Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Secretaría Ord. Fiscais: Taxas ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLO SERVIZO DE DISTRIBUCIÓN DE AUGA A DOMICILIO INCLUÍDOS OS ENGANCHES Á REDE E OUTRAS INSTALACIÓNS ANÁLOGAS
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLO SERVIZO DE DISTRIBUCIÓN DE AUGA A DOMICILIO INCLUÍDOS OS ENGANCHES Á REDE E OUTRAS INSTALACIÓNS ANÁLOGAS PDF Imprimir Correo-e

auga.html


ARTIGO 1.- FUNDAMENTO E NATUREZA


En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e o artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co que dispoñen os artigos 15 ao 19 da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este concello establece a taxa pola prestación de servizos ou a realización de actividades administrativas de competencia local por "distribución de auga a domicilio incluídos os enganches á rede e outras instalacións análogas", que se rexerá pola presente ordenanza, atendendo as súas normas ao que prevé o artigo 58 en relación co artigo 20.4 t), ambos da Lei 39/88, de acordo coa modificación de réxime legal das taxas estatais e locais e de reordenación das prestacións patrimoniais e de carácter público.


ARTIGO 2.- FEITO IMPOÑIBLE


Constitúeo a actividade municipal que se desenvolve con motivo da distribución de auga potable a domicilio, o enganche de liñas á rede xeral, corte da suministración de auga e chave de seguridade.


ARTIGO 3.- OBRIGA DE CONTRIBUÍR


A obriga de contribuír nacerá no momento de prestarse o servizo, logo da correspondente solicitude, ou dende que se utilice este sen obter a licenza previa, depositándose con antelación o pagamento correspondente ao enganche, corte de auga e chave de seguridade.


ARTIGO 4.- SUXEITO PASIVO


Son suxeitos pasivos da taxa en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, que soliciten ou se beneficien dos servizos a que se refire esta ordenanza.


Consideraranse substitutos do contribuínte, os propietarios das vivendas ou locais aos que se provea do servizo, as cales poderán repercutir, no seu caso, as cotas sobre os respectivos beneficiarios.


ARTIGO 5.- BASE IMPOÑIBLE LIQUIDABLE


A base do presente tributo constituirase por:


- Na subministración ou distribución de auga: os metros cúbicos de auga que se consumira no inmoble onde estea o servizo; establecéndose un mínimo de 30 m3 ao trimestre.


- Nas acometidas á rede xeral: o feito da conexión á rede para cada local comercial ou vivenda individual.


- O corte da subministración de auga para poder efectuar o enganche á rede xeral.


- A chave de seguridade que o suxeito pasivo adquirirá no concello.


ARTIGO 6.- COTA TRIBUTARIA


Artigo 6: Cota Tributaria.


A contía da taxa que regula esta ordenanza será a que se fixa nas seguintes tarifas:


1.- O importe desta taxa cando se trate de licenza ou autorización de acometida á rede xeral de abastecemento de auga percibirase por unha soa vez e ascenderá á cantidade fixa de 14,66 euros.


2.- O importe desta taxa pola prestación do servizo de abastecemento de auga a domicilio esixirase de acordo coas seguintes tarifas:


- Mínimo: até 30 metros cúbicos de consumo de auga potable ao trimestre esixirase a cota fixa polo importe de 4,889649 euros por trimestre.


- Polo consumo de auga potable que exceda do mínimo:


CONSUMO M3 / TRIMESTRE

IMPORTE

31 - 60 m3

0,201964 € / m3 / trimestre

61 - 90 m3

0,297631 € / m3 / trimestre

91 - 150 m3

0,616521 € / m3 / trimestre

máis de 150 m3

0,999190 € / m3 / trimestre


A contía resultante da aplicación das anteriores tarifas, incrementarase co tipo impositivo do imposto sobre o valor engadido que resultase de aplicación.


3.- Por cada corte da subministración de auga da rede xeral ou utilización de equipos de toma en carga para as acometidas, percibirase a cantidade fixa de 13,74 euros.


4.- Por cada chave de seguridade que o suxeito pasivo adquirirá no concello, percibirase a cantidade fixa de 72,45 euros.


5.- Por cada toma de auga do enganche á rede xeral do abastecemento, percibirase a cantidade fixa de 174,60 euros.


ARTIGO 7.- EXENCIÓNS, REDUCIÓNS E DEMAIS BENEFICIOS LEGALMENTE APLICABLES


Non se recoñece ningún beneficio tributario agás os que sexan consecuencia dos que establecen os tratados ou os acordos internacionais, ou os que expresamente prevén as normas con rango de lei.


ARTIGO 8.- RESPONSABLES


1.- Responderán con solidariedade das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.


2.- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de creba, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.


ARTIGO 9.- OBRIGA DO PAGAMENTO


1.- A obriga do pagamento da taxa que regula esta ordenanza nace dende que se inicia a prestación do servizo, e a súa facturación e cobramento realizarase con periodicidade trimestral.


2.- O pagamento de dita taxa efectuarase no momento da prestación da correspondente factura ao obrigado a realizalo.


3.- As débedas por esta taxa poderán esixirse polo procedemento administrativo de prema, de acordo co Regulamento xeral de recadación.


4.- O corte da subministración de auga, a chave de seguridade e os materiais de enganche á rede xeral, satisfaranse no momento de solicitar a oportuna licenza municipal.


ARTIGO 10.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS TRIBUTARIAS


En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do que prevé esta ordenanza, estarase ao que dispoñen os artigos 77 e seguintes da lei xeral tributaria e demais normativa aplicable.


DISPOSICIÓN DERRADEIRA


O texto da presente ordenanza fiscal substitúe e derroga ao da anterior e entrará en vigor e será de aplicación ao día seguinte da súa publicación íntegra no BOP, permanecendo en vigor até a súa modificación ou derrogación expresas.


A secretaria en funcións:Mª del Carmen Fernández Fernández

O alcalde: Juan Manuel Jiménez Morán


DILIXENCIA: para facer constar que a precedente ordenanza publicouse integramente no BOP de Ourense número 295 de data 26.12.2014.

A secretaria en funcións: Mª del Carmen Fernández Fernández