Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home

Benvid@ á web oficial do Concello de Verín, un espazo aberto, un lugar de encontro para todos os VERINENSES e tamén un escaparate para todos os que nos visitan dende fóra da Vila virtualmente. Aquí amosamos as peculiaridades que singularizan este municipio, cruce de camiños con Portugal, punto de inflexión no Camiño de Santiago na súa ruta da Prata, centro comarcal do sureste galego, un referente rexional....

    

Nos últimos anos Internet converteuse nunha magnífica ferramenta para as administracións públicas, que atopamos nela un novo espazo para contactar cos cidadáns, e no que ofrecerlles toda a información sobre o seu concello, achegándonos así, ainda máis a eles.

 

O Concello de Verín foi unha das primeiras administracións locais de Galicia que iniciou camiño en Internet aló polo ano 2001. Dende entón, moitos foron os esforzos realizados por converter a nosa páxina web nun referente. Neste contexto, o Concello de Verín márcase o reto inmediato de dixitalizar os seus servizos e camiñar con pasos firmes na Sociedade da Información.


Queremos que a páxina web sexa unha mostra real do que somos, do que temos que ofrecer aos cidadáns e aos que nos visitan ou pensan facelo; queremos que sexa un foro aberto, que medre coa colaboración de todos, polo que como novidade engadimos un buzón de suxerencias e comentarios co que vos pedimos que formedes parte de este proxecto.


O Verín que aquí intentamos que vivades virtualmente, é un punto intermedio entre o Verín dos nosos sonos e a realidade tanxible de un val que hoxe por hoxe é un dos lugares máis fermosos da nosa Galicia interior, vivo, con un sinfín de potencialidades e cheo de futuro


Como Alcalde de Verín, invito a todos os cibernautas a dentrarse nesta Web e coñecer virtualmente o noso Concello, unha imaxe fiel do real.


Alcalde do Ilmo. Concello de Verín