Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Urbanismo
Licenza de Primeira Ocupación PDF Imprimir Correo-e
A licencia urbanística ten por finalidade comprobar que os actos de edificación e uso do solo proxectados se axustan ó ordenamento urbanístico vixente. Así mesmo, para a concesión da licencia verificarase se o aproveitamento proxectado se axusta ó susceptible de apropiación e se as obras e usos proxectados reúnen as condicións esixibles de seguridade, salubridade, habitabilidade e accesibilidade.

Como facelo

Presencialmente

Cubrindo un modelo normalizado que estará á súa disposición nas oficinas municipais e acompañar a documentación necesaria na oficina do Rexistro do Concello.

Documentación requirida

  • Impreso de solicitude para licenza de primeira ocupación
  • Certificado final de obra orixinal. Expedido polo/s técnico/s director/es da obra e visado polo colexio profesional correspondente.
  • Proxecto de fin de obra.
  • Fotocopia da licenza de obra concedida.
  • Fotografía do edificio ou vivenda unifamiliar xa rematados.
  • Teléfono de contacto para realizar a visita de comprobación.

Donde facelo

Oficina de Rexistro do Concello.
Concello de Verín
Teléfono: 988410000-01
Horario: De 9:00 a 14:00 horas.