Probas para a obtención do título de graduado en ESO no 2013

Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Servizos Sociais Novas de Educación Familiar Probas para a obtención do título de graduado en ESO no 2013
Probas para a obtención do título de graduado en ESO no 2013 PDF Imprimir Correo-e
Venres, 28 Xuño 2013 12:37

O departamento de Educación Familiar do Concello de Verín, dentro do proxecto de redución do abandono escolar, encárgase da tramitación para asistir a segunda convocatoria das probas destinadas a obtención do título de graduado en educación secundaria no ano 2013.


Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
- Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
- Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria ou de calquera outro declarado equivalente para efectos académicos.
- Non estaren inscritas para a superación das materias de 4º curso de educación secundaria obrigatoria establecidas no artigo 7, punto 5º da Orde do 21 de decembro de 2007 (DOG do 7 de xaneiro de 2008).
- Non estaren matriculadas de forma oficial nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria, na educación secundaria para persoas adultas ou no segundo curso dun programa de cualificación profesional inicial.
O alumnado da educación secundaria para persoas adultas durante o curso 2012/2013 poderá participar nas probas se presenta a renuncia ao dereito a ser avaliado pola matrícula oficial ante a dirección do centro en que estea matriculado. A renuncia realizarase con anterioridade á presentación da solicitude de inscrición nas probas libres e xuntarase á folla de inscrición unha copia da devandita renuncia.

As persoas matriculadas para a primeira convocatoria destas probas que non superaron a totalidade dos ámbitos das mesmas, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

A solicitude de inscrición dos/as interesados/as axustarase ao modelo que figura no anexo I da resolución e presentarase na secretaría dun único centro dos mencionados coa seguinte documentación:
- Fotocopia do DNI ou pasaporte, ou doutro documento equivalente.
- Solicitude, se procede, de exención de lingua galega. Nese caso, o/a aspirante achegará o anexo II.
- As persoas que soliciten o recoñecemento de necesidades especiais deberán entregar o anexo IV. Xuntarán a autorización para a consulta do ditame de discapacidade no caso de que esta fose recoñecida polo órgano competente da Xunta de Galicia. Cando o ditame fose emitido por outra Administración, xuntarase unha certificación do ditame da discapacidade.
- Copia compulsada, se procede, do certificado dos ámbitos da proba superados en anteriores convocatorias ou a certificación académica de ámbitos ou materias superados.

A tramitación para a segunda convocatoria destas probas debe realizar, do 01 ao 08 de xullo, no departamento de Educación Familiar do Concello de Verín (Casa da Xuventude. Avda. de Portugal 11 bis). Máis información en DOG 29-01-2013

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59


Programa de Educación Familiar


Novas >>>

Teléfonos de Interese

Teléfono da Infancia

900.333.666

Servizo do Menor

988.38.66.21

Gabinete de Orientación Familiar

988.38.61.28