Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Urbanismo
Licenza para Obra Maior de Nova Construcción PDF Imprimir Correo-e
Licenza para obra maior de nova construcción. Edificios, naves industriais, vivendas unifamiliares, ...

Como facelo:

Presencialmente

Cubrindo un modelo normalizado que estará á súa disposición nas oficinas municipais, pagar as taxas correspondentes e acompañar a documentación necesaria na oficina do Rexistro do Concello.

Documentación requirida:

  • Impreso de solicitude de licenza de obra maior.
  • Xustificante do abono da liquidación complementaria do Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras (liquidación provisional): 2% do orzamento que figura no proxecto técnico.
  • Xustificante do pagamento de taxas (33,36 euros, a partir dun orzamento de 6.010,12 euros.
  • Escritura pública de propiedade do terreo inscrita no Rexistro da Propiedade (no caso de que o propietario esté obrigado a facer cesión de terreos).
  • Cuestionario estatístico.
  • Proxecto técnico. Redactado por técnico competente e visado polo correspondente Colexio Profesional.
  • Oficio de dirección das obras, dirección da obra e de dirección da execución da obra.

No Proxecto Básico:

  • Cuestionario estatístico.
  • Proxecto técnico. Redactado por técnico competente e visado polo correspondente Colexio Profesional.

No Proxecto de Execución:

  • Estudo de Seguridade e Saúde
  • Proxecto técnico redactado por técnico competente e visado polo correspondente Colexio Profesional.
  • Oficio de dirección das obras, dirección da obra e dirección da execución da obra.

No caso de edificios con división horizontal

  • Proxecto de infraestructuras comúns de telecomunicacións de acordo co R.D. Lei 1/1998. Redactado por técnico competente e visado polo correspondente Colexio Profesional.

No caso de uso industrial

  • Proxecto técnico xustificativo ó amparo do Regulamento de Seguridade contra incendios nos establecementos industriais.

Donde Facelo

Oficina de Rexistro do Concello
Concello de Verín
Teléfono: 988410000-01
Horario: De 9:00 a 14:00 horas.

Normativa Municipal

  • Ordenanza Fiscal Reguladora do Imposto de Construccións, Instalacións e Obras (ICIO).