Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Secretaría Ord. Fiscais: Impostos ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS (ICIO)
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS (ICIO) PDF Imprimir Correo-e

                                                            CAPÍTULO PRIMEIRO: NATUREZA

 ARTIGO 1: FUNDAMENTO                                                           

O  Imposto  sobre construcións, instalacións e obras é un tributo   indirecto   que   se   establece   de acordo  coa autorización  concedida  nos  artigos  15.1  e  59.2 do Real decreto  lexislativo  2/2004, do  5  de  marzo, polo que se aproba  o  Texto  refundido  da  Lei reguladora das facendas locais, e regulado  de conformidade cos artigos 100 a 103, ambos inclusive, de dita disposición.                        

CAPÍTULO SEGUNDO: FEITO IMPOÑIBLE 

 ARTIGO 2: FEITO IMPOÑIBLE 

 1.-  De  conformidade  co  previsto no artigo 100 do Real decreto  lexislativo  2/2004,  do  5  de marzo, polo que se aproba  o  Texto  refundido  da  Lei reguladora das facendas locais, constitúe o feito impoñible  deste  imposto,  a realización,   dentro   do   termo  municipal,  de  calquera construción, instalación  ou  obra,  para  a que se esixa a obtención  da correspondente licenza de obra ou urbanística, se  obteña  ou non dita licenza, sempre que a súa expedición corresponda a este municipio.

 2.-  As  construcións,  instalacións  ou  obras  a que se refire  o apartado anterior, de conformidade co artigo 194.2 da  Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e  de protección do medio rural de Galiza, poderán consistir en  calquera  acto de uso e edificación do solo e do subsolo e, en particular:    

 *  Parcelacións urbanísticas.  

*  Movementos de terras.  

*  Obras   de construción de toda clase de edificacións e instalacións de nova planta.  

 *   Modificación  da  estrutura,  disposición interior ou aspecto exterior das edificacións existentes.   

  *  Primeira utilización dos edificios.  

*  Modificación do uso dos edificios existentes.  

*  Obras de demolición.  

 *  Colocación  de carteis de propaganda visibles desde a vía pública.  

*  Aliñacións e rasantes.  

 *  Obras  de  fontanería  e  enganche  ás  redes  xerais municipais de abastecemento e saneamento.  

*  Obras en cemiterios.  

*  Peches e valados de predios e fincas.  

 *  Calquera outra construción, instalación ou obra e, en xeral,  todo acto de uso e edificación do solo que se sinale regulamentariamente e que requira licenza municipal de obras ou urbanística.      

 3.-  Quedan,  tamén,  incluídas  no  feito  impoñible  do imposto,  as construcións,  instalacións  ou obras  que se realicen en cumprimento dunha orde de execución municipal ou aqueloutras que requiran  a  existencia  previa dun acordo aprobatorio,  dunha  concesión  administrativa ou dunha autorización  municipal , nas  que,  a  licenza, aludida no apartado  anterior,  considerarase outorgada unha  vez  se ditara  a orde de execución, adoptado o acordo, adxudicada a concesión ou concedida a  autorización  polos  órganos municipais   competentes,  con  cumprimento  da                                                                            

 4.-  Quedan,  igualmente, incluídas no feito impoñible do imposto, as construcións, instalacións e obras realizadas na vía     pública   por   particulares   ou   polas   empresas subministradoras  de servizos  públicos,  que  comprenderán tanto  as  obras  necesarias para levar a cabo a apertura de exploracións e pozos ou gabias,tendido de carrís, colocación de  postes,canalizacións,  acometidas e  en  xeral calquera remoción  do  pavimento ou das beirarrúas, coma as que sexan precisas  para efectuar a reposición,  reconstrución  ou arranzo  do  que se destruíra ou deteriorara coas expresadas calas ou gabias.                  .                                             

5.-  Así  mesmo,  quedan  incluídas no feito impoñible do imposto   as  construcións,  instalacións  e obras  que  se realicen  nos  cemiterios,  como  construción  de  panteóns, mausoleos,  reformas  e colocación  de sarcófagos, lápidas, cruces  e  demais  atributos  e  as  obras de fontanaría, de sumidoiro e galerías de servizos.                                                                                      

