Motocicletas, bicicletas, motocarros e vehículos análogos.

2,00 €

b). Automóbiles, furgonetas e vehículos análogos de peso igual ou inferior a 1.100 quilos.

3,00 €

c). Automóbiles, camións, tractores, remolques, furgonetas e vehículos análogos de peso superior a 1.100 quilos e inferior a 2.500 quilos.

7,00 €

d). Camións e vehículos de peso igual ou superior a 2.500 quilos.

22,00 €


3º). Inmobilización de vehículos:


CONCEPTO

IMPORTE

a). Motocicletas, bicicletas, motocarros e vehículos análogos.

7,00 €

b). Automóbiles, furgonetas e vehículos análogos de peso igual ou inferior a 1.100 quilos.

20,00 €

c). Automóbiles, camións, tractores, remolques, furgonetas e vehículos análogos de peso superior a 1.100 quilos e inferior a 2.500 quilos.

30,00 €

d). Camións e vehículos de peso igual ou superior a 2.500 quilos.

67,00 €


2. Nas tarifas anteriores enténdense incluídos os gastos de aparellos mecánicos, depósito e custodia de vehículos e persoal municipal necesario.


3. Con carácter xeral, os gastos orixinados pola retirada ou inmobilización de calquera vehículo serán por conta do seu titular, que terá que aboalos ou garantir o seu pagamento, como requisito previo á devolución do vehículo, sen prexuízo de que poida repercutilos no responsable do accidente, do abandono do vehículo ou da infracción que deu lugar á recollida e posterior retirada.


CAPÍTULO II


NORMAS DE XESTIÓN              

                                                           

ART. 8º .- LIQUIDACIÓN E INGRESO


1.- No momento en que o interesado proceda á retirada do vehículo do depósito, o encargado deste practicará liquidación polo traslado e percibirá o seu importe do suxeito pasivo ingresándoo na Tesouraría municipal.


2.- Semanalmente, a Policía Local, ingresará na Tesouraría o importe do recadado en aplicación da taxa que regula  esta  ordenanza, acompañando xustificantes dos servizos prestados.                                        


ART.  9º .- OUTRAS NORMAS DE XESTIÓN E ACTUACIÓN


1.- Trasladado un vehículo ao depósito municipal, o seu titular será requirido para que proceda á súa retirada  no prazo de un mes, tras o pagamento do importe das taxas, e de non o facer, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, podendo o vehículo de que se trate ser obxecto de embargo e vendido en poxa pública, seguíndose para os efectos a normativa de aplicación a tales supostos.


2.-  Non serán devoltos aos seus propietarios os vehículos que fosen obxecto da recollida sen facer antes efectivas as taxas correspondentes, o cal, é independente e non exclúe o pagamento das multas que procedesen por infracción das normas de circulación e policía urbana.


3.- Cando os titulares dos vehículos ou os seus domicilios fosen descoñecidos, para realizar as notificacións  a  que  houbese  lugar,  terase  en  conta  o disposto  pola  Lei  30/1992,  do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.


ART. 10º .- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS


En todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias a que poida dar lugar a aplicación desta ordenanza, así como, as sancións que lles correspondan, estarase en cada caso, ao disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.


DISPOSICIÓN   DERROGATORIA


Queda derrogado o texto da ordenanza fiscal n.11 reguladora da taxa pola recollida de vehículos da vía pública e inmobilización de vehículos mal estacionados aprobado polo Pleno da Corporación na súa sesión de data 31 de outubro de 1989 e publicado no Boletín Oficial da Provincia n. 301 do 30.12.89.


DISPOSICIÓN FINAL


A presente ordenanza foi aprobada provisionalmente polo Pleno  e  sometida  a  información pública sen que se presentasen alegacións ou reclamacións, polo que dita aprobación queda convertida en definitiva, iniciándose a súa aplicación a partir do día seguinte á súa publicación íntegra no BOP, permanecendo vixente até a súa modificación ou derrogación expresas.


O alcalde - Juan Manuel Jiménez Morán

 A secretaria - Pilar del Carmen Saborido Díaz


DILIXENCIA: para facer constar que a precedente ordenanza publicouse integramente no BOP de Ourense número 156 de data 9 de xullo de 2013. A secretaria - Pilar del Carmen Saborido Díaz