Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Secretaría Ord. Fiscais: Taxas ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE TRATAMENTO E DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE TRATAMENTO E DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 24 Setembro 2000 11:39

ARTIGO 1.- FUNDAMENTO E NATUREZA

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e o artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co que dispoñen os artigos 15 ao 19 da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este concello establece a "taxa pola prestación do servizo de tratamento e depuración de augas residuais", que se rexerá pola presente ordenanza, atendendo as súas normas ao que prevé o artigo 58 en relación co artigo 20.4 r), ambos da Lei 39/88

ARTIGO 2.- FEITO IMPOÑIBLE

1.- Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación dos servizos municipais de tratamento e depuración de augas residuais na estación depuradora de augas residuais (en adiante EDAR) de Verín.

2.- Para os efectos do apartado anterior, entenderanse por augas residuais, aquelas augas usadas que procedentes de vivendas, locais, establecementos comerciais, industriais, sanitarios ou de instalacións agrícolas se evacúan polas instalacións públicas ou privadas de saneamento aos distintos medios receptivos, diluídas ou non con calquera auga subterránea, superficial ou pluvial que se lle incorpore.

ARTIGO 3.- DEVINDICACIÓN

1.- Devindícase a taxa e nace a obriga de contribuír no momento de iniciarse a actividade municipal que constituíe o feito impoñible, entendéndose que comeza a prestación do servizo no momento da realización dos vertidos derivados da produción de augas residuais definidas no artigo anterior e, en concreto:

a) Na data de presentación da oportuna solicitude de licenza de acometida á rede de saneamento, se o suxeito pasivo a formulase expresamente.

b) Dende que teña lugar a efectiva acometida á rede de saneamento. Neste suposto a devindicación producirase con independencia de que se obteña ou non a licenza.

2.- O servizo de tratamento e depuración ten carácter obrigatorio para todos os predios que teñan fachada a rúas, prazas ou vías públicas nas que exista rede de saneamento e que estea conectada aos colectores xerais que desembocan na EDAR

ARTIGO 4.- SUXEITO PASIVO

1.- Son suxeitos pasivos da taxa en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, que ocupen ou utilicen por calquera causa de título, incluso en precario, as vivendas, locais, industrias, establecementos e instalacións que produzan augas residuais a través da rede de colectores municipais.

2.- Consideraranse substitutos do contribuínte, os propietarios das vivendas, locais, industrias, establecementos ou instalacións, que poderán repercutir, no seu caso, as cotas sobre os respectivos beneficiarios.

3.- No caso de núcleos de poboación que non pertenzan ao municipio de Verín e que vertan aos colectores da EDAR, o substituto do contribuínte será o concello ao que pertenzan ditos núcleos.

ARTIGO 5.- RESPONSABLES

1.- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.

2.- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.

ARTIGO 6.- BASE IMPOÑIBLE

1.- Nos núcleos de poboación onde existe rede de saneamento e o servizo de auga potable a domicilio é de titularidade municipal, a base impoñible estará determinada pola cantidade de auga vertida, que será equivalente á cantidade de auga consumida, de calquera orixe ou natureza, medida ou estimada en metros cúbicos a través da lectura do contador.

2.- Nos núcleos de poboación onde existe rede de saneamento conectada aos colectores xerais que desembocan na EDAR de Verín, e que o servizo de auga potable a domicilio non é de titularidade municipal, e polo tanto non se efectúa lectura de contadores, a base impoñible virá determinada por unha cantidade fixa equivalente á tarifa mínima establecida para aqueles núcleos de poboación nos que o servizo de agua é de titularidade municipal.

3.- Nos núcleos de poboación pertencentes a outros municipios, a base impoñible, mentres non se instalen os aparellos de medida do volume de vertidos, virá determinada por unha cantidade fixa equivalente á tarifa mínima establecida para os núcleos de Verín.

ARTIGO 7.- COTA TRIBUTARIA

1.- A cota tributaria correspondente á prestación do servicio de tratamento e depuración de augas residuais, virá establecida polo consumo de:

A). Municipio de Verín.

1º) Para núcleos de poboación dos que a súa rede de saneamento verte na EDAR e o servizo da auga potable a domicilio é de titularidade municipal:

- Mínimo: até 30 metros cúbicos de consumo de auga potable ao trimestre esixirase a cota fixa polo importe de 4,00 euros por trimestre.