 CAPÍTULO TERCEIRO: SUXEITOS PASIVOS 

ARTIGO 3: CONTRIBUÍNTES 

1.-  Son  suxeitos  pasivos  deste  imposto,  a título de contribuíntes,  as persoas físicas ou  xurídicas e  as entidades  sen personalidade xurídica propia a que se refire o  artigo  35.4  da  Lei  58/2003, do 30 de decembro, xeral tributaria,  que  sexan donos da construción, instalación ou obra.  2.-  Considerarase  dono  da  construción, instalación ou obra:                                                        

  a)  En  xeral,  a  quen  soporte  o  gasto  ou o custo de financiamento  que  comporte  a execución ou realización das obras.   

 b)  No  seu  defecto,  e  se  non  constara a información necesaria  para  iso,  a quen sexa titular ou propietario do inmoble no que se realicen, salvo proba en contra. 

ARTIGO 4: SUBSTITUTOS DO CONTRIBUÍNTE   

 1.-  Teñen  a consideración de suxeitos pasivos, a título de substitutos do contribuínte:                             

  a)   Os   que   soliciten   as  correspondentes  licenzas urbanísticas ou de obras.      

 b)  En  caso  de  obras  executadas  sen  licenza, os que executen  materialmente  a construcións,  instalacións  ou obras, se non fosen os propios contribuíntes.                

2.-  O  substituto  do  contribuínte poderá repercutir no contribuínte a carga tributaria satisfeita.                                                                            

CAPÍTULO CUARTO: BENEFICIOS FISCAIS 

SECCIÓN I : EXENCIÓNS 

ARTIGO 5: EXENCIÓNS 

1.-   Están   exentas   do   imposto,   as  construcións, instalacións  e  obras  das  que  sexa  dono o  Estado,  as Comunidades  Autónomas  e  as  Entidades locais sempre que o seu destino sexa algún dos sinalados no artigo 100.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, da Lei reguladora das  facendas locais, aínda que a súa xestión se leve a cabo por  organismos  autónomos, tanto  se  se trata de obras de investimento novo coma de conservación. 

2.-   Están   exentas   do   imposto,   as  construcións, instalacións  e  obras  realizadas  en  bens  comunais  e de dominio  público,  de  conformidade  co  artigo  80.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.Corresponderá  a aprezación da cualificación xurídica dos bens  inmobles  nos  que se executen ou realicen as obras e, polo  tanto,  a  procedencia  ou  non da exención á Xunta de Goberno   Local,  tralo  informe  do  servizo  municipal  de Intervención.               

SECCIÓN SEGUNDA: BONIFICACIÓNS 

SUBSECCIÓN PRIMEIRA: BONIFICACIÓNS RELATIVAS A CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS DECLARADAS DE ESPECIAL INTERESE OU UTILIDADE MUNICIPAL 

ARTIGO 6: BONIFICACIÓNS 

1.-  Ó  abeiro  do establecido no artigo 103.2.a) do Real decreto  lexislativo  2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, as construcións, instalacións e obras declaradas de especial interese ou utilidade municipal neste artigo poderán gozar dunha bonificación na cota do imposto na porcentaxe que, para cada caso, se sinale trala solicitude do suxeito pasivo. 

2.- A través da presente Ordenanza fiscal decláranse como de especial interese ou utilidade municipal, as construcións, instalacións e obras seguintes: 

a) Por razóns socio-culturais, as obras de rehabilitación, conservación, reestruturación e restauración de vivendas e fachadas en edificacións situadas dentro do ámbito delimitado e regulado xuridicamente polo Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Núcleo Antigo e Barrio de San Lázaro de Verín (PEPRI). 

b) Por   razóns   histórico-artísticas,  as  obras  de rehabilitación, conservación, reestruturación e restauración de  vivendas  e  fachadas en edificacións e elementos que se declaren protexidos no planeamento urbanístico. 

c) Por  razóns  de  fomento  de  emprego,  as obras de construción  e edificación para a instalación de empresas en polígonos  industriais  ou  parques  empresariais  de Verín. 

