Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Servizos Sociais Novas de Educación Familiar Curso “Mediación e xestión de conflitos” en Verín
Curso “Mediación e xestión de conflitos” en Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 19 Febreiro 2013 12:28

O Centro Asociado da Universidad Nacional a Distancia (UNED) en Ourense e o departamento de Educación Familiar do Concello de Verín promoven a realización do curso “Mediación e xestión de conflitos”, que terá lugar entre os meses de marzo e abril e no que tamén colabora o CDR Portas Abertas e Foro La Región.


Devandito curso, dirixido por Tiberio Feliz Murias da Facultade de Educación UNED e coordinado en Ourense por Miguel Guerra Rodríguez, está dirixido a titulados/as universitarios/as, estudantes, demandantes de emprego e interesados en xeral. Os obxectivos do mesmo, con prazas limitadas por orde de inscrición, son identificar e valorar os factores que inflúen na orixe, desenvolvemento e resolución do conflito; así como coñecer e valorar estratexias, técnicas e programas para a solución do conflito.  “No curso participarán dezaseis conferenciantes de distintos campos profesionais e académicos, incluíndo a prestixiosos xuristas, avogados, docentes, catedráticos, psicólogos ou técnicos do campo social, todos eles/as avalados por unha gran técnica profesional e unha recoñecida experiencia docente”, subliña o rexedor Juan Manuel Jiménez Morán. Vanse tratar temas moi diversos, como os diferentes ámbitos nos que se pode dar un conflito, as formas de solución a través da mediación, que foron cobrando importancia, nos últimos tempos, pero tamén coñeceremos as novas tendencias en canto á prevención e tratamento de drogas, na adolescencia, violencia na mocidade, e tamén teremos a una recoñecida experta, que nos introducirá nas técnicas de 'coaching', para que, de forma rápida e eficaz, se alcance un certo grao de autonomía na resolución dos problemas cotiáns máis importantes”.

O número de horas do curso “Mediación e xestión de conflitos” será de 40 (30 presenciais e 10 a distancia. Solicitados créditos de libre configuración e ECTS á UNED e Universidade de Vigo, e solicitada homologación á Academia Galega de Seguridade Pública). O prazo de matrícula é do 18 de febreiro ao 12 de marzo, e ten un prezo de 20 euros (ordinaria), 15 euros (estudantes da UNED, Universidade de Vigo y ciclos de FP socioeducativos -adxuntar copia da matrícula o carnet de estudante-) ou 12 euros (demandantes de emprego, becarios, discapacitados -adxuntar documentación acreditativa-). As inscricións faranse na sede da UNED, en Ourense, e nos Servizos Sociais do Concello de Verín, e o pago debe formalizarse en Novagaliciabanco (2080 - 5252 - 90 - 3040256790), indicando coma concepto Curso Verín, e engadir NIF, nome e apelidos do/a alumno/a.

As actividades previstas no curso, que terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura de Verín,  son as seguintes:

Venres, 15 de marzo de 2013

- De 16 a 18.30 horas: relatorio 'Saúde mental nos adolescentes e consecuencias nas súas condutas', a cargo de Ana Luisa Udías Vázquez, titora da UNED, Máster en Psicoloxía xurídica pola UNED e PIR.
- De 18.30 a 21 horas: obradoiro  'Novas tendencias no tratamento con drogas nos adolescentes', impartido por José María Failde Garrido, titor psicoloxía da UNED Ourense.

Sábado, 16 de marzo de 2013

- De 9 a 11.30 horas: obradoiro  'Prevención e abordaxe de conflitos mediante a práctica da mediación', a cargo do Miguel Guerra Rodríguez, titor psicoloxía da UNED Ourense.
- De 11.30 a 14 horas: obradoiro  'Prexuízos e comprensión de si mesmo', impartida polo profesor Tiberio Feliz, Facultade de Educación Social UNED.

Xoves, 21 de marzo de 2013

- De 16 a 18.30 horas: obradoiro 'Introdución ao Coaching', presentada por Elena Garrido Villarino, Escuela Europea de Líderes.  
- De 18.30 a 21 horas: obradoiro  'Estudo sobre violencia na provincia de Ourense', impartido por Fernando Serrulla Rech, médico forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia.

Venres, 22 de marzo de 2013
- De 16.30 a 19 horas: relatorio 'Que é a mediación e como nos axuda a resolver os conflitos?, a nivel familiar, laboral, veciñal, asociativo', a cargo de Rogelio López Dacal, mediador familiar.
- De 19 a 20.30 horas: actividade teatral de sensibilización 'Desconexión' de La Caja de Pandora.

Venres, 05 de abril de 2013

- De 16 a 19.30 horas: obradoiro 'Crecemento en autoestima e comunicación familiar: coñécete a ti mesmo, créate a ti mesmo', presentada por Isabel Calle Santos, titora psicoloxía da UNED Ourense.
- De 19.30 a 21 horas: relatorio  'Bullying e mediación escolar', impartido por Plácido Blanco Bembibre, catedrático de Orientación Educativa no IES Carlos Casares de Viana do Bolo.

Sábado, 06 de abril de 2013

- De 11 a 13 horas: mesa redonda 'Os perigos dun mundo globalizado: Internet e as novas tics', moderada por Rafael Cid Fernández, director TVE en Galicia, e coa participación de Manuel Corredoira López, director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación; Maite Jiménez, directora do IES García Barbón de Verín y presidenta da Asociación de Directores/as de Galicia, María Lameiras, vicerrectora do Campus de Ourense e inspector de formación da Comisaría de Policía Nacional de Ourense.

Xoves, 11 de abril de 2013
- De 20 a 22 horas: obradoiro 'Bullying, mediación e violencia en imaxes'. Debate dirixido Manuel Ayán de Cine Club Nosferatu-Verín, Tamara Balboa, traballadora social do CDR Portas Abertas, e Javier Cid, traballador social e coordinador de Servizos Sociais do Concello de Verín.

Xoves, 25 de abril de 2013
- De 20 a 22 horas: relatorio 'Educar dando o que necesitan', a cargo de José María Toro Alés, mestre de ensinanza primaria, actualmente en excedencia voluntaria e adicado a tarefas de formación de diversos colectivos, especialmente no ámbito da educación e da saúde.

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59


Programa de Educación Familiar


Novas >>>

Teléfonos de Interese

Teléfono da Infancia

900.333.666

Servizo do Menor

988.38.66.21

Gabinete de Orientación Familiar

988.38.61.28