Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Servizos Sociais sas Obradoiro de estimulación cognitiva e autoestima en Verín
Obradoiro de estimulación cognitiva e autoestima en Verín PDF Imprimir Correo-e
Martes, 17 Setembro 2013 11:33

A Casa da Xuventude de Verín acollerá mañá mércores, de 11.30 a 13 horas, a realización do 'Obradoiro de estimulación cognitiva e autoestima', a cargo de Sara Salgado, psicóloga do departamento de Servizos Sociais do Concello de Verín.

Esta iniciativa, que sucede aos torneos de cachibol para maiores e nenos/as -celebrados nas últimas xornadas-, está destinada a coidadores formais e informais, busca estrear os coidadores no desenvolvemento de actividades cognitivas cos seus pacientes, traballar coa mente a través da motricidade-psicomotricidade, sensibilizar da importancia que ten o mundo emocional no coidado, resolver e previr esquecementos cotiáns a través dos exercicios propostos.

A mesma está enmarcada dentro da semana cultural e deportiva, organizada pola área de Persoas Maiores de Servizos Sociais do Concello de Verín, co obxecto de conmemorar o Día Mundial do Alzheimer e visibilizar esta enfermidade. Devandita semana está conformada por actividades culturais e deportivas destinadas a toda a poboación do municipio, así como aos familiares e coidadores das persoas afectada polo alzheimer, unha enfermidade progresiva que afecta a aproximadamente 22 millóns de persoas en todo o mundo, e que unha das principais causas de mortalidade entre os adultos, despois de enfermidades cardíacas, cáncer e apoplexía.

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59