Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Secretaría Ord. Fiscais: Taxas ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACION DE SERVICIOS NA ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS.
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACION DE SERVICIOS NA ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS. PDF Imprimir Correo-e

Artes de Oficios.htm


ARTIGO 1: FUNDAMENTO E NATUREZA XURÍDICA


En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e os artigos 4 e 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este concello establece a taxa pola prestación de servizos públicos culturais na Escola Municipal de Artes e Oficios, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, cuxas normas atenden ao prevido nos artigos 20 e seguintes do citado Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.


ARTIGO 2: FEITO IMPOÑIBLE


1. Constitúe o feito impoñible deste tributo, a prestación de servizos públicos culturais na Escola Municipal de Artes e Oficios.


2. Os servizos públicos culturais contemplados no apartado anterior comprenderá, sen prexuízo de futuras ampliacións, cambios ou variacións futuras, en función da demanda existente:


- Ensinanzas de iniciación: iniciación ás artes plásticas.

- Ensinanzas de especialidades: talla, cerámica, pintura e pastel.


ARTIGO 3: PERÍODO IMPOSITIVO E OBRIGA DE CONTRIBUÍR


1. O período impositivo coincidirá co curso anual de cada tempada de estudos.


2. A obriga de contribuír nace co inicio da prestación dos servizos públicos, aínda cando poderá esixirse o depósito previo ou anticipación de todo ou parte do seu importe, no momento de presentarse a correspondente solicitude de inscrición ou matrícula.


ARTIGO 4: DEVINDICACIÓN


1. A taxa devindícase, na súa totalidade, no momento de presentarse a solicitude de inscrición ou matrícula.


2. A inscrición implica o compromiso firme de pagamento da totalidade do importe dos dereitos de matrícula previstos nesta ordenanza, aínda cando se acorde o adiamento ou fraccionamento da contía total, en varias cotas, durante o curso.


3. A inasistencia, renuncia posterior, imposibilidade sobrevida de asistencia, por causa non imputable ao concello, ou calquera outra forma de finalización anticipada do goce do servizo, imputable ao suxeito pasivo, implicará, de forma automática, o vencemento da totalidade das cotas adiadas, no seu caso, sen que poida conlevar rateo de cotas, en ningún caso, ou anulación de todo ou parte da débeda tributaria devindicada con motivo da matrícula.


ARTIGO 5: SUXEITOS PASIVOS


1. Serán suxeitos pasivos, obrigados ao pagamento da taxa, que regula esta ordenanza fiscal, todas as persoas físicas e xurídicas e demais entidades sen personalidade xurídica propia, a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, que utilicen, gocen ou se beneficien dos servizos ou actividades que se presten ou realicen na Escola Municipal de Artes e Oficios.


2. Presumirase, a todos os efectos, que reúne a condición de suxeito pasivo, o solicitante dos servizos culturais, segundo os datos que consten na solicitude de inscrición ou matrícula.


3. No caso de solicitudes de inscrición ou matrícula para alumnos menores de idade, a solicitude haberá de especificar, necesariamente, como solicitante, aos representantes legais, na súa condición de pais, titores ou gardadores, que asumirán, a todos os efectos, a condición de suxeitos pasivos.


ARTIGO 6: BASE IMPOÑIBLE E BASE LIQUIDABLE


1. A base impoñible virá establecida pola tarifa que, con carácter fixo, aparece establecida nesta ordenanza fiscal.


2. A cota tributaria que satisfará o contribuínte consistirá nunha contía fixa, por alumno e curso, con arranxo ao seguinte detalle:


CADRO DE TARIFAS

CONDICIÓN DE EUROCIDADÁNOU DE EMPADROADO

CONCEPTO

POSUÍDOR

NON POSUÍDOR

1.- Matrícula básica de iniciación.

66,00 €

83,00 €

2.- Matrícula básica de especialidades

140,00 €

175,00 €


ARTIGO 7: BONIFICACIÓNS FISCAIS


1. Recoñécense, na presente ordenanza fiscal, as seguintes bonificacións:


a) Familia numerosa:  20,00%.

b) Segundo membro da familia matriculado: 35,00%

c) Familia con circunstancias socioeconómicas adversas: 25,00%-50,00%.


2. Será necesaria a presentación de copia do libro de familia ou documento equivalente e de certificación de convivencia para gozar das bonificacións sinaladas nas letras a) e b) do primeiro apartado deste artigo.


