Amplíase o prazo de entrega das postais solidarias interxeracionais

Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Servizos Sociais Novas de Educación Familiar Amplíase o prazo de entrega das postais solidarias interxeracionais
Amplíase o prazo de entrega das postais solidarias interxeracionais PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 06 Decembro 2012 08:47

Ata o vindeiro 12 de decembro estará aberto o prazo de entrega da actividade de postais solidarias interxeracionais, organizada polos departamentos de Educación Familiar, Centro de Información ás Mulleres e Servizos Sociais do Concello de Verín.

Debido ao grande éxito desta iniciativa social, na que xa participaron máis de 200 menores do municipio -alumnos/as do CEIP Princesa de España (desde 3º a 6º de Primaria) e do Colexio María Inmaculada (5º e 6º de Primaria)-, amplíase o prazo de entrega das postais solidarias intexeracionais ata o día 12, e tamén se estende ás familias con menores que queiran participar de modo individual. Para realizar devandita postal, os/as nenos/as interesados/as poden recoller cartolina e materiais na oficina do departamento de Educación Familiar do Concello de Verín (Casa da Xuventude, Avenida de Portugal 11-Bis).

Estas postais de Nadal serán enviadas, nas próximas semanas, ás persoas maiores de centros residenciais e atendidos desde o servizo de Axuda no Fogar do Concello de Verín. Todo co obxecto de concienciar aos menores da existencia de xente maior que non ten a ninguén co que compartir estas datas festivas, e que estas persoas reciban un agasallo especial por parte dos/as nenos/as. Ademais as postais con 'maior calor humano' serán enviadas desde o Concello de Verín a distintas institucións, así como serán publicitadas na web e no Facebook do propio ente municipal.




 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59


Programa de Educación Familiar


Novas >>>

Teléfonos de Interese

Teléfono da Infancia

900.333.666

Servizo do Menor

988.38.66.21

Gabinete de Orientación Familiar

988.38.61.28