3.-  A declaración de especial interese ou utilidade municipal efectuada no apartado anterior conlevará o disfrute dunha bonificación, en forma de porcentaxe para aplicar sobre a base impoñible do imposto, nas seguintes contías:  

a)

Por razóns socio-culturais

95%

b)

Por razóns histórico-artísticas

 

Protección integral

80%

Protección estructural

65%

Protección ambiental

40%

c)

Por razóns de fomento de emprego

 

1 a 5 novos postos de traballo

25%

6 a 10 novos postos de traballo

50%

11 a 15 novos postos de traballo

75%

Máis de 15 novos postos de traballo

95%

  4.-As bonificacións  previstas no apartado anterior poderán ser aplicables simultaneamente atéo límite da totalidade da cota tributaria. 

5.-Para os efectos previstos nos apartados a) e b) do apartado segundo deste artigo, entenderanse como obras de restauración, de conservación, de rehabilitación e de reestruturación, aquelas definidas como tales, segundo as disposicións  do  Plan  Especial  de  Protección  e  Reforma Interior do  Núcleo Antigo e Barrio de San Lázaro de Verín. 

6.-No suposto previsto na letra c) do apartado 2 deste artigo, só procederá a declaración de utilidade pública ou interese  social  cando  a  construción, instalación ou obra conleve  no futuro a creación de novos postos de traballo de carácter fixo ou indefinido. 

ARTIGO 7: PROCEDEMENTO XERAL DE CONCESIÓN  

1.- Para gozar da bonificación a que se refire o artigo anterior, será necesario que se solicite polo suxeito pasivo o  recoñecemento municipal  do cumprimento de tódolos requisitos necesarios para que a construción, instalación ou obra  mereza a consideración de obra de especial interese ou utilidade municipal, o que deberá efectuarse antes do inicio das  construcións,  instalacións  ou obras e dentro do prazo para a presentación da autoliquidación do imposto. 

2.- Á solicitude achegarase a documentación  que xustifique a pertinencia da declaración de especial interese ou utilidade municipal, así como orzamento analizado das construcións, instalacións ou obras, ou daquelas das súas partes para as que se solicita dita declaración.

3.-Logo de presentar en tempo e forma a solicitude e os correspondentes documentos, o suxeito pasivo poderá aplicar na autoliquidación do imposto a bonificación que proceda, de forma provisional e, en todo caso, condicionada a que se obteña o recoñecemento municipal sobre o cumprimento de tódolos requisitos necesarios para iso. 

4.-Se se considerase o incumprimento dos requisitos para considerarse obra de especial  interese  ou utilidade municipal ou, de acordo a ela, resultasen inadecuadas as porcentaxes de bonificación aplicadas polo suxeito pasivo, polos correspondentes  órganos de xestión do imposto procederase a xirar de oficio liquidación provisional, sen a bonificación ou coa porcentaxe que proceda, e cos intereses de demora pertinentes; todo iso, sen prexuízo das sancións a que houbese lugar se se prezase a existencia de infracción tributaria. 

5.- A  bonificación  acordarase,  en todo caso, de forma condicionada  a que a realización e execución  das construcións,  instalacións e obras se axusten ó previsto na licenza municipal e á acreditación ou obtención das posibles cualificacións  ou actos que puidesen resultar esixibles, no seu caso, quedando o beneficio outorgado automaticamente sen efecto, sen necesidade de novo acordo en sentido contrario, tanto nestes supostos coma no caso de caducidade da licenza urbanística outorgada. 

6.- O acordo polo que se precen as circunstancias e a concorrencia dos requisitos necesarios para considerar a obra como de especial interese ou utilidade municipal adoptarase polo Pleno da Corporación, sen prexuízo das delegacións que, no seu caso, se puidesen outorgar, e será notificado ó interesado xuntamente, no seu caso, coa liquidación complementaria que proceda, polos servizos de xestión do imposto. 

7.- Non  procederá, en ningún caso, conceder ou outorgar bonificación  no caso de construcións, instalacións ou obras que se iniciaran sen  obter a licenza urbanística previa, antes  do  seu comezo. En tales casos, o interesado deberá presentar a autoliquidación do imposto sen aplicar ningunha bonificación neste concepto. 

