Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Servizos Sociais Novas de Educación Familiar O alcalde de Verín e o director da UNED en Ourense entregan os diplomas do curso 'Mediación e xestión de conflitos'
O alcalde de Verín e o director da UNED en Ourense entregan os diplomas do curso 'Mediación e xestión de conflitos' PDF Imprimir Correo-e
Luns, 17 Xuño 2013 12:02

O rexedor de Verín, Juan Manuel Jiménez, e o director da UNED en Ourense, Jesús de Juana, entregaron os diplomas do curso 'Mediación e xestión de conflitos', organizado polo centro asociado da Universidad Nacional a Distancia (UNED) en Ourense e o departamento de Educación Familiar do Concello de Verín.

Durante o acto, no que tamén participaron Tiberio Feliz e Miguel Guerra, director e coordinador do curso respectivamente, o alcalde recordou que esta acción formativa contou con 104 alumnos/as matriculados, e que “foron uns meses nos que tivemos a oportunidade de contar con grandes relatores, de todos os campos educativos, sociais e xurídicos, e nos que puidemos aprender moito, acerca das distintas formas de resolución de conflitos, como alternativa ás solucións máis convencionais que ofrece a xustiza ordinaria”.

O alumnado que non asistiu ao acto de entrega de diplomas pode recoller o mesmo no departamento de Educación Familiar do Concello de Verín (Avda. de Portugal, 11 bis).

O curso 'Mediación e xestión de conflitos' tivo por obxecto identificar e valorar os factores que inflúen na orixe, desenvolvemento e resolución do conflito; así como coñecer e valorar estratexias, técnicas e programas para a solución do conflito.  Entre as actividades realizadas ao longo do mesmo atopáronse relatorios sobres saúde mental en adolescentes, bullying e mediación, internet e as novas tecnoloxías; así como obradoiros de novas tendencias no tratamento con drogas nos adolescentes, prevención e abordaxe de conflitos mediante a práctica da mediación, introdución ao coaching, crecemento en autoestima e comunicación familiar, ou bullying, mediación e violencia en imaxes.

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59


Programa de Educación Familiar


Novas >>>

Teléfonos de Interese

Teléfono da Infancia

900.333.666

Servizo do Menor

988.38.66.21

Gabinete de Orientación Familiar

988.38.61.28