3. O alumno perde o dereito a calquera tipo de bonificación fiscal cando teña máis dunha falta sen xustificar, en calquera dos tres trimestres do curso, en calquera das disciplinas que estude, debendo pagar a liquidación complementaria correspondente, por decaemento do seu dereito á bonificación gozada, para poder seguir a formación con normalidade.


4. Para acceder a esta bonificación teranse que cumprir, conxuntamente, as seguintes condicións:


a) Que a renda per cápita familiar non supere os 9.000,00 euros brutos anuais, entendendo como renda per cápita, a renda da unidade familiar de convivencia dividida entre o número de membros da unidade familiar computables


No caso de familias monoparentais, a bonificación será do 50,00%, cando a renda per cápita sexa igual ou inferior a 6.000,00 euros brutos anuais e, noutro caso, a bonificación será do 25,00%, co límite máximo de 9.000,00 euros brutos anuais.


No caso de familias non monoparentais, a bonificación será do 50,00%, cando a renda per cápita sexa igual ou inferior a 5.400,00 euros brutos anuais e, noutro caso, a bonificación será do 25,00%, co límite máximo de 9.000,00 euros brutos anuais.


Excepcionalmente, mediante informe favorable dos Servizos Sociais Municipais, poderá procederse a incrementar a porcentaxe de bonificación até o 50,00%, incluso aínda cando non se cumpran os requisitos necesarios de contía de renda per cápita, establecidos anteriormente.


b) Para aplicar esta bonificación no primeiro ano de pertenza ao centro, será indispensable que o futuro alumno, cando se inscriba, presente un documento asinado polo titor do centro educativo no que segue estudos obrigatorios, no que acredite que destaca polas súas aptitudes e pola súa capacidade para poder seguir uns estudos aos que terá que dedicar un tempo complementario ao da xornada escolar regrada.


c) O alumnado que desexe continuar estudos na Escola Municipal de Artes e Oficios e facer uso desta bonificación fiscal, deberá ter superado, con nota mínima de aprobado en todas as disciplinas e con nota media mínima de 6, o curso nos estudos obrigatorios ou nos de bacharelato, formación profesional ou equivalentes.


5. As bonificacións recoñecidas neste precepto non serán acumulables, aplicándose, en todo caso, a máis favorable para o interesado.


6. Cada docente, en cada disciplina ou especialidade, haberá de redactar, ao finalizar o ano lectivo, un informe personalizado da evolución formativa de cada usuario, que recollera, entre outras, informacións relativas á súa asistencia ás actividades, actitude, coñecementos, integración no grupo respectivo e participación nas actividades complementarias de formación, en caso de programarse.


Dito informe, en caso de ser positivo, posibilitará o mantemento das bonificacións fiscais establecidas neste artigo, de cara a cursos posteriores, que, non obstante, decaerán en caso de informe negativo.


ARTIGO 8: COTA TRIBUTARIA


1. A cota tributaria será o dresultado de aplicar, sobre a base, as bonificacións establecidas no artigo anterior.


2. A cota tributaria terá un carácter único, pola totalidade do curso, podendo adiarse ou fraccionarse en diversos períodos ou prazos, segundo o sinalado no artigo seguinte.


ARTIGO 9: OBRIGA DE PAGAMENTO


1. Os suxeitos pasivos satisfarán unha contía inicial, en concepto de matrícula, e unha contía adicional, con periodicidade mensual, até a finalización do curso, con arranxo ao seguinte detalle:


CONCEPTO

MATRÍCULA

COTA MENSUAL

POSUIDORES DA CONDICIÓN DE EUROCIUDADÁN OU EMPADROADOS

1.- Curso de iniciación

21,00 €

5,00 €

2.- Curso de especialidades

50,00 €

10,00 €

NON POSUIDORES DA CONDICIÓN DE EUROCIDADÁN OU NON EMPADROADOS

1.- Curso de iniciación

29,00 €

6,00 €

2.- Curso de especialidades

58,00 €

13,00 €


2. Sobre as cantidades establecidas no cadro anterior, aplicaranse, directamente, as bonificacións e penalizacións establecidas nesta ordenanza.


3. O importe da matrícula poderá ser adiado ou fraccionado, á solicitude do interesado, durante o curso, sen que se devindique ningún xuro, co límite, no período de pagamento acordado, do tempo de duración de cada curso, debendo terse satisfeitas todas as cotas no momento da finalización da actividade.