8.- A  bonificación  terá  carácter provisional, mentres pola  administración municipal non se proceda á comprobación dos  feitos e circunstancias que permitisen o seu disfrute e se  dite a correspondente liquidación definitiva, se declare a conformidade ou transcorran os prazos establecidos para a comprobación. 

ARTIGO 8: PROCEDEMENTO EN CASO DE ORDE DE EXECUCIÓN 

1.- No suposto de construcións, instalacións ou obras que se teñan que realizar  como consecuencia de ordes de execución, a solicitude deberá formularse dentro do prazo concedido pola  administración municipal para o comezo das construcións, instalacións ou obras. 

2.- Se, en razón do prazo conferido para a súa execución, non fose posible resolver sobre dita solicitude antes de que concluíse o prazo para presentar a correspondente autoliquidación, o suxeito pasivo poderá aplicarse nela a bonificación  que  proceda, de forma provisional, e, en todo caso, condicionada  á  resolución do órgano municipal competente  sobre  o  cumprimento  dos requisitos necesarios para iso. 

ARTIGO 9: EXTEMPORANEIDADE DA SOLICITUDE 

 1.-  Se  a  solicitude  se  presentase  fóra  dos  prazos establecidos,   non   procederá  a  aplicación  de ningunha bonificación.                                                                                                                          

  2.-  Emporiso,  como  excepción, serán admisibles aquelas solicitudes  que, aínda non presentadas ó tempo da concesión da  licenza urbanística correspondente, se formulen, en todo caso,  antes  do  inicio  das  construcións, instalacións ou obras de que se trate. 

3.- En tales supostos, a bonificación só poderá aplicarse unha vez que o órgano municipal competente resolvera sobre a prezación  dos  requisitos, cando finalicen as construcións, instalacións ou  obras,  debendo a dito efecto facer constar tal  circunstancia  na  liquidación  definitiva  que, no seu caso, se practique.                                

 4.-  En  ningún  caso, devengarán intereses as cantidades que   tivesen   que   reembolsarse  ó  suxeito  pasivo  como consecuencia  de  autoliquidacións  ingresadas  sen  se  ter practicada  a bonificación, por causa da extemporaneidade da solicitude  de  bonificación, determinante da imposibilidade da  súa aplicación no momento da autoliquidación e posterior ingreso na Tesouraría municipal.         

SUBSECCIÓN SEGUNDA: OUTRAS BONIFICACIÓNS  

ARTIGO 10: APROVEITAMENTO DE ENERXÍA SOLAR 

1.- Ó  abeiro  do establecido no artigo 103.2.b) do Real decreto  lexislativo  2/2004,  do  5  de  marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, as construcións, instalacións e obras que incorporen sistemas de aproveitamento, térmico ou eléctrico, da enerxía solar poderán gozar dunha bonificación na cota do imposto na porcentaxe do 95%                                                                                        

 2.- A bonificación prevista neste artigo poderá ser aplicada á cota resultante de aplicar as bonificacións que poidan corresponder en caso de construcións, instalacións ou obras de especial interese ou utilidade municipal.                                                                     

 3.- A  aplicación  desta  bonificación haberá de estar condicionada a que as instalacións para a produción de calor inclúan colectores que dispoñan da  homologación correspondente  outorgada pola administración  competente. 4.- A  bonificación  deberá solicitarse a instancia do interesado, baixo o mesmo procedemento que o sinalado no artigo 7 desta ordenanza en todo aquilo que poida resultar de aplicación, sendo competente a Xunta de Goberno Local para resolver  sobre  a  prezación  do  cumprimento  dos requisitos propios da bonificación.

CAPÍTULO QUINTO: BASE IMPOÑIBLE ARTIGO 11: BASE IMPOÑIBLE 

1.- A base impoñible do imposto está constituída polo custo real e efectivo da construción, instalación ou obra, do que non formarán parte, en ningún caso:                                                                                

 a)  O Imposto sobre o valor engadido (IVE) e demais impostos análogos propios de réximes especiais.      

 b)  As  taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas con ditas construcións, instalacións ou obras.    

c)  Os  honorarios  profesionais,  redacción de proxectos técnicos,  custo de visado colexial, estudos de seguridade e saúde e dirección de obras.                                                                                               

d)  O beneficio empresarial, os gastos xerais e calquera outro concepto que non integre, estritamente, o custo de execución material.       

