| Oficina do Casco Vello:- Praza Maior,8 (Antiga Praza de Abastos)
- Correo Electrónico:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
|
A Oficina de Rehabilitación configúrase como un organismo onde se centrarán as actuacións municipais en materia de conservación e rehabilitación A revitalización e conservación dos centros históricos vai ligada a medidas de rehabilitación en edificios e vivendas e a mellora dos espazos e sevizos públicos. Hai que manter o tecido residencial mellorando as condicións para habilitar e fixar a poboación residente nas vivendas. A diferenza de outras vilas, Verín ten un centro histórico vivo e habitado onde suceden as mesmas cousas que no resto da pequena cidade e isto dálle unha dimensión urbana máis alá da súa condición cultural, por iso e tan importante neste proceso de rehabilitación que os propietarios se sintan partícipes da súa recuperación e conservación para que coa axuda da oficina podamos dar un paso máis na vida do casco histórico. Atención ó público | Cargo | Horario de atención | | Arquitecta | Luns e Venres das 9:00 ás 14:00 horas. | | Arquitecta técnica | Administrativa |
A Oficina de Rehabilitación do casco histórico e barrio de San Lázaro é un dispositivo creado para informar, asesorar técnicamente, coordinar, tramitar e facer un seguimento da documentación necesaria para a obtención da Cédula de Rehabilitación e Calidade e para as seguintes subvencións: - Subvencións para a rehabilitación e renovación de calidade de vivendas no medio rural e conxuntos históricos de Galicia.
- Subvencións para remate exterior de vivendas unifamiliares rurais de nova construción.
- Axudas para a compra dunha vivenda de protección autonómica (VPA) de prezo xeral.
- Axudas para a compra dunha vivenda de protección autonómica (VPA) de réxime especial.
- Axudas para a compra dunha vivenda de protección autonómica (VPA) de prezo concertado.
- Axudas para a compra de vivenda usada.
- Subvencións rehabilitación illada edificios de vivendas.
- Subvencións rehabilitación illada dunha vivenda.
- Subvencións aos inquilinos ao abeiro do Programa de Vivenda en Aluguer.
- Renda básica de emancipación.
Accións e funcionamento A Oficina de Rehabilitación funciona principalmente como órgano de información , asesoramento técnico e de xestión de axudas, en materia de actuación na Área de Rehabilitación. Esta Oficina realiza as seguintes funcións:
- Información urbanística das subvencións e dos convenios. Ademais, presta o asesoramento necesario para a tramitación preceptiva de licenza municipal dentro do ámbito do P.E.P.R.I.
- Asesoramento técnico para calquera obra que se execute dentro da Área de Rehabilitación do Centro Histórico.
- Xestión técnica de obras: inclúe tanto a recollida, preparación e redacción de documentación; así como a supervisión das obras que non supoñan variacións no sistema estructural do edificio.
- Redacción de proxectos de urbanización e reurbanización dentro do conxunto histórico.
- Con carácter complementario, a Oficina presta a información dispoñible e o asesoramento necesario para a obtención das axudas públicas en materia de rehabilitación de vivendas no medio rural. Poderanse apuntar nunha lista provisional de vivendas do casco histórico que xestiona a Consellería de Vivenda e Solo coa intención de adquirir algunhas co fin de rehabilitalas e adxudicalas a mozos menores de 35 anos en réxime de aluguer.
Tras a solicitude da subvención realizarase unha visita técnica, con recollida de datos para elaborar un informe técnico previo. A Oficina de Rehabilitación en función da complexidade da obra poderá ofrecer a asistencia técnica necesaria para definir a obra a realizar.
|