- Polo consumo de auga potable que exceda do mínimo:

CONSUMO M3.
TRIMESTRE
IMPORTE EUROS / M3.
TRIMESTRE
31 - 60 m3 0,17 €
61 - 90 m3 0,25 €
91 - 150 m3 0,43 €
máis de 150 m3 0,60 €


No caso de que o suxeito pasivo disfrute do servizo de tratamento e depuración de augas residuais, utilizando a rede de saneamento municipal, sen que estea dado de alta no Padrón da taxa pola prestación do servizo público de abastecemento e distribución domiciliaria de auga potable, por calquera motivo, xa sexa pola carencia das licenzas municipais oportunas ou pola utilización de auga procedente de pozos particulares, a cota tributaria será equivalente ao mínimo (cota fixa).

2º) Para núcleos de poboación cuxa rede de saneamento verte na EDAR e o servizo de abastecemento e subministración de auga potable domiciliaria non é de titularidade municipal: tarifa equivalente ao mínimo (cota fixa).

B) Resto de Municipios.

Para núcleos de poboación pertencentes a outros concellos e cuxa rede de saneamento verte na EDAR de Verín: tarifa equivalente a 0,012488 euros por metro cúbico e trimestre, independentemente dos tramos do consumo de auga potable.

ARTIGO 8.- DECLARACIÓN, LIQUIDACIÓN E INGRESO

1.- Os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións de alta e baixa no censo de suxeitos pasivos da taxa no prazo que medie entre a data na que se produza a variación na titularidade do predio e o último día do mes natural seguinte.

Estas últimas declaracións xurdirán efecto a partir da primeira liquidación que se practique, unha vez finalizado o prazo de presentación de ditas declaracións de alta e baixa.

A inclusión inicial no censo farase de oficio, unha vez concedida a licenza de acometida á rede de saneamento.

2.- Cando se coñeza, xa de oficio ou por comunicación dos interesados, calquera variación dos datos figurados na matrícula, levaranse a cabo nesta as modificacións correspondentes, que xurdirán efectos a partir do período de cobranza seguinte ao da data na que se efectuara a declaración.

3.- As cotas esixibles por esta taxa liquidaranse e recadaranse trimestralmente mediante recibo derivado da matrícula ou padrón.

ARTIGO 9.- EXENCIÓNS, REDUCIÓNS E DEMAIS BENEFICIOS LEGALMENTE APLICABLES

1. Non se recoñece ningún beneficio tributario, agás os que sexan consecuencia dos que establecen os tratados ou os acordos internacionais, ou os que expresamente prevén as normas con rango de lei.

2. Non obstante, os suxeitos pasivos privados sen ánimo de lucro, con fins sociais, e que operen en centros ou establecementos de carácter permanente, poderán desfrutar dunha tarifa especial bonificada por metro cúbico consumido.

A tarifa bonificada consistirá na contía da cota fixa, polo mínimo de consumo en todo caso, e, polos metros cúbicos consumidos en exceso, a resultante de dividir a cota mínima por 30 metros cúbicos, que se aplicará sobre a totalidade do consumo realizado, sen ter en conta os diferentes tramos do consumo aplicables.

3. Para desfrutar da tarifa especial bonificada prevista no apartado anterior, o suxeito pasivo haberá de solicitar a súa aplicación, acreditando a totalidade dos requisitos necesarios para a concesión deste beneficio.

O requisito da inexistencia de ánimo de lucro considerarase para todos os suxeitos pasivos que acrediten a concorrencia dos requisitos que establece a normativa fiscal do IVE para as entidades ou establecementos de carácter social. Presumirase a concorrencia deste requisito mediante a presentación do certificado acreditativo da consideración como entidade ou establecemento de carácter social, recoñecido pola Administración Tributaria.

O requisito dos fins sociais entenderase estendido a todas as prestacións de servizos de asistencia social exentos de IVE prestados por entidades ou establecementos privados de carácter social, conforme ao disposto na normativa fiscal do IVE".

ARTIGO 10.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS TRIBUTARIAS

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do que prevé esta ordenanza, estarase ao que dispoñen os artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria e demais normativa aplicable.

DISPOSICIÓN DERRADEIRA

A presente ordenanza entrará en vigor e será de aplicación ao día seguinte da súa publicación integra no BOP, permanecendo en vigor até a súa modificación ou derrogación expresa.

A secretaria                                                                                                             O alcalde





Pilar del Carmen Saborido Díaz                                               Juan Manuel Jiménez Morán

DILIXENCIA: para facer constar que o texto da precedente ordenanza publicouse integramente no BOP de Ourense número 292 de data 22.12.2009.

A secretaria



Pilar del Carmen Saborido Díaz