Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Servizos Sociais sas Prestación económica de pagamento único por fillas/as menores 3 anos para o 2013
Prestación económica de pagamento único por fillas/as menores 3 anos para o 2013 PDF Imprimir Correo-e
Luns, 01 Abril 2013 13:06

Desde Servizos Sociais do Concello de Verín infórmase da publicación das bases que rexerán a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2013 por parte da Xunta de Galicia.

Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillos/as menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2013 (nacidos entre o 2.1.2010 e o 1.1.2013, inclusivos) e que, durante o ano 2011, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.

Os requisitos da mesma son: que os proxenitores teñan a súa residencia habitual en Galicia. No caso de que da documentación presentada se poida deducir que isto non é así, poderáselles requirir para que presenten documentación complementaria que o demostre; e que na data da solicitude os nenos/as convivan coa persoa solicitante.

A documentación básica a aportar é o certificado de empadroamento da unidade familiar, fotocopia do libro de familia ou certificado de nacemento, fotocopia de cartilla de aforros; e en caso de separación, nulidade ou divorcio, copia da sentencia (nos supostos de adopción ou acollemento, adxuntar a copia da resolución xudicial ou administrativa que a declare), así como a autorización do cónxuxe ou parella para obter da Axencia Estatal de Administración Tributaria os datos relativos ao cumprimento das súas obrigas tributarias e DNI (Anexo II). Con respecto a solicitantes anteriores, se a situación continúa a ser a mesma, só é necesario entregar o Anexo I (asinado), mentres que se existen variacións persoais, xurídicas ou económicas deberán entregar toda a documentación anterior. O prazo de solicitude remata o 11 de maio de 2013.

Para máis información e tramitación, de forma gratuíta, deben dirixirse á oficina de Servizos Sociais, situada na Casa da Xuventude (Avda. de Portugal, 11), de 9.30 a 13 horas.

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59