Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Servizos Sociais Novas de Educación Familiar Conferencia-coloquio 'Saber vivir e ser feliz, hoxe' en Verín
Conferencia-coloquio 'Saber vivir e ser feliz, hoxe' en Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 22 Xaneiro 2013 13:28

O salón de actos da Casa de Cultura de Verín acolle o xoves 24 de xaneiro, ás 20 horas, a conferencia-coloquio  'Saber vivir e ser feliz, hoxe'  de Bernabé Tierno Jiménez, escritor e licenciado en filosofía, ciencias da educación e psicoloxía.

Na mesma, organizada polo departamento de Educación Familiar e o Foro La Región, abordaranse as claves para  o benestar e o desenvolvemento persoal a calquera idade, a través do potenciamento dos aspectos positivos que axuden a vivir dun modo máis optimista. Ademais, o escritor presentará o seu libro Vademecum del optimista, unha compilación de 365 reflexións cos principios da intelixencia emocional para afrontar o noso día a día, acompañadas de pensamentos e reflexións dos pensadores e sabios de todos os tempos.

A conferencia  'Saber vivir e ser feliz, hoxe' será inaugurada polo rexedor Juan Manuel Jiménez Morán e presentada pola educadora social y familiar de Verín, Ángeles González Villar, e está dirixida a toda a poboación, familias, educadores ou novos emprendedores.

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59


Programa de Educación Familiar


Novas >>>

Teléfonos de Interese

Teléfono da Infancia

900.333.666

Servizo do Menor

988.38.66.21

Gabinete de Orientación Familiar

988.38.61.28