Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Servizos Sociais sas Charlas sobre recursos sociais e obradoiros no marco do programa 'Estamos a Tempo' en Verín
Charlas sobre recursos sociais e obradoiros no marco do programa 'Estamos a Tempo' en Verín PDF Imprimir Correo-e
Venres, 15 Febreiro 2013 12:58

O departamento de Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Verín continúa a desenvolver charlas sobre recursos dos servizos sociais no marco do programa 'Estamos a Tempo', así como obradoiros de autoestima e memoria nas diferentes localidades do municipio, co obxecto de achegar  unha educación permanente que favoreza a calidade de vida, benestar físico e psicolóxico das persoas da terceira idade e dos/das seus/súas coidadores/as. 


Tras percorrer Mandín, Feces de Abaixo e Tamaguelos, as responsables desta iniciativa realizarán, durante a próxima semana, novas charlas sobre os recursos de servizos sociais e obradoiro de autoestima. O día 19 terán lugar en Tamagos (16 horas) e Cabreiroá (17.30 horas), mentres que o xoves 21 de febreiro serán en Pazos (16 horas) e Queizás (17 horas). E a finais do mes de febreiro iniciaranse os obradoiros de memoria, durante todos os martes e xoves. O 26 de febreiro serán en Tamaguelos (16 horas), Mandín e Feces de Abaixo (17.30 horas) e o 28 en Tamagos e Cabreiroá (16 horas), Queizás e Pazos (17 horas).

Este programa, que se desenvolverá ata o mes de xuño, consta de cinco módulos (dos que dous terán lugar en Verín e os tres restantes nas diferentes localidades do municipio):
- Módulo de Recursos Sociais, a partir de charlas informativas polas distintas localidades de Verín, co obxecto de amosar os recursos dispoñibles no departamento de Servizos Sociais Comunitarios Básicos de Verín e que están á disposición de toda a comunidade (están enmarcados nas áreas de Servizos Comunitarios, Maiores, Familia e Infancia, Muller, Plan Xitano e Inmigración)
- Módulo de Afectividade: está destinado a ensinar estratexias de  regulación emocional a través de distintas tarefas (como charlas ou técnicas de relaxación), que permitan exteriorizar emocións e loitar contra o estrés e a ansiedade (tamén se impartirá en diferentes localidades de Verín).
- Módulo Cognitivo, no que se traballarán as funcións cognitivas superiores (como atención, memoria ou concentración) co obxecto de atrasar o deterioro xeral da persoa e mellorar a súa saúde mental. Entre as actividades a realizar neste módulo está un obradoiro cognitivo, dunha duración de sete semanas, que tamén terá lugar en diferentes localidades do municipio.
- Módulo de Autoaxuda, mediante unha terapia de grupo, destinada a coidadores/as informais que teñen ao seu cargo a unha ou varias persoas dependentes (neste caso, este módulo se impartirá en Verín).
- Módulo de Hábitos Saudables, que consta dun relatorios participativos, realizados para ensinar e reeducar en hábitos saudables á poboación destinataria, mellorar a súa calidade de vida e acadar un bo envellecemento. Para isto contarse coa participación de persoal sanitario do Hospital de Verín, Saudeter (empresa adicada a práctica de deporte), AFAOR (Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer de Ourense) e Policlínico Verín.

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59