 2.-  O  custo real e efectivo da construción, instalación ou obra determinarase en función de:                

a)  Naqueles  casos en que fose preceptiva a redacción de proxecto   técnico,  o orzamento presentado polo interesado, sempre  que fose visado polo colexio oficial correspondente.                          

 b)  Naqueles casos en que non fose preceptiva a redacción de   proxecto  técnico,  o  custo estimado  polos  técnicos municipais  en  función  dos  índices e módulos establecidos polos profesionais  do  ramo  da  construción  a  través da edición  anual  da publicación "prezos da edificación e obra civil en España".  

CAPÍTULO SEXTO: COTA E TIPO DE GRAVAME  

ARTIGO 12: COTA E TIPO DE GRAVAME

 1.-  A cota do imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame.                               

 2.-  O  tipo  de  gravame queda establecido no 2% da base impoñible.                                               

CAPÍTULO SÉPTIMO: DEVENGO                                                           

ARTIGO 13: DEVENGO

1.-  O  imposto  devengarase  no  momento  de iniciarse a correspondente construción, instalación ou obra, aínda cando non  se obtivera a correspondente licenza municipal de obras ou urbanística.                                                                                                        

 2.- Para os efectos deste imposto, entenderase iniciada a tódolos  efectos,  a construción, instalación ou obra, salvo proba en contra:                                                                                                          

a)  Cando se concedera a preceptiva licenza municipal, na data  en que sexa retirada dita licenza polo interesado ou o seu representante ou, no caso de que esta non sexa retirada, ós trinta días do seu decreto de aprobación.                                                                              

b) Cando, sen se ter concedida polo Concello a preceptiva licenza   urbanística,   se  efectúe  polo  suxeito  pasivo, calquera  clase  de  acto  material  ou  xurídico tendente á realización das construcións, instalacións ou obras.                                                                     

CAPÍTULO OITAVO: XESTIÓN DO TRIBUTO

ARTIGO 14: AUTOLIQUIDACIÓN

 1.-  Cando se solicite licenza municipal para executar as construcións, instalacións ou obras suxeitas a este imposto, o     suxeito   pasivo   practicará   unha   autoliquidación provisional,  segundo  o  modelo  impreso  establecido  polo Concello  que  conterá  os  elementos  imprescindibles  para determinar a cota tributaria.                                                                                          

2.-   O   suxeito   pasivo  aboará a contía resultante da autoliquidación  no  momento  de  solicitar a tramitación do expediente  de  concesión  da  licenza municipal de obras ou urbanística,  xuntamente  co importe da taxa correspondente, e,  en  todo caso, no prazo máximo dun mes dende o inicio daconstrución,  instalación  ou  obra,  no  caso de que non se solicite  licenza  municipal,  sen que o pagamento realizado conleve  ningún  tipo  de  presunción ou acto declarativo de dereitos en favor do titular de dita licenza.                                                                          

 3.-   O  pagamento  da  autoliquidación  presentada  terá carácter   provisional   e   será  a  conta  da  liquidación definitiva   que   se   practique,  unha  vez  rematadas  as construcións, instalacións ou obras.                                                                                   

 4.-   Cando  se  modifique  o  proxecto  da  construción, instalación  ou  obra e houbese incremento do seu orzamento, unha   vez   aceptada  a  modificación  pola  administración municipal,   os  suxeitos  pasivos  deberán  presentar  nova autoliquidación   complementaria   pola  diferenza  entre  o orzamento inicial e o orzamento modificado, con suxeición ós prazos,   requisitos   e  efectos  indicados  nos  apartados anteriores.                                                                                                            

5.-   Cando   os   suxeitos   pasivos   non   aboaran   a correspondente  autoliquidación  polo  imposto,  nos  prazos anteriormente  sinalados,  ou se presentara ou aboara aquela por  cantidade  inferior  á  cota  que  resulte do orzamento aportado,  a  administración  municipal  poderá  practicar enotificar  unha  liquidación  provisional pola cantidade que proceda.                                                                                                               

