Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Urbanismo
Licenza para Obra Menor PDF Imprimir Correo-e
Consideraranse como menores aquelas obras e instalacións de técnica sinxela e escasa entidade constructiva e económica que non supoñan alteración do volume, do uso, das instalacións e servizos de uso común ou do número de vivendas e locais, nin afecten ao deseño exterior, á cimentación, á estructura ou as condicións de habitabilidade ou seguridade dos edificios ou instalacións de tódalas clases.
En ningún caso se entenderán como tales as parcelacións urbanísticas, os cerramentos de muro de fábrica de calquera clase e as intervencións en edificios declarados bens de interese cultural ou catalogados e os grandes movementos de terra.

Como facelo

Presencialmente

Debe presentar na oficina de Rexistro do Concello de Verín o impreso de solicitude xunto con toda a documentación requerida.
No momento de presentar a solicitude deberá facer o pagamento do imposto sobre construccións, instalacións e obras. O pago das taxas efectuarase na Tesouraría do Concello ou ben mediante transferencia bancaria (Caixa Nova: 2080 / 0344 / 53 / 0040151428).

Documentación requirida

  • Impreso de solicitude para licenza de obra menor.
  • Reportaxe fotográfica do soar ou da edificación. Subscrita polo solicitante.
  • Plano a escala da cartografía oficial . Con indicación da edificación ou soar no que se solicita a obra.
  • Memoria descritiva e detallada dos materiais, acabados e cores.
  • Presuposto detallado das obras proxectadas.

Donde facelo

Oficina de Rexistro do Concello
Concello de Verín
Teléfono: 988410000-01
Horario: De 9:00 a 14:00 horas.

Normativa Municipal

  • Ordenanza Fiscal Reguladora do Imposto de Construción, Instalacións e Obras.
  • Ordenanzas das Normas de Planeamento do Concello de 1.986.