Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Secretaría Ord. Fiscais: Taxas ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DOS PREZOS PÚBLICOS APLICABLES Á UTILIZACIÓN E DISFRUTE DAS INSTALACIÓNS E SERVIZOS PÚBLICOS DA ESTACIÓN MUNICIPAL DE AUTOBUSES DE VERÍN
ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DOS PREZOS PÚBLICOS APLICABLES Á UTILIZACIÓN E DISFRUTE DAS INSTALACIÓNS E SERVIZOS PÚBLICOS DA ESTACIÓN MUNICIPAL DE AUTOBUSES DE VERÍN PDF Imprimir Correo-e


estacion-autobuses.htm

ARTIGO 1: CONCEPTO


De conformidade co disposto nos artigos 41 e seguintes do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, establécese o prezo público pola utilización e disfrute das distintas instalacións e servizos públicos da Estación Municipal de Autobuses de Verín, cuxa explotación está suxeita á concesión administrativa, no seu momento acordada.


ARTIGO 2: OBRIGADOS AO PAGAMENTO


Están obrigados ao pagamento deste prezo público, as persoas físicas e xurídicas que utilicen, no seu propio beneficio, as instalacións e servizos públicos da Estación Municipal de Autobuses de verín.


ARTIGO 3: CONTÍA


A contía do prezo público que regula esta ordenanza será a seguinte:


SISTEMA TARIFARIO APLICABLE Á ESTACIÓN MUNICIPAL DE AUTOBUSES

CONCEPTO

TARIFA

TARIFA A.- Pola entrada ou saída dun autobús con viaxeiros, ao iniciar ou rematar a viaxe, e escala de autobús en tránsito.

A - 1: Até 15 quilómetros.

0,09 €

A - 2: De 16 a 30 quilómetros.

0,12 €

A - 3: De 31 a 50 quilómetros.

0,16 €

A - 4: De 51 a 80 quilómetros.

0,19 €

A - 5: De 81 a 200 quilómetros.

0,31 €

A - 6: Máis de 200 quilómetros.

0,78 €

TARIFA B.- Por billetes de plataforma ou billetes de paso ás plataformas ás persoas non provistas de billetes de viaxe.

Billetes de plataforma

0,03 €

TARIFA C.- Pola utilización dos servizos xerais da Estación Municipal de Autobuses, por cada billete expedido en todas as liñas, abono ou cargo do viaxeiro, que saia ou renda viaxe na mesma, por cada entrada ou saída.

C - 1: Até 50 quilómetros.

0,03 €

C - 2: De 51 a 200 quilómetros.

0,09 €

C - 3: Máis de 200 quilómetros.

0,31 €

TARIFA D.- Por alugueiro mensual dun despacho para a expedición de billetes dunha empresa.

D - 1: Até tres liñas.

18,61 €

D - 2: Por cada liña máis.

6,20 €

TARIFA E.- Polos servizos de facturación de equipaxes, rexidos e administrados pola Estación Municipal de Autobuses, por cada quilogramo de exceso de equipaxes ou de peso nos encargos en consigna, sen incluír o prezo do transporte.

E - 1: Mínimo percepción por paquete.

0,19 €

E - 2: Por cada quilogramo de exceso.

0,02 €

TARIFA F.- Por depósito, recepción e entrega de equipaxes e encargos en consigna.

F - 1: Até 30 quilogramos.

0,25 €

F - 2: Máis de 30 quilogramos.

0,50 €

TARIFA G.- Por cada oficina.

Oficina

62,03 €

TARIFA H.- Por cada alugueiro de metro cadrado de local.

Alugueiro de local (por metro cuadrado)

15,51 €


ARTIGO 4: OBRIGA DE PAGAMENTO


1. A obriga do pagamento do prezo público que regula esta ordenanza xorde como consecuencia da utilización das instalacións e do disfrute dos servizos públicos da Estación Municipal de Autobuses de Verín, para os fins de que se trate.


2. O cobramento das distintas tarifas e conceptos expresados no artigo anterior corresponde ao concesionario da explotación, que poderá solicitar, da administración concedente, que, en canto aos dereitos o seu favor, dimanantes desta ordenanza e que, polas razóns que fose, non percibira, se siga, contra os debedores, o procedemento administrativo de prema, previsto no Regulamento xeral de recadación.


DISPOSICIÓN FINAL


A presente ordenanza municipal entrará en vigor e resultará de aplicación ao día seguinte da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo vixente até a súa modificación ou derrogación expresa.


O alcalde: Juan Manuel Jiménez Morán

A secretaria: Pilar del Carmen Saborido Díaz




DILIXENCIA: Para facer constar que a precedente ordenanza publicouse integramente no BOP de Ourense número 159 de data 12 de xullo de 2014.


A secretaria: Pilar del Carmen Saborido Díaz