6.-  Os servizos municipais de urbanismo haberán de velar polo  cumprimento  do  requisito  do pagamento do imposto en toda  licenza  municipal  que tramiten, con carácter previo, dando  conta  inmediata  aos servizos económicos da falta de presentación da autoliquidación correspondente, no seu caso.                                                           

ARTIGO 15: LIQUIDACIÓN DEFINITIVA  

1.-  Unha  vez rematadas as construcións, instalacións ou obras,  no prazo de un mes, contado a partir do día seguinte á  data do seu remate, os suxeitos pasivos deberán presentar na  oficina xestora do imposto ou, no seu caso, no  Rexistro municipal   de  documentos,  declaración  do  custo real  e efectivo   daquelas,   no  impreso  que,  para  os  efectos, facilitará  a administración municipal, acompañada de toda a documentación  que  consideren  oportuna  para os efectos de acreditar o expresado custo, ou solicitar prórroga de un mes para   realizar  a  súa  aportación,  cando non  se puidese presentar en prazo a documentación sinalada.                                                                           

 2.-  Cando  o  custo  real  e  efectivo das construcións, instalacións ou obras sexa superior ou inferior á que serviu de   base   impoñible   na  autoliquidación  provisional  ou autoliquidacións   complementarias   anteriores   que  foran presentadas  e pagadas, os suxeitos pasivos, simultaneamente con  dita  declaración,  deberán  presentar  e aboar, no seu caso,     na   forma   preceptuada   no   artigo   anterior, autoliquidación   definitiva   do  tributo  pola  diferenza, positiva ou negativa, que se poña de manifesto.                                                                       

  3.-   Os suxeitos  pasivos  están  igualmente obrigados a presentar  a  declaración  do  custo  real  e  efectivo  das construcións,  instalacións ou obras finalizadas e a aboar a autoliquidación  que  corresponda, aínda cando non se pagara por aquelas, con anterioridade, ningunha autoliquidación por este  imposto,  o que deberán realizar no prazo sinalado nos apartados anteriores deste artigo.                                                                                     

 4.-  Para os efectos dos precedentes apartados, a data de finalización  das  construcións, instalacións e obras será a que  se  determine  por calquera medio de proba admisible en dereito  e, en particular, a data que resulte por aplicación do  artigo 56 do Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de disciplina urbanística de Galiza.                                                           

5.-  Á  vista da documentación aportada ou, así mesmo, de calquera  outra relativa á construción, instalación ou obra, tendo  en conta as actuacións realmente executadas, así como o seu custo real e efectivo, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, modificará, no seu caso, a base impoñible     aplicada     anteriormente,    practicando   a correspondente  liquidación definitiva e esixindo do suxeito pasivo  ou reintegrándolle, segundo proceda, a cantidade que resulte, sen prexuízo da imposición das sancións tributarias que sexan aplicables.                                                                                                  

 6.-  Naqueles  supostos en que, durante a realización das construcións, instalacións ou obras, se produzan cambios nas persoas  ou  entidades  que puidesen ser suxeitos pasivos do imposto, a liquidación definitiva practicarase ó que ostente a  condición de suxeito pasivo no momento de rematarse ditas obras.                                                                                                                 

CAPÍTULO NOVENO: RECADACIÓN E INSPECCIÓN 

ARTIGO 16: RECADACIÓN E INSPECCIÓN 

A  recadación  e  inspección  do  tributo  realizarase de acordo  co previsto na Lei 58/2003, do 30 de decembro, xeral tributaria  e  na   demais  leis  do  Estado  reguladoras da materia,  así  como  as disposicións  ditadas  para  a  súa aplicación  e  desenvolvemento,  en  especial o Real decreto 1684/1990,   do  20  de  decembro,  polo  que  se  aproba  o Regulamento xeral de recadación, o Real decreto 939/1986, do 25  de  abril,  polo  que  se  aproba o Regulamento xeral da inspección  de tributos e as Ordenanzas fiscais xerais que, en  materia de recadación, xestión e inspección tributarias, puidesen ser aprobadas por este Concello.  