4. Igualmente, será admisible, á solicitude do interesado, a anticipación do total do importe do curso completo, no momento do pagamento inicial dos dereitos de matrícula, o que suporá a renuncia voluntaria a calquera posibilidade de fraccionamento das cotas.


5. Poderá efectuarse un depósito previo, equivalente ao 30,00% do custo total da matrícula, no caso de alumnos que finalizaran curso, en concepto de reserva de praza para o curso seguinte.


Chegado o momento de formalizar a inscrición do seguinte curso, no caso de que se optase por efectuar a solicitude de matrícula, completarase o pagamento do importe restante, podendo tamén renunciar á reserva de praza, o que conlevará a devolución do importe depositado, sen ningún gasto.


ARTIGO 10: ACREDITACIÓN DA CONDICIÓN DE EUROCIDADÁN OU DE EMPADROADO


1. A condición de eurocidadán acreditarase mediante a exhibición da tarxeta de eurocidadán, expedida ao seu nome.


Durante o curso, o concello poderá requirir, en calquera momento, aos usuarios a presentación da tarxeta de eurocidadán, para comprobar que se manteñen as condicións que se tiveron en conta, no seu día, á hora de liquidar a cota tributaria correspondente.


2. A condición de empadroado acreditarase mediante a exhibición de certificación de empadroamento, debidamente expedida polos servizos municipais correspondentes, ao seu nome.


Durante o curso, o concello poderá requirir, en calquera momento, aos usuarios a exhibición novamente do certificado de empadroamento, para comprobar que se manteñen as condicións que se tiveron en conta, no seu día, á hora de liquidar a cota tributaria correspondente.


3. No suposto de que un alumno deixase de ser reunir a condición de eurocidadán ou de empadroado, durante o desenvolvemento do curso, aplicarase unha recarga do 25,00%, na súa cota mensual, a partir do mes seguinte a aquel no que perdera dita condición.


ARTIGO 11: FORMA DE PAGAMENTO


1. Satisfarase en metálico, mediante ingreso na conta bancaria de titularidade municipal que corresponda, o importe do primeiro pagamento, logo da aplicación das bonificacións ou penalizacións a que houbese lugar e dos acordos de adiamento e fraccionamento que se establecesen, descontando o depósito previo, en concepto de reserva de praza que se establecera.


2. Satisfarase, obrigatoriamente, mediante domiciliación bancaria, os recibos de cada cota mensual.


No caso de que se produza a devolución do recibo domiciliado, o suxeito pasivo satisfará, en metálico, mediante ingreso na conta bancaria de titularidade municipal que corresponda, o seu importe, incluíndo unha recarga adicional por contía de 3,00 euros.


Igualmente, no caso de cidadáns residentes en Portugal, cuxa conta, para a domiciliación do pagamento se encontre en sucursal aberta nese país, incluirase, de forma automática, unha recarga adicional por contía de 3,00 euros, en concepto de comisións e gastos bancarios, agás que se formalicen convenios ou acordos con entidades financeiras para a non repercusión deste tipo de gastos.


ARTIGO 12: RECADACIÓN E XESTIÓN DE COBRAMENTO


1. Serán aplicables, para o cobramento e recadación da taxa, as normas contidas na Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria e no Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o regulamento xeral de recadación, así como as normas ditadas na súa aplicación e desenvolvemento.


2. No caso de finalizarse o ano lectivo sen se realizar o pagamento da totalidade das cotas expresadas nesta ordenanza, conforme aos prazos acordados no acordo correspondente de adiamento ou fraccionamento, no seu caso, non se poderá expedir, en favor do suxeito pasivo debedor, certificación de aproveitamento ou diploma acreditativo da finalización do curso.


3. No suposto de que se inicie un novo ano lectivo, tendo débedas tributarias pendentes de ingreso, correspondentes a cursos anteriores, no ámbito regulado na presente ordenanza, non se admitirá a formalización de nova matrícula ao suxeito pasivo debedor, correspondente ao curso que se inicia.


ARTIGO 13: REVISIÓN E RECLAMACIÓNS TRIBUTARIAS


En todo o relativo á resolución de reclamacións tributarias, estarase ao disposto no Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e o Real decreto 520/2005, do 13 de maio, polo que se aproba o regulamento xeral de desenvolvemento da lei xeral tributaria en materia de revisión en vía administrativa, así como as normas ditadas na súa aplicación e desenvolvemento.


