Concello de Verín

  • Decrease font size
  • Default font size
  • Increase font size
Home Ofic. Virtual Servizos Sociais sas Espazo interxeracional 'Contacontos' en Verín
Espazo interxeracional 'Contacontos' en Verín PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 18 Setembro 2013 13:25

A Casa da Cultura de Verín acollerá mañá xoves, ás 19 horas, a actividade Espazo Interxeracional 'Contacontos', destinado aos/ás nenos/as e persoas maiores, e enfocado a fomentar tarefas cognitivas de atención e concentración na lectura de contos populares, favorecer a participación noutras actividades da comunidade e sensibilizar aos/ás participantes na importancia do alzheimer.

Esta actividade está enmarcada dentro da semana cultural e deportiva, organizada pola área de Persoas Maiores de Servizos Sociais do Concello de Verín, co obxecto de conmemorar o Día Mundial do Alzheimer e visibilizar esta enfermidade.

Devandita semana está conformada por actividades culturais e deportivas destinadas a toda a poboación do municipio -como por exemplo, torneos de cachibol, obradoiro de estimulación cognitiva e autoestima, obradoiro de arteterapia, mesa redonda "Peregrinar cara un reto social" e I Andaina polo Alzheimer-, así como aos/ás familiares e coidadores das persoas afectadas polo alzheimer, unha enfermidade progresiva que afecta a aproximadamente 22 millóns de persoas en todo o mundo, e que unha das principais causas de mortalidade entre os adultos, despois de enfermidades cardíacas, cáncer e apoplexía.

 
Casa da Xuventude de Verín
Avda. de Portugal, 11 bis
Horario:
de Luns a Venres
de 9:00 a 14:00
Tlno.
988.41.47.76
Liñas de Móbil
608.52.01.97
608.52.01.98
Fax
988.41.22.59