CAPÍTULO DÉCIMO: INFRACCIÓNS E SANCIÓNS 

ARTIGO 17: RÉXIME SANCIONADOR 

En  todo  o relativo ás infraccións tributarias e as súas distintas  cualificacións, así como á determinación  das sancións  que,  por elas puidesen corresponder en cada caso, aplicaranse  as normas establecidas na lei 58/2003, do 30 de decembro,  xeral  tributaria  e  nas  demais  leis do Estado reguladoras da materia, así como as disposicións ditadas na súa aplicación e desenvolvemento, en especial o Real decreto 1930/1998,  do  11 de setembro, polo que se desenvolve o réxime  sancionador tributario, o Real decreto 1398/1993, do 4   de   agosto,  polo  que  se  aproba o  Regulamento  do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora e as Ordenanzas fiscais  xerais que, en materia de infraccións e sancións tributarias puidesen ser aprobadas  por  este Concello.                                                                                                              

 DISPOSICIÓNS ADICIONAIS 

DISPOSICIÓN ADICIONAL ÚNICA 

1.- Para todo o non expresamente regulado na presente Ordenanza fiscal, en orde á xestión municipal deste tributo, estarase ó disposto no Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de  marzo,  polo  que  se  aproba  o  Texto refundido da Lei reguladora  das  facendas locais, a Lei 58/2003, do 30 de decembro, xeral tributaria, así como pola restante normativa e demais disposiciónscomplementaria e concordantes, ditadas na súa aplicación e desenvolvemento.                                                                           

2.- Toda referencia feita na presente Ordenanza fiscal a leis  e  demais  disposicións estatais  ou  autonómicas, entenderanse efectuadas, igualmente, ás que, no seu caso, as substitúan ou modifiquen.       

                                                                                       

DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS

 DISPOSICIÓN TRANSITORIA PRIMEIRA 

1.- As disposicións desta Ordenanza relativas á concesión ou outorgamento de bonificacións só serán aplicables para as construcións,  instalacións ou obras cuxa execución material se  inicie ou cuxa licenza municipal de obras ou urbanística se  solicite  a  partir da entrada en vigor desta Ordenanza.                                                           

 2.- Queda expresamente  prohibida a retroactividade das disposicións  en materia de bonificacións,  non podendo afectar tampouco ós procedementos administrativos en curso, nin a liquidacións  complementarias  que  se efectúen como consecuencia de modificacións na redacción dos proxectos técnicos correspondentes.                                                                                              

DISPOSICIÓN TRANSITORIA SEGUNDA  

As   axudas   e   subvencións   municipais  que  puidesen corresponder  ás  empresas  que soliciten licenza para a súa instalación  no  polígono industrial de Pazos, reguladas nas bases  de execución do orzamento, mentres non se aprobe unha futura  Ordenanza  xeral  municipal  de subvencións e axudas públicas  locais,  enténdense  referidas  na  súa  contía  á totalidade   da   cota   do   Imposto sobre  construcións, instalacións   e   obras  que  corresponda,  sen  aplicar  a bonificación que, no seu caso, se puidese conceder.                                                                    

DISPOSICIÓNS DERROGATORIAS 

DISPOSICIÓN DERROGATORIA ÚNICA  

1.- Queda derrogado o texto da anterior Ordenanza fiscal reguladora do  Imposto  sobre  construcións, instalacións e obras,  aprobado  polo  Pleno  desta  Corporación  en sesión ordinaria  de  data  27 de decembro de 1995 e publicada no Boletín  Oficial  da provincia de Ourense número 297 de data 30 de decembro do mesmo ano. 2.- Igualmente, quedan derrogadas cantas outras normas ou disposicións  que  se achen vixentes e que se opoñan ou que, de  calquera outro xeito, contradigan o disposto na presente Ordenanza fiscal. 

DISPOSICIÓNS FINAIS 

DISPOSICIÓN FINAL ÚNICA 

A  presente  Ordenanza  fiscal entrará en vigor o mesmo día  da  súa  publicación íntegra no BOP de Ourense, permanecendo en vigor até a súa modificación ou derrogación expresas e será de aplicación a partir do día seguinte a dita publicación.                                                                                                       A secretaria,                          O alcalde,                                                                                   Paula María Vázquez Carrasco                                  Emilio González Afonso