ARTIGO 14: INFRACCIÓNS E SANCIÓNS


En todo o relativo ás infraccións e sancións tributarias, ademais do previsto na presente ordenanza fiscal, estarase ao disposto na Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria e no Real decreto 2063/2004, do 15 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral do réxime sancionador tributario, así como as normas ditadas na súa aplicación e desenvolvemento.


ARTIGO 15: OFERTA DE SERVIZOS


No caso de especialidades instrumentais nas que, antes de comezar o curso ou durante o primeiro mes de actividade, non exista unha demanda firme de postos de formación, que, a criterio dos organizadores, xustifique a necesidade social de manter a actividade nesa especialidade durante todo o ano lectivo, o concello poderá acordar a suspensión das ensinanzas en dita especialidade, tras a devolución do importe total das cantidades ingresadas polos usuarios, como matrícula no curso correspondente.


DISPOSICIÓNS ADICIONAIS


DISPOSICIÓN ADICIONAL ÚNICA: APLICACIÓN DE NORMATIVA SUBSIDIARIA


1. Para todo o non expresamente regulado na presente ordenanza fiscal, en orde á xestión municipal deste tributo, estarase ao disposto no Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locaos, a Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria e o Real decreto 1065/2007, do 27 de xullo, polo que se aproba o regulamento xeral das actuacións e os procedementos de xestión e inspección tributaria e de desenvolvemento das normas comúns dos procedementos de aplicación dos tributos, así como pola restante normativa e demais disposicións complementarias e concordantes, ditadas na súa aplicación e desenvolvemento.


2. Toda referencia feita na presente ordenanza fiscal a leis e demais disposicións estatais ou autonómicas, entenderanse efectuadas, igualmente, ás que, no seu caso, as substitúan ou modifiquen.


DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS


DISPOSICIÓN TRANSITORIA PRIMEIRA: RÉXIME TRANSITORIO DOS DEPÓSITOS PREVIOS EN CONCEPTO DE RESERVA DE PRAZA


As normas relativas á contía para satisfacer, en concepto de depósito por reserva de praza para o curso seguinte, non serán aplicables no primeiro curso que se inicie, tras a entrada en vigor da presente ordenanza fiscal, tendo os solicitantes de reserva de praza, xa existentes, á data de entrada en vigor desta nova ordenanza fiscal, a posibilidade de completar o importe da matrícula, con arranxo ás novas tarifas establecidas, respecto á contía do depósito xa efectuada, no seu caso, ou renunciar á reserva de praza concedida, que conlevará a devolución das cantidades depositadas, sen ningún gasto adicional.


DISPOSICIÓN TRANSITORIA SEGUNDA: CUALIFICACIÓNS OBTIDAS NO CURSO ANTERIOR


De cara ao inicio do primeiro curso que se desenvolva, tras a entrada en vigor desta ordenanza fiscal, realizaranse polo persoal docente, para a aplicación do réxime de bonificacións, os informes necesarios para valorar os extremos sinalados no artigo 7.5 desta ordenanza, referidos ao curso anterior, cuxas circunstancias teranse en conta, en canto aos alumnos que pretenden continuar a súa formación no curso seguinte.


A partir desta ordenanza, os informes mencionados redactaranse de forma personalizada para a totalidade dos alumnos, ao rematar cada curso.


DISPOSICIÓNS DERROGATORIAS


DISPOSICIÓN DERROGATORIA ÚNICA: REFERENCIA Á NORMATIVA DERROGADA


1. Queda derrogado o texto da anterior Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación de servizos públicos culturais na Escola Municipal de Artes e Oficios, publicada no Boletín Oficial da Provincia de Ourense número 55, de data 8 de marzo do 2000.


2. Igualmente, quedan derrogadas cantas outras normas ou disposicións que se encontren vixentes e que se opoñan ou que, de calquera outro modo contradigan o disposto na presente ordenanza fiscal.


DISPOSICIÓNS FINAIS


DISPOSICIÓN FINAL ÚNICA: ENTRADA EN VIGOR


A presente ordenanza fiscal entrará en vigor no mesmo día da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, permanecendo en vigor até a súa modificación ou derrogación expresas, e será de aplicación a partir do día seguinte a dita publicación.


O alcalde                                                                                                 A secretaria

Juan Manuel Jiménez Morán                                            Pilar del Carmen Saborido Díaz