Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Secretaría Ord. Fiscais: Impostos ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES PDF Imprimir Correo-e

Artigo 1.

De conformidade co previsto nos artigos 15.2, 16.2, 63 e 73 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, o tipo de gravame aplicable neste municipio, queda fixado nos termos que se establecen no artigo seguinte.

Artigo 2.

1. O tipo de gravame do Imposto sobre bens inmobles aplicable aos bens de natureza urbana queda fixado no 0,55%.

2. O tipo de gravame do Imposto sobre bens inmobles aplicable aos bens de natureza rústica queda fixado no 0,90%.

3.  O tipo de gravame do Imposto sobre bens inmobles aplicable aos bens de natureza especial queda fixado no 0,60%.

Artigo 3.

Gozarán de exención os bens de natureza urbana cuxa cota líquida sexa inferior a 2,40 euros, así como os de natureza rústica, cando, para cada suxeito pasivo, a cota líquida correspondente á totalidade dos seus bens rústicos, situados no termo municipal de Verín sexa inferior a 10,80 euros.

Disposición adicional.

Para todo o non expresamente regulado na presente Ordenanza fiscal, en orde á xestión municipal deste tributo, estarase ao disposto no Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o Real decreto lexislativo 1/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do catastro inmobialiario, a Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, así como pola restante normativa e demais disposicións complementarias e concordantes ditadas na súa aplicación e desenvolvemento.

Disposición  final.

A presente Ordenanza fiscal, entrará en vigor o mesmo día da publicación do seu texto definitivo, integramente, no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, permanecendo en vigor até a súa modificación ou derrogación expresas, e será de aplicación dende o día 1 de xaneiro do ano 2012.

O alcalde                                             O secretario en funcións
Juan Manuel Jiménez Morán                    Antonio Lucas Santos Martínez

DILIXENCIA: póñoa eu, o secretario en funcións, para facer constar que o texto da precedente ordenanza publicouse integramente no BOP de Ourense número 280 de data 13.12.2011.

O secretario en funcións
Antonio Lucas Santos Martínez